Amosando publicacións coa etiqueta samain. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samain. Amosar todas as publicacións

luns, 6 de novembro de 2017

O SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS

A PASADA SEMANA NA AULA DE 3 ANOS ESTIVEMOS TRABALLANDO O SAMAÍN.

-PREPARAMOS PANTASMAS PARA DECORAR A ENTRADA DO NOSO EDIFICIO E MORCEGOS PARA COLABORAR NA "MILLA DO TERROR" QUE PREPARAMOS ENTRE O ALUMNADO E AS FAMILIAS.



-PUXÉMONOS A ESCURAS E XOGAMOS CUNHA LINTERNA QUE REFLECTÍA DIFERENTES DEBUXOS TERRORÍFICOS (MORCEGOS, ARAÑAS, MONSTRUOS...).



-TROUXEMOS DAS NOSAS CASAS DIFERENTES CABAZAS QUE ELABORAMOS EN COMPAÑÍA DAS NOSAS FAMILIAS. SOMOS UNS ARTISTAS!



-E MESMO VIÑEMOS Ó COLEXIO DISFRAZADOS!


luns, 31 de outubro de 2016

UN SAMAÍN TERRORÍFICO

O pasado venres celebramos no cole unha das nosas festas preferidas... O SAMAÍN! Encántounos disfrazarnos de seres monstruosos, comer doces e os obradoiros de medo, que foron: 
-Maquillaxe.
-Xogos no patio.
-Cancións e contos na pantalla dixital.
-A manualidade de facer momias con cartolina e cintas adhesivas.
-E o obradoiro do tacto, no cal tocabamos sen mirar cousas asquerosas. 

MERENDOLA MONSTROUSA GRACIAS ÁS FAMILIAS


MOMIAS

OBRADOIRO DO TACTO

XOGOS NO PATIO

Unha canción que sempre nos gusta escoitar para contar e cantar ó ritmo dos esqueletes!!! Tumba, tumba hahahahahahahaha!!!!




PREPARANDO SAMAÍN

Ainda que celebramos a festa de Samaín o venres, durante esta semana, fixemos varias actividades para conmemorar e preparar o día.
Os Pequechos de 4 e 5 anos levamos a cabo un taller de cociña no que preparamos unhas pantasmas con plátanos, chocolate blanco derretido e pepitas de chocolate negro. Sabedes que foi o que máis nos gustou? Probar e requeteprobar o chocolate líquido. Mmmmm boíiiiiiisimo!!!






Todas as nenas e nenos de Educ. Infantil fixemos unhas arañas moi simpáticas con cartón e limpia pipas, uns leváronas para casa e outros, como os Pequechos de 5 anos, empregáronas para decorar a porta da súa aula.



Os Pequechos de 4 anos, utilizando un bote de cristal e vendas, creamos unhas momias. Dentro levaban una vela e cando apagamos as luces...


Os Pequechos de 5 anos realizamos cada un unha pantasma cun anaco de tela branca e un globo, colaborando así na decoración da entrada do colexio. Os pequechos de 3 anos tamén fixeron entre todos un total de 6 pantasmas que utilizaron para a decoración da entrada no edificio de infantil, coa colaboración dunha nai que aportou unha sábana da súa casa.


martes, 25 de outubro de 2016

OS NOSOS MEDOS

NESTES DÍAS O ALUMNADO DE 5 ANOS ESTAMOS A TRABALLAR OS MEDOS.

COMO XA SABEMOS QUE O MEDO É UNHA EMOCIÓN QUE SENTIMOS TODAS AS PERSOAS DECIDIMOS CREAR UNHAS CAIXAS CON PAPELES DE CORES NO INTERIOR, OS CALES NOS SERVIRÍAN PARA INVESTIGAR SOBRE OS MEDOS DAS NOSAS FAMILIAS E PODER COMPARTILOS CO RESTO DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.



 ASÍ, O LONGO DESTES DÍAS FUMOS COÑECENDO OS DIFERENTES MEDOS DAS NAIS, PAIS, AVÓS, AVÓAS, IRMÁNS, IRMÁS, TÍAS... E INCLUSO CANS E GATOS!



PUIDEMOS DESCUBRIR QUE MOITOS DE NÓS TEMOS MEDOS COMÚNS (AS ARAÑAS, AS SERPES OU A ESCURIDADE) E TAMÉN DESCUBRIMOS NOVOS MEDOS, COMO POR EXEMPLO O MEDO AS ALTURAS.


TRAS POÑER EN COMÚNS TODOS OS MEDOS DAS NOSAS FAMILIAS COLLEMOS OS PAPELIÑOS ONDE ESTABAN RECOLLIDOS OS DIFERENTES MEDOS E...

DÉMOSLLOS A PANTASMA PAPA-MEDOS!!



domingo, 1 de novembro de 2015

VISITÁRONNOS AS BRUXAS POLO SAMAIN

Os Pequechos recibimos una visita moi especial durante a celebración do Samain, sabedes quen? AS BRUXAS!!! Viñeron voando ata o noso cole nas súas vasoiras para facernos un conxuro e cantarnos una canción de medo...

CELEBRAMOS O SAMAIN!

O pasado xoves os Pequechos de Tirán celebramos o Samin. Foi un día xenial!! Comida terrorífica, debuxos mostruosos, contos de medo, bailes escalofriantes.... VIVA SAMAIN!!!!!
Aquí un resumo do ben que o pasamos...


COCIÑANDO MOMIAS

O pasado xoves os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obradoiro de cociña terrorífica...COCIÑAMOS MOMIAS!!!
 
Para cociñalas precisamos os seguintes ingredientes:
  • Corpo da momia (rebanada de pan de molde cortada pola metade)
  • Sangue de momia (salsa de tomate)
  • Vendas (lonchas de queixo cortadas en tiras)
  • Ollos de momias (aceitunas sen óso)
 
 
O primeiro paso para a elaboración das nosas momias foi botarlle a salsa de tomate ó pan.

 
 
 
Despois puxemos as lonchas de queixo e as aceitunas, así de ben quedaron..

 
Listas para meter no forno...
 
 
 E por último o que máis nos gustou....COMELAS!! ÑAN ÑAN!! QUE MOMIAS MÁIS RICAS!!!
 

 

QUEN SE ATREVE A FACELAS?