Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Polos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Polos. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de xuño de 2017

ECLOSIÓN DUN OVO DE PINGÜINO

Onte asistimos á eclosión dun OVO de PINGÜINO na nosa aula, despois de estar varios días no niño xunto con outros OVOS.

Estes OVOS incubámolos, pasámolos duns ós outros, movémolos entre as nosas pernas, como se fosemos PINGÜINOS! E despois de varias semanas... eclosionou e naceu!!

Quedamos coa boa aberta!! Que marabillosa sorpresa!!



martes, 9 de maio de 2017

SABES DE QUE COLOR É O OSO POLAR?

Unha de tantas cousas que aprendemos durante este ano co noso proxecto dos POLOS, resultounos un pouco curiosas e, paradóxicamente, contrario ó que pensábamos, os OSOS POLARES NON SON BRANCOS.

Para aproveitar o máximo calor dispoñible, e atraer máis o sol, o OSO POLAR ten a pel NEGRA. Recúbreno dúas capas de pelo: a interior, de pelos curtos (aíslan do frío e repele a auga); e a exterior, de pelos longos, transparentes e ocos (reteñen o aire), aislan e conducen hacia a pel toda a enerxía do sol ártico.

O OSO parece branco a causa das partículas de aire contido nos seus pelos, o aire difunde a luz, e por iso vémolo branco. O mesmo lle ocorre á neve, formada por cristais que reteñen aire entre eles.


luns, 8 de maio de 2017

OS OSOS POLARES

Hoxe DIEGO trouxonos á aula un bonito libro titulado "Por qué, mamá?" e un fermoso boneco que elaborou na súa casa coa axuda da súa familia. Este boneco, como veredes nas imaxes, trátase dun fermoso OSO POLAR.



Grazas DIEGO, unha vez máis, polas vosas aportacións!



domingo, 26 de marzo de 2017

Recuncho do POLO

Hoxe querémosvos mostrar parte do noso recuncho do POLO !!

Podedes observar cantos PINGÜINOS diferentes temos neste rincón onde os nenos/as poden deixar voar a súa imaxinación, fabular, desenvolver o seu xogo simbólico,..


Destacar tamén a cantidade de libros adicados a este tema que tamén temos neste recanto!
Sen decatarse, os nenos/as "len", observan as ilustracións, interpretan, coidan e respectan os libros,... comeza o proceso de fomentar o gusto pola lectura!


venres, 24 de marzo de 2017

Novas aportacións de VERA

Hoxe VERA volveu vir á nosa aula con novas aportacións! Non deixa de sorprendernos!

Como veredes nas imaxes, primeiro nos mostrou un OVO de PINGÜINO Emperador, que despois duns días eclosionará se o proceso de coidado do mesmo da o seu froito, posto que o outro día vimos como as parellas de PINGÜINOS se pasaban o OVO, e non sempre resultaba, rompendo ou conxelándose co contacto co chan.


Despois mostrounos tamén un PINGÜINO que fixo na súa casa coa súa nai. ENCANTOUNOS!!
E, no tempo dos recunchos, todos quixeron xogar con este novo membro do "noso polo"!



Moitas grazas, unha vez máis, por todo o voso traballo e aportacións para favorecer a motivación e o desenrolo persoal destes maravillosos nenos e nenas de 3 anos!


mércores, 8 de marzo de 2017

O ICEBERG

Estes días visitáronnos a nai e a irmá de MATEO. Con elas trouxeron para a aula un gran ICEBERG que a familia xunta construiu e pintaron na casa.
Na aula, nai e filla, contáronnos qué é un ICEBERG, cómo se forma, onde os podemos atopar, os perigos que encerran, quen vive neles, e unhas cuantas curiosidades máis como a súa cor co paso dos anos!


Ademáis mostráronnos un exemplo de cómo son os ICEBERG, cómo flotan e qué superficie está por riba e por baixo do nivel do mar. Aproveitamos para ver os estados da auga e cómo o xeo coa calor se derrite, o que se coñece como FUSIÓN!


Grazas a Daniela e á nai de MATEO, pola vosa aportación. Agradecer tamén en xeral a todas as familias por colaborar no noso proxecto, por implicarse nel e, deste xeito, entre outros aspectos, facer ver ós nenos/as que a escola, e todo o que aprendemos nela, é importante para eles/as pero tamén para os pais/nais!!

venres, 3 de marzo de 2017

Escenificación da vida dun INUIT

Onte, o papá de VALENTINA acudíu á nosa aula para representarnos a vida diaria dun INUIT.

Ataviado con roupa de abrigo, como se de un ESQUIMAL se tratase, contounos, en inglés, onde vivía (IGLÚ), cómo era o seu fogar, cómo se alimentaba e qué facía para conseguir dita comida, así como advertirnos dos perigos que habitan e cómo se defendía.



Resultou unha magnífica posta en escea!!

