Esta semana foi moi activa!
Pódese dicir que temos novos mestres e mestras na nosa aula posto que todos queren contar todo o que saben e todo o que aprenderon cos seus pais/nais na casa! Todos queren falar!
Deste xeito, estamos favorecendo directamente a expresión oral (e maila comprensión), a expresión xestual e corporal, a perder o medo a falar en público (e á timidez), a participación, a comprensión escrita pois os nenos/as descifran os debuxos identificando cada imaxe, a escoita activa e a respectar as quendas de palabra, e estamos potenciando o pensamento.
DIEGO ensinounos outro tipo de PINGÜINO diferente ó EMPERADOR, chamado HUMBOLDT; e mostrounos diferenzas básicas entre ambos. Tamén aportou ó noso recuncho, as maquetas de ambos pingüinos. Encantounos a explicación e coñecer un pingüino diferente. Cantos máis haberá?
E falando de novos mestres, hoxe recibimos a visita dun ex-alumno de infantil, Mikel, que agora cursa 1º de Primaria, tamén no noso centro. Interesado pola nosa temática, ofreceuse a facernos un mural sobre os ICEBERG, e baixar a explicalo á nosa aula.
Moitas grazas Mikel!
Dende aquí, animámosvos a vir á nosa aula e participar connosco deste proxecto! :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario