Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de febreiro de 2016

Por qué é importante lerlle aos nosos nenos/as?

No ciclo de educación infantil do CEIP Plurilíngüe de Tirán levamos a cabo, durante todos os cursos escolares, o préstamo de libros.

Cada semana, os nenos/as levan un libro para a súa casa. A idea é que vós (as familias) lles leades (e él/ela tamén o poida ler e disfrutar). Normalmente da casa traen feito un debuxo relacionado coa temática do conto.

A finalidade principal desta actividade é espertar nos nenos/as o gusto pola lectura ademáis de servirnos de axuda para traballar a lectoescritura. Merece a pena “invertir” este tempo de lecer porque os efectos serán moi positivos!

Que dicir ten que os contos son unha das bases para o desenvolvemento intelectual, emocional e social do cativo/a, pero, ademais, esta actividade encerra unha morea de vantaxes, como son:

n  Fomentar a lectura e a paixón por ela, ata converterse finalmente nun hábito.
n  Estimular a súa linguaxe, engadindo novas palabras ao seu vocabulario, ampliando a súa capacidade de percepción e comprensión, a súa expresión oral, etc.
n  Estimular e fortalecer a súa imaxinación.
n  Axuda ós nenos/as a vencer os seus medos.
n  Exercitan a súa memoria.
n  Familiarizanse cos textos.
n  Mellora a comunicación.
n  Crea fortes lazos de afecto entre quen lee e quen escoita, compartindo ese momento. Enriquece a relación adulto-neno/a.
n  […]

Polo tanto, cremos que un dos maiores agasallos que lles podedes dar ós vosos fillos/as é o voso tempo, e podédelo compartir con eles léndolles un conto a diario. Ánimo, non vos arrepentiredes!

mércores, 7 de outubro de 2015

A TERRA

E hoxe mércores, foi o turno de CARLA.
Mostrounos un libro sobre a terra, cómo é por dentro e cál é a súa situación respecto do resto do universo, quedando exposto no noso recuncho do UNIVERSO.
Trouxonos tamén dúas esferas recreando a terra, unha delas cun corte onde CARLA nos explicou cómo é o mundo por dentro e qué é o que se move para que se produzan os movementos sísmicos.
GRAZAS pola aportación ó grupo!

CARLA mostrando unha páxina do libro


martes, 29 de setembro de 2015

¿Qué sabes del cielo?

Onte, Noé, trouxonos un libro ó cole titulado "¿Qué sabes del cielo?".

Despois do tempo de ocio no recreo, relaxámonos escoitando, primeiramente a Noé e de seguido ó noso mestre, sobre todas as curiosidades que nos plantexaba este libro, aspectos que desenvolveremos de seguido nas vindeiras semanas coa posta en marcha do noso próximo proxecto de aula: "O UNIVERSO".

Como era un libro que nos pareceu tan interesante, pedímoslle a Noé si nos deixaba o libro uns días na aula para que todos/as poidamos "ler" e aprender cousas del. E así o fixo. Moitas grazas! :)


martes, 22 de setembro de 2015

DE NOVO, OUTRA CARTA!

Despois do verán, e tras comezar un novo curso escolar, os nenos/as da aula de 5 anos recibimos onte outra carta dos nenos/as do CEIP Rosalía de Castro de Padrón, cos que volveremos a manter contacto durante este curso.
Traballaremos deste xeito, entre outros, da lectoescritura dunha maneira máis motivadora, fomentando o uso práctico da expresión escrita na que os nenos/as ven a utilidade de escribir (e ler), e comunicarse cos demais.