Moitas grazas ó papá de VALENTINA pola representación teatral!!




xoves, 2 de marzo de 2017

POESÍA

Seguindo co noso proxecto, atopamos unha poesía relacionada cos PINGÜINOS. A través dela, conseguimos que as nenas/os a memorizaran e a dramatizaran, poñendo en valor tamén a expresión oral e corporal, así como a perda desa vergoña e timidez que algún neno/a ainda posúe.

Queredela aprender vós tamén? Queredes que a vosa filla/o a recite??

Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós!


luns, 20 de febreiro de 2017

¿Cuánto es un millón?

O venres pasado, a mamá de DIEGO visitou a nosa aula para contarnos un fermoso conto: Canto é un millón?

O pingüino Piquito é moi curioso e quere saber canto de grande é un millón.


Ó final do conto, averiguamos cos nosos propios ollos, canto é un millón e onde podemos ver esa cantidade case a diario!
Queredes saber máis? Pois preguntádelle ós nenos/as de 3 anos!

Grazas á nai de DIEGO pola súa participación na nosa aula!

xoves, 16 de febreiro de 2017

CONTO en inglés

O luns tivemos unha visita na nosa aula, a 1ª participación de un papá que veu lernos un conto en inglés. Despois escenificamos cada un dos movementos e accións que o neno do conto lle facía ó PINGÜINO.

A actividade levouse a cabo en colaboración coa mestra Pilar, en momentos adicados á lingua estranxeira, e a continuación nos tempos de xogo!





Encantounos o conto de Penguin!

Grazas pola participación do pai de DIEGO! Esperamos máis visitas ;)

domingo, 12 de febreiro de 2017

Novos mestres/as

Esta semana foi moi activa!

Pódese dicir que temos novos mestres e mestras na nosa aula posto que todos queren contar todo o que saben e todo o que aprenderon cos seus pais/nais na casa! Todos queren falar!

Deste xeito, estamos favorecendo directamente a expresión oral (e maila comprensión), a expresión xestual e corporal, a perder o medo a falar en público (e á timidez), a participación, a comprensión escrita pois os nenos/as descifran os debuxos identificando cada imaxe, a escoita activa e a respectar as quendas de palabra, e estamos potenciando o pensamento.


DIEGO ensinounos outro tipo de PINGÜINO diferente ó EMPERADOR, chamado HUMBOLDT; e mostrounos diferenzas básicas entre ambos. Tamén aportou ó noso recuncho, as maquetas de ambos pingüinos. Encantounos a explicación e coñecer un pingüino diferente. Cantos máis haberá?


E falando de novos mestres, hoxe recibimos a visita dun ex-alumno de infantil, Mikel, que agora cursa 1º de Primaria, tamén no noso centro. Interesado pola nosa temática, ofreceuse a facernos un mural sobre os ICEBERG, e baixar a explicalo á nosa aula.



Moitas grazas Mikel!

Dende aquí, animámosvos a vir á nosa aula e participar connosco deste proxecto! :)

venres, 10 de febreiro de 2017

Os PINGÜINOS arrasan!

A nosa mascota PINGÜIN marchou, pero para non botala de menos, esta semana os PINGÜINOS arrasaron na aula de 3 anos!
Mirade todos os que viñeron para o noso recuncho:


VALERIA


VALENTINA


DIEGO


UXÍO

xoves, 9 de febreiro de 2017

Novos materiais aportados

A verdade é que esta semana recibimos novos materiais aportados novamente polas familias e explicados na aula polos nenos/as. Da gusto velos falar do que saben e contarnos todo o que fixeron na casa cos seus pais/nais.

Pouco a pouco iremos colgando fotos e contándovos todo o material que recibimos que é moito! Animámosvos, dende aquí, a seguir así! Grazas unha vez máis!


DIEGO trouxo tres PINGÜINOS feitos con cartolinas!


MARA ensinounos animais dos POLOS e falounos dos ESQUIMAIS e dos IGLÚS.


RUI deunos unha clase maxistral contándonos cousas que descoñeciamos, como que os PINGÜINOS en COLONIAS, que se xuntan uns ó redor dos outros para non pasar frío, e que o PINGÜINO EMPERADOR, quenta o ovo entre as súas pernas!


DENÍS aportou á aula un novo libro: "Un día na Antártida"; e falounos de todo o que lle acontecía a este PINGÜINO ó longo do conto!

sábado, 4 de febreiro de 2017

Máis aportacións ó noso proxecto

Durante estes últimos días, estamos a recibir moitas aportacións dos nosos nenos/as ó noso proxecto, coa axuda das familias!
Cada día, algunha nena/o trae algo novo á aula que quere compartir connosco, tanto o que sabe e así o transmite, como o material en sí.

Seguindo unha orde cronolóxica...


UXÍO falounos dos pingüinos e mostrounos dous debuxos que fixo na casa coa súa nai.



