Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de maio de 2018

Saída ao teatro

O pasado mércores 2 de maio, o alumnado de educación infantil acudíu a Afundación-Vigo para ver a obra de teatro "Antón Comodón", actividade que nos encantou e nos mantivo atentos en todo momento grazas ás voces, aos personaxes, as cancións, ao decorado e as luces!
Viñemos encantados!!



Varios momentos da obra "Antón Comodón"

domingo, 4 de febreiro de 2018

Saída Auditorio de Cangas


No mes de Decembro, os alumnos\as de Educación Infantil fixemos unha saída ao Auditorio de Cangas do Morrazo, para ver a obra de Teatro: "A galiña azul", de Carlos Casares.
Pasámolo de marabilla.

                     









venres, 3 de marzo de 2017

Escenificación da vida dun INUIT

Onte, o papá de VALENTINA acudíu á nosa aula para representarnos a vida diaria dun INUIT.

Ataviado con roupa de abrigo, como se de un ESQUIMAL se tratase, contounos, en inglés, onde vivía (IGLÚ), cómo era o seu fogar, cómo se alimentaba e qué facía para conseguir dita comida, así como advertirnos dos perigos que habitan e cómo se defendía.



Resultou unha magnífica posta en escea!!

Moitas grazas ó papá de VALENTINA pola representación teatral!!




mércores, 13 de abril de 2016

The Tin Soldier

O pasado xoves acudimos ó Auditorio de Cangas para ver e participar dunha obra en inglés, "The Tin Soldier", que previamente se traballou no colexio.
Pasámolo moi ben!

Se queredes saber máis, podedes visualizalo no blogue de "English and Art" que aparece á dereita dentro dos blogues do centro.

luns, 4 de abril de 2016

CANTA BICHERÍA! (Saída o salón do libro)

Xa sabedes que visitamos a exposición do Salón do Libro e desfrutamos dunha obra de teatro moi chula, pero queredes saber que ben o pasamos?

domingo, 3 de abril de 2016

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO


Como ben sabedes, este venres 1 de abril saímos novamente do centro. Esta vez, o motivo foi a visita ó "Salón do Libro Infantil e Xuvenil" en Pontevedra, e a ver unha obra de teatro (relacionada coa exposición) no auditorio do Pazo da Cultura.


A obra, titulada "As peripecias de Extravaganzza Pérez", gustounos moito. A protagonista e mais a súa nai, narraronnos unha historia chea de cancións ás que o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra puxo música.

Despois, coa axuda dos voluntarios/as do Salón, percorremos varias estancias de cada un dos viaxes que percorreu a protagonista do conto.

A lástima é que, por falta de tempo, quedaronnos moitas cousas por ver polo que, dende aquí, vos animamos a que vaiades cos vosos fillos/as a pasar unha tarde, ver a exposición e participar nunha morea de obradoiros e contacontos que están dispoñibles para os nenos/as.

Podedes visualizar a programación e todo o relacionado co "Salón do Libro" en www.salondolibro.org 

Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben!

mércores, 30 de marzo de 2016

PRÓXIMA SAÍDA VENRES 1 DE ABRIL

Informarvos que o próximo venres 1 de abril levaremos a cabo unha nova SAÍDA todo os nenos e nenas do 2º ciclo de infantil.

A saída consiste en acudir ó "XVII Salón do libro" no pazo de cultura de Pontevedra para asistir á representación da obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez", cunha duración de 40 minutos aproximadamente.

É moi importante que traiades firmada da casa a AUTORIZACIÓN que se enviou onte martes a través dos nenos/as. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co titor/a do voso fillo/a.

luns, 11 de xaneiro de 2016

TITERES E MARIONETAS

HOXE, CARLA E SOFÍA TROUXERON A NOSA AULA UN PEQUENO DECORADO E UNHAS MARIONETAS E TÍTERES COS QUE NOS DELEITARON, DESPOIS DO RECREO, CON DÚAS FERMOSAS (MINI)OBRAS DE TEATRO: "OS TRES CABRITIÑOS" E "CARAPUCHIÑA VERMELLA".


