Amosando publicacións coa etiqueta Carballedo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carballedo. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de xuño de 2014

A nosa gastronomía!

Moi boas compañeiros de Carballedo!

Aquí vos deixamos un pouco máis de información sobre a nosa gastronomía. Seguro que vos entra o fame coa de cousas tan ricas que temos na nosa terra!!jejje.
Aínda que somos de moi bo comer e gústanos moito o churrasco  e o lacón con grelos, na nosa gastronomía o que máis abunda é o marisco e o peixe, pois como sabedes vivimos preto do mar. Moitas das nosas familias traballan disto por iso, coa axuda deles puidemos facer este gran traballo onde coñecemos un montón de cousas! Veredes que rico e divertido!

Nun primeiro momento comprobamos que o máis importante é, coma dixemos, o animal mariño.


Ademais indagamos que no mundo do marisco podemos atoparnos CRUSTÁCEOS e MOLUSCOS… Sabedes cal é a diferenza? Moi sinxelo…atendede!


 OS CRUSTÁCEOS caracterízanse por ter unha cunha endurecida, con 4 antenas, fooortes mandíbulas e varias patas.

Pola contra, os MOLUSCOS son animais de corpo moi brando e que soen ter tan só unha concha para protexerse aínda que non todos coma é o caso do polbo.

Por outra banda coñecemos moitos peixes. Mirade a  ver cales coñecedes e coma non, descubrides tamén os mariscos infiltrados.


Tras isto pasamos a explicarvos  algúns exemplos de cómo poder pescar o marisco.

- Con esta cestiña feita con material de refugallo chea de conchas queremos ensinarvos  a recolecta de berberechos e de ameixas os cales pódense recoller ó longo de todo o ano aínda que a mellor época é agora, no verán, pois é no momento en que hai moitas máis.
Para mariscar utilizan moitas ferramentas, pero o máis salientable é o anciño co que mover a terra e poder ver estes moluscos agochados e despois os van metendo en cestos.




Por outra banda ensinarvos un dos moluscos máis importantes. OS mexillóns! Atentos as fotos!



E aquí vos deixamos unha batea pequeniña feita na casa. Mirade que chula!


Chegados a este punto tamén ensinarvos como poder levar estes alimentos tan ricos as nosas bocas. Abride ben os ollos pra ver estes grandes murais.



. O churrasco o facemos as brasas.

. Os chinchos os fritimos ata que quedan ben crocantiños.






. As empanadas de xoubas temos que amasala ben.


. Os mexillóns os cocemos e despois os comemos de moitas maneiras: ao vapor, á vinagreta… e o mesmo pasa coas nécoras. Mirade mirade!





E xa para rematar os deixamos unhas cantas receitas por se vos animades, jejej.




E come non, non podíamos esquecernos das nosos sobremesas que tamén somos moiii glotóns!


Animádevos a facer algunhas das nosas receitas nas vosas casas...veredes como vos chupades os dedos!

venres, 30 de maio de 2014

PREPARANDO COUSIÑAS PARA CARBALLEDO

Xa sabedes que durante este curso estamos coñecendo aos rapaces do CEIP Plurilingüe de Carballedo. Xa nos presentamos todos nós, as aulas, o cole....


E agora queremos presentarlles a nosa comarca, e que eles fagan o mesmo. 

Entre todo o cole estamos preparando unha presentación moi completaa, e aos pequechos tocounos falar sobre a gastronomía propia da nosa zona. 


Aquí vos amosamos os que fixemos na clase de 4 anos. 

Amaia

Helena
Zoe

Diego




Mara


Uns traballos chulísimos... daban ganas de comelos!!
Grazas aos artistas e as familias!!

xoves, 29 de maio de 2014

GASTRONOMÍA CARBALLEDO CLASE DE 5 ANOS

XA ESTÁN AQUÍ TODOS OS TRABALLOS SOBRE A GASTRONOMÍA MÁIS TÍPICA DA NOSA COMARCA. 
DENDE OS MEXILÓNS ATA OS BOCHOS PASANDO, COMO NON, POLO CHULETÓN DE MOAÑA. 
OS NENOS E NENAS DA AULA DE CINCO ANOS FIXERON UNHAS EXPOSICIÓNS MAGNÍFICAS. UN APLAUSO PARA TODOS!!!!

IAGO E EVA NOS ENSINARON UN MONTÓN DE NOMES DE PEIXES E MARISCOS.

                                   
PEDRO NOS FALOU DO POLBO, DO MEXILÓN E DO CHULETÓN, MMMMM...

 TELMA E DOLO NOS FALARON DOS MEXIÑONS, O MARISCO, A CARNE E AS SARDIÑAS.

 NURIA SE ACORDOU DE FALAR DA EMPANADA E DAS ORELLAS.

EVA NOS CONTOU CAL É A MELLOR FORMA DE COCIÑAR UN POLBO.

 E DANI A DE COCER AS NÉCORAS.

NICO NOS CONTOU TODO O PROCESO DO MEXILÓN DENDE QUE SE RECOLLE NA BATEA ATA QUE O PODEMOS COMER.

 AINOHA NOMEU OS PRODUCTOS DA HORTA QUE CASE TODOS TEMOS .

E XABI ENSINOUNOS A COCIÑAR UNS RICOS BOCHOS. E TROUXO A PROBA A CLASE. ESTABAN BOÍSIMOS!!!

ESPERO QUE DISFRUTÁRADES DE FACER O TRABALLO COS NENOS TANTO COMO NOS DE ESCOITAR AS EXPOSICIÓNS.
BICOS.

luns, 7 de abril de 2014

UN LIBRO SAE DE TIRÁN RUMBO A CARBALLEDO

Sabedes que estamos coñecendo moitas cousas do cole de Carballedo? Grazas aos equipos de dinamizacion da lingua galega, levamos todo o curso facendo actividades para coñecelos e que eles nos coñezan, e compartir moitas cousas.

Esta vez tocou ensinarlles o noso cole, así que todos nos pusimos mans a obra!!
Estas son as páxinas que presentamos os pequechos de Tirán:

A clase de 3 anos

A clase de 4 anos

A clase de 5 anos

Antes de mandar o libro para Carballedo, quixemos velo en detalle, e os nenos e nenas de 4º baixaron a infantil para ensinarnos o libro montado aos de 3 e 4 anos... moitas grazas!



Queredes ver o resultado final? o libro montado por todo o alumnado e profes de Tiran: