Amosando publicacións coa etiqueta outono. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta outono. Amosar todas as publicacións

martes, 21 de novembro de 2017

Froitos do Outono

A semana pasada, na aula de 4 anos, coñecemos con máis detalle os froitos do Outono, clasificándoos en froitos SECOS e froitos CARNOSOS.
Non só os diferenciamos e os clasificamos, senón que tamén falamos das súas características e incluso, na hora da merenda, probámolas e comímolas ó longo de toda esta semana!
En xeral gustaron moito na aula todos estes froitos!!

Probamos, dos froitos SECOS: castañas, noces, avelás, améndoas e pistachos.
Dos froitos CARNOSOS vimos e probamos: uvas, kiwis, caquis, granadas e mandarinas.




venres, 18 de novembro de 2016

CANCIÓN DO OUTONO

Este ano, na clase de 4 anos, temos nova canción do outono. Queredes escoitala?

domingo, 6 de novembro de 2016

MÁIS OUTONO

Os Pequechos de 4 anos xa rematamos de decorar a nosa clase con motivos otoñais. Fixemos unha árbore con follas que nos mesmos pintamos e decoramos os cristais con nubes de cores e gotiñas de auga. A que vos recordan as cores das nubes? (azul, verde, amarelo, negro, vermello e rosa). Son as cores do monstro, acordámonos moi ben, do curso pasado, das emocións segundo a cor e da canción do monstro de cores.


Así quedou a árbore de aoutono, vai ir mudando sengundo as estacións do ano.
E así de bonitas están as ventás, se chove que chova pero que sea de moitas cores!!!


E con tanta choiva medraron setas!!


mércores, 12 de outubro de 2016

CHEGOU O OUTONO

Esta semana parece que por fin chegou o outono e os Pequechos de 4 anos levamos varios días traballando para darlle a benvida.

Repasamo as figuras xeométricas (círculo e rectángulo) decorando unha árbore de outono. Pegamos papeliños marróns no tronco, pintamos as follas coas cores propias do outono cos dedos e coas ceras blandiñas que tanto nos gustan, pintamos a herba. Así de bonitos quedaron!


Traballamos a lectoesctritura a partir da palabra OUTONO.

Recollimos follas secas no patio do cole e levamos a cabo unha técnica de estampado.





Aquí tendes a canción do outono do curso pasado con pictogramas, quen a recorda?
Seguiremos traballando un pouquiño máis, moi pronto veredes o bonita que está quedando a nosa clase coa decoración otoñal.