DESPOIS, APROVEITANDO A ESPONTANEIDADE E A IMAXINACIÓN DOS NENOS/AS, CADA UN/UNHA INTERPRETOU UN PAPEL DIFERENTE, SENDO TODOS PARTÍCIPES DESTA MARAVILLOSA IDEA, FOMENTANDO ASPECTOS MOI IMPORTANTES DA LINGUAXE ORAL NA EDUCACIÓN INFANTIL.


GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!



xoves, 7 de maio de 2015

A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS

Hoxe os Pequechos de Tirán fixemos unha saída a Vigo para ver a obra musical: A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS. 
A compañía Magín Blanco contounos a historia de amizade entre unha nena e un grilo a través das súas cancións. 
Encántanos facer saídas, ir no autobús, merendar nos xardíns da praza de Compostela... Mirade que ben o pasamos!

 Podedes ver neste vídeo un pouquiño da obra...
 








venres, 23 de maio de 2014

EXCURSION A VIGO: DÍA DE TEATRO

Os pequechos saímos de excursión para ver unha obra de teatro.
Que ben o pasamos no bus... aínda que tivemos que cancelar a merenda na alameda de Vigo por culpa da chuvia.




Dimos un pequeno paseo ata o centro cultural Caixanova


A obra que vimos foi "ELGALLO DE LAS VELETAS" de teatro Cuyás, cuns personaxes moi especiais


Era un galo que vivía nun galiñeiro. Os seus pais, os seus avós e os seus bisavós viviran sempre nese mesmo galiñeiro.
A historia sucedeu nun pobo onde todos os veciños se coñecían e todas as mañás, case á mesma hora, se daban os bos dias. Cando o sol salia, o galo cantaba. Entón o campaneiro cara a sonar a campá da igrexa. E todo o pobo se poñía en movemento.


Unha tarde de outono un animal achegouse a conversar co galo...: "Vives encerrado. Cres que todo empeza e remata no teu galiñeiro. E hai tanto que ver detrás do teu aramado! Hai rios, bosques, montañas, mar... "
Entón o galo comeza a soñar. Sñoa con que haberá detrás do aramado, soa con escapar e ir mais alla do horizonte. Cheo de curiosidade, escapase e emprendera unha viaxe en busca do rio, o bosque a montaña e o mar.


No seu camiño encontrásese con diversos animais, que o cuestionasen: "Que fai un galo tan lonxe do galiñeiro? Es unha ave de curral. Nunca podrezas chegar moi lonxe. Non podes voar."
Pero o galo era tan testán que, pasiño a pasiño, paso a paso, lograse realizar o seu soo.
Unha doce historia que é un canto á natureza, á liberdade e que invita a escoitar o propio corazón.


Vedes que chulos eran os personaxes? a propia factoría teatral nos anima a construir marionetas a partir de objetos cotidianos e inventar historias con ellas... non perdades este video...



Pasámolo fenomenal... encántanos sair ao teatro



Despois fixemos unha parada na alameda para disfrutar do sol mentres esperábamos o bus. 





Despedímonos cun vídeo resumo da obra para que poidades ver un pouquiño desta obra da que disfrutamos en Vigo.

martes, 1 de abril de 2014

TEATRO EN INGLÉS: THE EMPEROR´S NEW SUIT

O 25 de marzo estivemos en Cangas vendo teatro en inglés, un conto que estivemos traballando coa teacher Rosa no cole: O traxe novo do emperador.


Aínda que era en ingles estivemos moi atentos... entendíamos moitas cousas!!


Aquí vos deixamos algún vídeo para que vexades parte do espectáculo: 


Unha das cancións na que participábamos todos:

Parte do desfile do emperador onde descubrian que estaba espido:

Cando os actores se despediron de todos:


O noso bus foi o último en sair así que tivemos tempo de sacarnos fotos antes de marchar:

Os de 3 anos

Os de 4 anos

Os de 5 anos

Despois levamos para casa uns bonecos do emperador que fixemos coa teacher, ao que se lle quitaba e poñía a roupa: traballamos moito!! (e a teacher tamén)