domingo, 20 de decembro de 2015

FELICES FESTAS!

AS MESTRAS E MESTRE DE INFANTIL DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS!!!




SAÍDA Á PASTELERÍA E LUDOTECA

O pasado martes os Pequechos fomos visitar a ludoteca de Moaña e a pastelería: LA NUBE ROSA. Na ludoteca xogamos a un montón de cousas (piscina de bolas, o supermercado, casiña, futbolín, coches, xogos de mesa, disfraces...) e na pastelería amasamos para facer un boliño e puxemos o chocolate. Ah! e enviamos esas cartas tan especiais que fixemos con tanto agarimo para as nosas familias.

ASÍ DE BEN O PASAMOS OS PEQUECHOS DE 3 ANOS...

sábado, 19 de decembro de 2015

VISITA DOS BOMBEIROS

O pasado xoves os bombeiros do Morrazo viñeron ó noso cole a recoller os alimentos para os máis necesitados e fixeron unha demostración fantástica de como traballan. Ensináronnos a roupa especial que usan para apagar incendios e os aparellos que utilizan. Sabedes o que máis no gustou? A mangueira e os chorros de auga que botaba!!
Aquí estamos moi atentos ás explicacións.

Os bombeiros explican para que usan o casco, a máscara de osíxeno e a serra eléctrica.


Aquí coa mangueira. Mirade que chorro!

COCIÑANDO TURRÓN

Os Pequechos de Tirán elaboramos turrón de chocolate blanco con lacasitos. O pasamos xenial facendo o turrón pero, sobre todo, probando os ingredientes! Queredes saber como o fixemos?
NECESITAMOS:
  • Cereais de chocolate ou de outro tipo.
  • Mantenca para mesturar co chocolate blanco fundido.
  •  Chocolate blanco fundido.

  •  Lacasitos.

O primeiro que fixemos foi poñer os cereais nos moldes de madalena. Despois engadimos o chocolate fundido coa manteca e por último puxemos os lacasitos.


Unhas horas no frigorífico e listos para comer!!


ASÍ DE BONITOS OS LEVAMOS PARA CASA!

martes, 8 de decembro de 2015

O TREN DE MARTIÑO

Na clase dos Pequechos de 3 anos descubrimos un conto fantástico: CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS. Gustounos moito, sobre todo, a canción que Martiño cantaba: O TREN DE MARTIÑO CHU CHU CHU, VAI POLO CAMIÑO CHUCU CHUCU CHU.
Moi pronto nós tamén recibiremos a visita dos Reis Magos, igual que Martiño o estamos desexando!!
Aquí está o conto!
 
Despois de escoitalo coloreamos os vagóns do tren de Martiño.
 


luns, 7 de decembro de 2015

Motivación

Unha vez máis queda manifesto a importancia de traballar por proxectos e a motivación tan grande que teñen os nenos/as que desenvolven esta metodoloxía. Destacar tamén a importancia que dita motivación ten no proceso da lectoescritura nos nenos/as da etapa de educación infantil

A continuación vos obsequiamos coa iniciativa e a motivación dos nenos/as da aula de 5 anos, que os levou a realizar as seguintes actividades:







xoves, 26 de novembro de 2015

Cumpreanos de MATEO

Hoxe celebramos na nosa aula o aniversario de MATEO que xa cumpre 5 anos!
Que maiores imos!
Celebrámolo cunha tarta moi rica, con galletas sen gluten, xume e outras lambetadas!

FELICIDADES MATEO!


mércores, 25 de novembro de 2015

A CANCIÓN DOS MOSQUITOS

Os Pequechos de 3 anos, despois da asamblea, cantamos a canción dos mosquitos e cando remata corremos a sentarnos ás nosas cadeiras para  que non nos piquen. Ademáis de aprender as partes do corpo divírtenos moito cantala. Escoitade escoitade e correde cando remate, que veñen os mosquitos!!!!
 

martes, 24 de novembro de 2015

DÍA DA PALABRA

Onte os Pequechos de Tirán celebramos, xunto co resto do cole "grande", o Día da Palabra. Escribimos as nosas palabras dentro do símbolo da paz e as decoramos o noso gusto. Os Pequechos de 3 anos fixemos o noso propio símbolo da paz coloreando os ladrillos de cores.  Así de bonito quedou...





As palabras dos Pequechos de 3 anos.


As palabras dos Pequechos de 4 anos.

As palabras dos Pequechos de 5 anos.



venres, 20 de novembro de 2015

MASAS SENSORIAIS I

Os pequechos de 4 anos fixemos PLASTILINA!!!

Comezamos a nosa andadura pola experimentación con diferentes masas sensoriais. A manipulación deste tipo de masas permite aos nenos e nenas mellorar a integración táctil e contribúe ó desenvolvemento da psicomotricidade fina e a percepción espacial. Manipulalas, olelas, e xogar con elas e coas súas texturas, son sensacións que os poñen en contacto con todo o que os rodea, educando deste xeito os seus sentidos. Pero o mellor de todo é.... que pringarse é súper divertido!!!
Así que todos os mércores serán o día da experimentación coas masas sensoriais, polo que debedes volver a traer os envases de plástico que vos pedín a semana pasada.
 A primeira masa que fixemos foi PLASTILINA. Unha masa doada de facer con ingredientes que seguramente teñades na casa se a queredes repetir.