UNAI aportou un mapa dos diferentes polos así como os distintos animais que alí habitan. Unha exposición moi interesante! 


Ó día seguinte, foi o turno de DYLAN  e de UXÍO, que trouxeron bonecos á aula para xogar todos con eles.



VERA mostrounos unha parella de esquimais e de osos polares feitos coa súa familia con material de refugallo, así como un pequeno iglú. Aproveitamos para falar tanto das persoas que habitan naquelas terras como do iglú como unha das vivendas que usan naquelas paraxes remotas.


A nosa compañeira VERA aportou tamén unha pequena maqueta pero moi útil para explicar cómo fan os esquimais para pescar sobre a superficie nevada, e algo que inicialmente nos impactou un pouco, o feito de que o xeo se esté a romper. Tratamos de ver na aula o por qué.



E polo que vimos, a máis de un lle gustou todo o material co que contribuíu VERA, pois nos momentos adicados ós recunchos e ó xogo simbólico, había nenos/as que non se separaban deste espazo, xogando cos seus bonecos.


O mércores, UNAI nos sorprendeu co seu pingüino! Coa axuda da súa familia, elaboraron un bonito boneco. Queredes saber con qué materiais o fixeron? Pois cunha berenxena e cun pouco de cenoria! Moi creativo!


Ese mesmo día, LIA trouxo á aula unha cartolina grande na que figuraban unha chea de animais que habitan dentro do círculo polar ártico e do círculo polar antártico! Foi unha gran exposición! E coñecemos novos animais! Canta fauna hai!

xoves, 26 de xaneiro de 2017

A MOTIVACIÓN VESE

E é que a motivación vese, incluso na roupa!
Observade ós nenos/as da nosa aula!

  

Son fantásticos/as!! :)

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Primeiras aportacións ó noso proxecto

Onte UNAI e VERA fixeron as primeiras aportacións ó noso Proxecto dos Polos.

UNAI explicounos onde vivían os PINGÜINOS e onde vivían os OSOS POLARES. Vimos tamén onde vivimos nós, para que se fagan unha idea de cal é a situación de cada un dentro do noso planeta Terra.


Despois foi o turno de VERA que nos ensinou un libro que trouxo para o noso recuncho do Proxecto. Nel vimos unha morea de animais que viven nos POLOS. Pouco a pouco irémolos coñecendo máis de preto.


E hoxe foi ENZO quen aportou novamente ó noso recuncho. Mostrounos un libro con pegatinas e actividades que levaremos a cabo na aula nalgún intre, e contounos todos os elementos dunha cartolina que na casa elaborou cos seus pais. Nesa cartolina que está exposta na nosa porta, vimos PINGÜINOS, OSOS POLARES, FOCAS, MORSAS, ESQUIMAIS, e ata tivemos unha primeira impresión das casas dos ESQUIMAIS chamadas IGLÚS.


Tamén había un TRINEO, e vimos para que servía e quen tiraba del. Nun primeiro intre pensaron que eran lobos, pero despois vimos que eran cans! Sabedes que raza de cans son os que tiran dos TRINEOS? (tarefa a investigar)

Reflexión: Non vos imaxinades o que son capaces de falar os nenos/as tímidos na aula cando o máis importante é contarlle ó resto da aula todo o que se aprende na casa cos pais/nais!
A seguir así!

luns, 23 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-3

Seguindo co noso afán por motivar ós cativos/as de 3 anos, hoxe luns recibimos un vídeo de "PINGÜI" que, dende a Antártida, nos contou que se estaba a divertir moito cos seus amigos e amigas facendo deporte!
A que non sabedes cal é o seu deporte preferido?

E tamén, entre todos, elaboramos a redación dunha nota que despois elas/es completaron individualmente, repasando o nome do noso pingüino, o nº 3 (por ser a aula de 3 anos), e o seu propio nome!
Esta nota leváronna hoxe para casa!

Deste xeito, iniciamos un paso moi importante dentro da motivación cara o noso proxecto: a colaboración e a participación das familias no proceso educativo, sendo fundamental o seu apoio e implicación para poder levar a cabo o proxecto da aula.


mércores, 18 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-2

O MARTES, DURANTE O TEMPO DO RECREO, CHEGOU A CARTEIRA Ó PATIO E TRÓUXONOS UNHA POSTAL. SABEDES DE QUEN ERA?

PINGÜIN, QUE NOS ESCRIBE DENDE O SEU FOGAR!



E FÍXONOS MOITA ILUSIÓN SABER DEL!
DE FEITO, PASAMOS MEDIO RECREO ENSINÁNDOLLES A POSTAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA AULA!






E DESPOIS, NA CALMA, LEMOS A POSTAL RECIBIDA!
AGORA QUEREMOS SABER MOITO MÁIS SOBRE A VIDA DE PINGÜIN!