Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conto. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de febreiro de 2017

A EIRUGUIÑA COMELLONA

A semana pasada na hora do conto limos: A EIRUGUIÑA COMELLONA, un conto que xa coñeciamos grazas a teacher Pilar. Conta a historia dunha eiruguiña que pasa todo o conto comendo porque tiña moita fame.
O volvemos escoitar?
Despois de ler o conto fixemos con plastilina a pequena eiruguiña.
Quedaron preciosas!
Tamén fixemos a eiruga experimentando unha nova técnica con témpera e globos pequenos.
É unha fichiña sobre o conto, traballando a atención e a escritura dos números.
Canto da de si un conto!

¿Cuánto es un millón?

O venres pasado, a mamá de DIEGO visitou a nosa aula para contarnos un fermoso conto: Canto é un millón?

O pingüino Piquito é moi curioso e quere saber canto de grande é un millón.


Ó final do conto, averiguamos cos nosos propios ollos, canto é un millón e onde podemos ver esa cantidade case a diario!
Queredes saber máis? Pois preguntádelle ós nenos/as de 3 anos!

Grazas á nai de DIEGO pola súa participación na nosa aula!

xoves, 16 de febreiro de 2017

CONTO en inglés

O luns tivemos unha visita na nosa aula, a 1ª participación de un papá que veu lernos un conto en inglés. Despois escenificamos cada un dos movementos e accións que o neno do conto lle facía ó PINGÜINO.

A actividade levouse a cabo en colaboración coa mestra Pilar, en momentos adicados á lingua estranxeira, e a continuación nos tempos de xogo!





Encantounos o conto de Penguin!

Grazas pola participación do pai de DIEGO! Esperamos máis visitas ;)

martes, 7 de febreiro de 2017

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Resultado de imagen de a casa da mosca chosca
Na hora do conto da semana pasada descubrimos unha nova personaxe: a Mosca Chosca. Unha historia moi divertida con final inesperado.
Cada vez que descubrimos un conto, interesámonos moito por el, por lelo, por levalo a casa... É marbilloso!!!
Aquí tendes a historia.

Despois de ler o conto amosamos a nosa creatividade debuxando e coloreando a Mosca Chosca como se foxemos grandes artistas. Asi de chulas quedaron!






domingo, 29 de xaneiro de 2017

LA OVEJITA QUE VINO A CENAR

Resultado de imagen de la ovejita que vino a cenar
Na hora do conto da semana pasada coñecimos a dúas novas personaxes: un lobo famento e unha débil ovelliña perdida. O lobo tiña moita fame e a ovella necesitaba refuxio. 
Esta é unha simpática e tenra e historia de amizade entre estes coñecidos animais.
Así de ven traballamos sobre o conto; fixemos un quebracabezas coloreando, recortando e pegando as pezas e traballamos a lectoescritura cos nomes das personaxes.

Queredes coñer a historia? Aquí a tendes...

Este conto, igual ca maioría que lemos cada semana, o temos na nosa biblioteca de aula, así que temos a sorte de poder disfrutalo na aula e compartilo coas nosas familias.

luns, 23 de xaneiro de 2017

NO ES UNA CAJA

Na HORA DO CONTO da semana pasada descubrimos un novo conto cargadiño de creatividade: NO ES UNA CAJA. A partir dunha caixa creamos: medusas, ourizos, coches de carreiras, pistas de xeo, un trineo, casas, un agasallo, un Power Ranger na súa guarida, un Megazor e ata un Troll!
Somos uns artistas! VIVA A CREATIVIDADE!





luns, 16 de xaneiro de 2017

EL PEZ ARCOÍRIS

A semana pasada os Pequechos de 4 anos reanudamos a hora semanal do conto, esta vez a obra elexida foi: EL PEZ ARCOIRIS. Conta a historia dun peixe moi fermoso, que tiña un traxe de brillantes escamas, era o máis bonito de todo o océano. Pero non tiña amigos...

Coloreando o peixe ARCOIRIS e con el estrenando cores, como nos gusta pintar cando as cores son noviñas e teñen puntiña!
 Botando cola para engadir a purpurina.
 Pintando o mar, o gran océano onde vivía o peixe Arcoiris e os seus amigos, cos que aprendeu a compartir e xogar xuntos.

 Aquí deixamos un enlace por se queredes descubrir como conseguiu ter un montón de amigos e ser moi feliz!



luns, 21 de novembro de 2016

MONSTRUO ROSA

A semana pasada, os Pequechos de 4 anos, coñecimos a unha personaxe moi especial, diferente ós demais, incluso antes de nacer xa era diferente ó resto.
Esta é unha historia moi bonita para traballar a diversidade como elemento enriquecedor, para que os nosos pequenos e pequenas entendan o valor da diferencia.


Este é o conto


domingo, 6 de novembro de 2016

CORRE CORRE, CABACIÑA

O pasado xoves, seguindo coa actividade de lectura semanal: A HORA DO CONTO, os Pequechos de 4 anos descubrimos un conto novo: CORRE CORRE, CABACIÑA. Unha historia moi divertida que conta o que lle pasou a unha velliña cando ía a voda da súa neta.
Igual que ca avoa do conto, nós tamén nos metemos dentro da cabaza!
Se queredes disfrutar do conto, aquí o tendes!

E por suposto da súa canción, que nunca falta nas festas de aniversarios que celebramos no cole!


sábado, 14 de maio de 2016

GARABATO E TINTA




O conto desta semana foi: GARABATO E TINTA. Un gato e un rato que só tiñan unha cousa en común: eran artistas. O principio eran inimigos pero aprenderon a debuxar e pintar xuntos, a respetarse, a quererse e fixéronse os mellores artistas do mundo pero sobre todo, os mellores amigos.
Igual que Garabato e Tinta nós tamén fixemos un debuxo xuntos. Eleximos un compañeiro ou compañeira e... A debuxar e colorear!
Estes son algún deles...




 
 

sábado, 7 de maio de 2016

¿DE QUE COLOR ES UN BESO?


 
Esta semana coñecimos a Minimoni, unha rapaza que tiña unha dúbida... quería saber de que cor son os bicos. Ela pintaba cousas de moitas cores pero nunca un bico. Moitos de nós pensabamos que eran vermellos, outros brancos, laranxas e algún  dixo que eran rosas. Minimoi para buscar cal era a súa cor asociaba as cores ás emocións e as cousas que lle gustan e non lle gustan nada de nada.
E nós, imitando o estilo de ANDY WARHOL, eleximos as cores que máis nos gustaron para os nosos bicos.


 

martes, 19 de abril de 2016

UN LIBRO

 
Hoxe descubrimos un conto máxico: UN LIBRO. Tocando puntos, soplando e coas palmas fixemos aparecer e desaparecer outros puntos, os movemos hacia a esquerda e hacia a dereita, os fixemos grandes, moi grandes e pequenos. Estabamos súper atentos e atentas o que pasaba. É fantástico descubrir contos tan chulos e cargados de maxia!

 
 
 
 
 


luns, 18 de abril de 2016

PORTAS CHEAS DE EMOCIÓNS

Como sabedes os Pequechos de 3 e 4 anos estamos traballando as emocións a partir do conto EL MONSTRUO DE COLORES. A semana pasada estivemos pintando con témperas e esponxas cada monstruo segundo a súa emoción. Mirade que ben pintamos e que bonitas quedaron!




AS PORTAS DO EDIFICIO DE INFANTIL CARGADAS DE EMOCIÓNS!