NECESITAMOS:
-Crema suavizante do pelo
-Fariña de millo
-Colorante alimentario

 PROCEDEMENTO:
 1º Mezclamos a mesma cantidade de crema e de fariña. Na clase empregamos vasos de plástico para medir. Mezclamos sete vasos de crema e sete vasos de fariña (aínda que despois tivemos que engadirlle máis fariña).
 2º Removemos ben a mezcla. Non pode quedar nin demasiado pringosa (necesita máis fariña) nin demasiado seca (necesita máis suavizante).
 3º Amasamos.
 4º Engadimos o colorante e seguimos amasando. Recordade que hai que gardala nun recipiente hermético para que non se seque.

 Foi moi divertido. A ver que se nos ocurre para a próxima semana!!!

Día dos DEREITOS das nenas/os

Hoxe, 20 de novembro, celebramos nas nosas aulas o "Día Internacional dos DEREITOS das nenas e dos nenos".

Falamos e traballamos sobre todos os dereitos que teñen os nenos/as, dereitos que terían que estar presentes sempre en todos os recunchos do noso mundo.

Citamos, entre outros, os dereitos á IGUALDADE, a ter un NOME e unha NACIONALIDADE, a ter unha FAMILIA, dereito á SANIDADE, a PARTICIPAR, a unha EDUCACIÓN, e sobretodo, o DEREITO A XOGAR, algo que non debería faltar nos nenos e nenas de todo o mundo.


domingo, 1 de novembro de 2015

VISITÁRONNOS AS BRUXAS POLO SAMAIN

Os Pequechos recibimos una visita moi especial durante a celebración do Samain, sabedes quen? AS BRUXAS!!! Viñeron voando ata o noso cole nas súas vasoiras para facernos un conxuro e cantarnos una canción de medo...

CELEBRAMOS O SAMAIN!

O pasado xoves os Pequechos de Tirán celebramos o Samin. Foi un día xenial!! Comida terrorífica, debuxos mostruosos, contos de medo, bailes escalofriantes.... VIVA SAMAIN!!!!!
Aquí un resumo do ben que o pasamos...


COCIÑANDO MOMIAS

O pasado xoves os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obradoiro de cociña terrorífica...COCIÑAMOS MOMIAS!!!
 
Para cociñalas precisamos os seguintes ingredientes:
  • Corpo da momia (rebanada de pan de molde cortada pola metade)
  • Sangue de momia (salsa de tomate)
  • Vendas (lonchas de queixo cortadas en tiras)
  • Ollos de momias (aceitunas sen óso)
 
 
O primeiro paso para a elaboración das nosas momias foi botarlle a salsa de tomate ó pan.

 
 
 
Despois puxemos as lonchas de queixo e as aceitunas, así de ben quedaron..

 
Listas para meter no forno...
 
 
 E por último o que máis nos gustou....COMELAS!! ÑAN ÑAN!! QUE MOMIAS MÁIS RICAS!!!
 

 

QUEN SE ATREVE A FACELAS?

sábado, 31 de outubro de 2015

CANTAMOS OS BOS DÍAS E OS DÍAS DA SEMANA

Tódolos días os pequechos de 3 anos dámoslle a benvida o novo día cantando unha canción que nos encanta, por iso, queremos compartila con todos vós.
 
 
Tamén cantamos a canción dos días da semana que nos gusta un montón!!!
 
 
QUEREDES APRENDELA CON NÓS?

mércores, 14 de outubro de 2015

A primeira viaxe do home á LÚA

Hoxe de novo, SOFÍA e CARLA sorprendéronnos, traendo á aula un novo traballo, esta vez era sobre a primeira viaxe do home á LÚA.
A partires desta explicación, surxiron preguntas e demos resposta a aspectos como: que é a LÚA, como é, hai aire alí, quen foron os primeiros en viaxar a este SATÉLITE, quen foi o primeiro en pisala, como era o seu traxe e a súa nave, como volveron á TERRA, como son os COHETES que viaxan ó sistema solar, etc.

CARLA e SOFÍA mostrando a súa maqueta que incluía un COHETE, un ASTRONAUTA, fotos dos astronautas, do módulo lunar no que viaxaron, e de como chegaron á nosa TERRA.

Grazas unha vez máis pola vosa aportación! :)

martes, 13 de outubro de 2015

NOVA ENTREGA DO UNIVERSO

Durante esta ponte, algúns nenos e nenas da aula de 5 ANOS traballaron na casa coa súa familia o UNIVERSO e o noso sistema solar. Hoxe na aula expuxéronnos os seus traballos CARMEN, HUGO, CARLA E SOFÍA, explicándonos todo o que elaboraron, e aprendendo un pouco máis deles! :)
Grazas a todos/as pola vosa aportación.



CARMEN mostrándonos o seu traballo


HUGO explicando o nome dos planetas e outros "seres" que debuxou


SOFÍA e CARLA elaboraron o seu sistema solar xuntas

xoves, 8 de outubro de 2015

ANIVERSARIO DE RUBÉN ALONSO

Hoxe xoves tamén celebramos o aniversario de RUBÉN ALONSO!

Estes días RUBÉN elaborou a súa coroa na aula e hoxe levouna posta todo o día para conmemorar o seu cumpleanos! 


Gustounos moito a tarta que trouxo co debuxo dun superheroe!

FELICIDADES RUBÉN!