Amosando publicacións coa etiqueta primavera. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primavera. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de abril de 2018

A primeira FLOR

Hoxe, no tempo de lecer no patio de infantil, atopamos unha gran sorpresa. E é que no xardín que estamos a procurar (na parte superior de dito patio) apareceu a nosa primeira FLOR, logo de preparar a terra e enriquecela con lombrices/lombrigas.

Florecerán moitas máis, deso estamos seguras/os! A PRIMAVERA xa está connosco!


luns, 24 de abril de 2017

A PRIMAVERA NAS NOSAS VENTÁS

E por fin chegou a primavera ás nosas ventás! Están preciosas! Cheas de colorido! Flores de moitas cores, bolboretas, abellas e xoanillas. Seguimos conservando as nubes de cores, as que nos recordan ó noso queridísimo Monstro de Cores.

Encántanos a primavera e os días de sol! Que duren!!!

luns, 10 de abril de 2017

CHEGOU A PRIMAVERA Á AULA DE 4 ANOS

E por fin chegou a primavera a nosa aula. Na nosa maceira creceron as flores, sabemos que co tempo convertiranse en froitas, en sabrosas mazás.
Fixemos xoaniñas, abellas e bolboretas que decoran as nosas ventás. Cada un de nós elexiu o insecto voador que máis lle gustou.



A teacher Pilar ensinounos esta canción tan chula e primaveral!
Atentos e atentas!!!! Pronto veredes o bonitas que quedaron as nosas ventás!

luns, 3 de abril de 2017

EIRUGAS E BOLBORETAS!

PARA DAR A BENVIDA Á PRIMAVERA NA AULA DAS BOLBORETAS O NOSO COMPAÑEIRO MAURO TROUXO ALGO....


QUEREDES SABER QUE É?


UNHA CRISÁLIDE!!!



TODOS OS DÍAS ÍMOS Á CAIXA A COMPROBAR COMO ESTÁ, ANSIOSOS POR VER O MOMENTO NO QUE SE CONVERTA NUNHA BOLBORETA.

MAURO, QUE É UN ESPECIALISTA NO TEMA, EXPLICOUNOS COMO É O CICLO DAS MARIPOSAS: PRIMEIRO É UN OVO, LOGO PASA A SER UNHA EIRUGA QUE SE ALIMENTA, A CONTINUACIÓN  UNHA CRISÁLIDE QUE NON PRECISA DE ALIMENTO ALGÚN E, TRAS UN TEMPO,  SAE UNHA FERMOSA BOLBORETA.




PARA ENTENDER MELLOR TODO O QUE MAURO NOS EXPLICOU CONTAMOS NA CLASE O CONTO DE "UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA" E A CONTINUACIÓN CREAMOS A NOSA PROPIA EIRUGA.  MIRADE QUE BONITAS QUEDARON!





AÍNDA NON COÑECEDES A HISTORIA? POIS AQUÍ VOS VAI O CONTO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NÓS.



luns, 30 de marzo de 2015

BENVIDA PRIMAVERA

E POR FIN CHEGOU A PRIMAVERA!!!!


ESTREAMOS ESTACIÓN E CON ELA... VACACIÓNS!!!
FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA A TOD@S!!!
Recoradade que volvemos o martes 7 de abril

mércores, 21 de maio de 2014

A PRIMAVERA CHEGOU AS NOSAS VENTÁS

Parece que a primavera se quería resistir a chegar... pero chegou regalándonos días soleados, flores... que gustiño daba estar no patio... aínda que agora nos tocan outra vez días de chuvia y frío!!

Estivemos decorando as nosas ventás, traballamos moito para deixalas moi bonitas e que todos os que pasades por alí tamén disfrutedes vendo o resultado do noso traballo.

Pintamos un xardín cheo de preciosas flores....


E fixemos bolboretas, abellas, xoaniñas... moitos bichiños de mil cores...


Decorámolos polas dúas caras para que vos tamén os poidades velos... dende dentro vese moi bonito... que vos parece dende fora??





A ver si con esta decoración tan colorida e alegre a primavera decide voltar para non marchar!! ;)

mércores, 30 de abril de 2014

XARDIÑEIR@S POR UN DÍA!!

Como tiñamos xa listas as nosas macetas para plantar flores de primavera, onte, os pequechos de 3, saimos con elas, para sementar nelas. Previamente, vimos na clase os pasos a seguir para plantar flores:


Verdade que son uns artistas coas tesoiras?? 

Xa, no patio, botamos terra, cada un na súa maceta. Despois, fixemos una buratiño co dedo no que botamos sementes de diferentes flores de cores. Para rematar, botamos auga. Agora toca agardar a que florezan. Xa as colocamos ó lado da ventá para que lles dea o sol e imos regalas e coidalas moito para logo ter unha flores preciosas!!!
Aquí deixo unha mostra da actividade:


mércores, 9 de abril de 2014

unha primavera conxelada!!

Din que estamos na primavera, pero a verdade é que tivemos máis frío que calor!!! Por iso, a mestra volveuse tola coma o tempo e meteu a pintura no conxelador sen nós sabelo.

Cando o trouxo ó aula intentamos descubrilo a través do tacto sen poder miralo comprobando que aquilo estaba CONXELADO!...Que podería ser??



Ao final saímos de dúbidas  e algunhas caras foron de.... asomo e outras …. non sabían o que estaba pasando … jejejeje.

Xa nas mesas puidemos exploralo mais de cerca, tocalo directamente e comentar o que alí tiñamos diante.

A continuación puxémonos mans á obra e deixamos voar a nosa imaxinación e creatividade coa pintura a cal, pouco a pouco, íase desconxelando, polo que observamos de primeira man como o auga ía cambiando e transformándose de estado sólido a líquido.

 Tras crear as nosas propias obras de arte conxeladas, decidimos facer os nosos propios murais da primavera conxelada cunhas cores moi alegres! Mirade o resultado!
os cativos de 4 anos

os maiores de 5 anos!

os pequerrechiños do cole!

CHEGOU A PRIMAVERA Á CLASE DE 3!!

Aínda que ata agora non estivo moito tempo de Primavera, os pequechos de 3 anos quixemos celebrar a súa chegada cambiando a decoración da nosa ventá. A árbore que tiña o frío do inverno encheuse de flores de moitisimas cores, que pintamos con ceras!! e ó seu lado, voan xoaniñas pintadas con pincel e picadas con punzón. As letras de primavera tamén foron obra dos peques, con cera en man. Mirade que bonita quedou:




Ademáis, para celebrar o Día de Árbore (21-3-2014) e o inicio da Primavera, fixemos unhas macetas, a partir de botellas de plástico que trouxemos de casa, que cubrimos con papel hixiénico e cola para facer unha base máis dura, sobre a que despois os pequenos derrocharon a súa creatividade empregando as súas mans, pintura de dedos e moitas cores. Algúns experimentaron e sairon unhas mesturas de cores preciosas!!! Esperemos que pronto podamos plantar flores de primavera e velas crecer. Esta é unha mostra de como as fixemos:

domingo, 16 de marzo de 2014

A PRIMAVERA ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR. E CON ELA 
O DÍA DA ÁRBORE


PARA CELEBRALO PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN. NECESITAMOS QUE OS NENOS E NENAS TRAIAN AO COLE UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO GRANDE E VACÍA. VALE UNHA BOTELLA DE AUGA, DE REFRESCO... 
TAMÉN E DE XEITO VOLUNTARIO PODEDES TRAER SEMENTES DE FLORES QUE XERMINEN PRONTO PARA PLANTAR. 
UNHA VEZ MÁIS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. BICOS.