luns, 28 de novembro de 2016

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ESTA SEMANA, CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL ESTIVO A TRABALLAR O CONTO DE "ARTURO Y CLEMENTINA".

OS PEQUECHOS DE 3 ANOS PREPARARON UNHA TARTARUGA CUNHA NOZ (APROVEITÁNDO QUE ESTÁN A TRABALLAR AS FROITAS DO OUTONO), MENTRES QUE OS PEQUECHOS DE 4 E 5 ANOS DECIDIRON QUE A SÚA TARTARUGA CLEMENTINA TERÍA UNHA COIRAZA RECICLADA CUNHA BOTELLA DE PLÁSTICO DECORADA CON GOMETS.





ADEMAIS, APROVEITANDO QUE ESTE ERA UN DÍA ESPECIAL, SUMÁMONOS A FACER A MILLA SAUDABLE XUNTO CO RESTO DO ALUMNADO DE PRIMARIA, E PARA DEIXAR A NOSA PEGADA NO CAMIÑO PREPARAMOS UNHAS FERMOSAS TARTARUGAS CON MENSAXES POSITIVAS PARA A NOSA AMIGA CLEMENTINA.






VELAQUÍ VAI UN VÍDEO CO CONTO:








venres, 25 de novembro de 2016

NOVO ANIVERSARIO NA AULA DAS BOLBORETAS

HOXE, NA AULA DAS BOLBORETAS, CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DA NOSA COMPAÑEIRA SARA GONZÁLEZ, QUE XA CUMPRIU 5 ANOS!


TRAS DESEXARLLE UN FELIZ CUMPREANOS E TIRARLLE DAS ORELLAS DEMOS PASO Á CELEBRACIÓN, QUE BEN O PASAMOS!!

PARABÉNS SARA!!!!



mércores, 23 de novembro de 2016

NOVA BIBLIOTECA DE AULA

Hoxe os Pequechos de 4 anos estrenamos biblio de aula gracias as aportacións das familias. Estamos como locos cos contos novos, algún xa os coñecemos e outros desexando descubrir. Onte os colocamos na estantería e coas ganas que tiñamos de lelos preferimos coller os novos e non os dos dinosaurios, que xa é dicir!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN, POR AXUDAR A  MERGULLARNOS NO FANTÁSTICO MUNDO DOS CONTOS!

luns, 21 de novembro de 2016

MONSTRUO ROSA

A semana pasada, os Pequechos de 4 anos, coñecimos a unha personaxe moi especial, diferente ós demais, incluso antes de nacer xa era diferente ó resto.
Esta é unha historia moi bonita para traballar a diversidade como elemento enriquecedor, para que os nosos pequenos e pequenas entendan o valor da diferencia.


Este é o conto


sábado, 19 de novembro de 2016

PROTAGONISTA FÁTIMA

Esta semana Fátima ocupou o trono do protagonista da semana. Contounos moitísimas cousas da súa familia, cal era o seu conto favorito, ensinounos un traxe de princesa moi bonito que lle encanta poñer para patinar, contounos a donde viaxou, cales son os seus xoguetes favoritos... E falounos da súa irmá maior Claudia.

Recibimos a visita da súa mamá e do seu papi. Alicia, a mamá contounos o conto favorito de Fátima: Os tres porquiños.
 E o seu papá, Juan Carlos, preparou un cóctel con tres zumes diferentes: laranxa, melocotón e un ingrediente secreto.... granadina!!!!

 Que riquísimo estaba! Moitos repetimos varias veces. Estaba boísimo!!!!!

Moitísimas grazas papis!!! Encantadísimos pola vista!!! E moitas grazas tamén polos libros súper chulos da balea e o T-Rex e as dúas marionetas, a partir de hoxe as poderemos disfrutar tódolos días!
Moitas felicidades Fátima por gañar a medalla do protagonista! Ben merecida a tes!

venres, 18 de novembro de 2016

CANTANDO OS DEREITOS DA INFANCIA

Os Pequechos de 4 anos hoxe recibimos unha visita moi especial, os nosos compis de 2º de Educación Primaria viñeron á nosa clase a cantarnos a canción dos Dereitos da Infancia de UNICEF. Foi moi especial para todos, pero sobre todo, para os maiores e para a profe Marta porque hai un par de anos eles ocupaban as nosas cadeiras e disfrutaban da etapa de educación infantil. Así de ben o fixeron.
Moitas grazas profe Pilar e nenos e nenas de 2º de primaria!

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O vindeiro domingo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA e para conmemoralo os Pequechos de Tirán fixemos unhas flores moi bonitas onde escribimos algúns dos dereitos que tódolos nenos e nenas do mundo deberían ter: FAMILIA, COLEXIO, ALIMENTACIÓN E XOGAR.

Tódolos nenos e nenas do mundo merecen ter unha vida digna e ser moi felices! Esta canción é para vós!!

CANCIÓN DO OUTONO

Este ano, na clase de 4 anos, temos nova canción do outono. Queredes escoitala?

xoves, 17 de novembro de 2016

O MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE

FAI UNHAS SEMANAS NA CLASE DAS BOLBORETAS COMEZAMOS UN PROXECTO EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS NO CAL ESTAMOS A INVESTIGAR SOBRE A SAÚDE,

O PRIMEIRO EN LEVAR PARA A CASA O "MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE" FOI O NOSO COMPAÑEIRO ASIER, O CAL ESTIVO INVESTIGANDO, XUNTO COA SÚA FAMILIA, SOBRE OS OSOS DO NOSO CORPO.




TRAS ESCOITAR ATENTAMENTE TODO O QUE ASIER APRENDERA PUXÉMONOS MANS Á OBRA E REALIZAMOS O NOSO PROPIO ESQUELETO:

1º) A TAMAÑO REAL (PARA O CAL DEBUXAMOS PREVIAMENTE A SILUETA DUN DOS NOSOS COMPAÑEIROS).



2º)CON PLASTILINA (DESENVOLVENDO A NOSA MOTRICIDADE FINA E TRABALLANDO A LECTOESCRITURA POSTO QUE TIVEMOS QUE ESCRIBIR OS NOMES DOS DIFERENTES OSOS E COMPROBAR NO ESQUELETO A TAMAÑO REAL ONDE ÍA CADA UN DELES).


E ESTE FOI O RESULTADO:




 QUE VOS PARECE?

mércores, 16 de novembro de 2016

A BAILAR!

O pasado luns fixemos unha actividade artística musical chulísima, da que pronto teredes noticia, e con ela descubrimos unha canción que nos encanta, a todas horas queremos escoitala e bailar!!!!

Subide o volume, aquí está o CAN'T STOP THE FEELING!





SORPRESAS NO EDIFICIO DE INFANTIL

Este luns atopámonos con dúas fantásticas sorpresas no edificio de infantil!
Apareceron instaladas dúas "pizarras máxicas" (PDI: Pizarra Dixital Interactiva).
Despois establecemos as normas de comportamento (actitudes de respecto e coidado do material,...), e de funcionamento para traballar con ela (respetar os turnos, usar unha única man, sentarse na cortiza detrás dunha marca para ver e deixar ver ó resto dos compañeiros/as...).
E ó longo da xornada escolar comezamos a xogar e aprender coa nosa pizarra máxica!!
Aquí podedes ver algúns exemplos da nosa actividade:









martes, 15 de novembro de 2016

PROTAGONISTA BREO

A semana pasada, por primeira vez, un rei ocupou o trono do protagonista. Breo falounos da súa familia e trouxó ó cole un montón de animais, contounos moitísimas cousas de cada un. Descubrimos que na clase temos a un verdadeiro experto na materia! Coñecimos tamén a súa mascota Cuba e a súa prima Claudia.

 E xogamos coas súas pistas de Hot Wheels! Que ben o pasamos!
A súa mamá María viu ó cole a contarnos dous contos moi divertidos. Unha versión moi diferente dos tres porquiños  e a historia duns animaliños que lles gustaba moito meter o dedo na nariz: Co dedo no nariz.
Ademais no agasallou con espadas, flores e abellas feitas con globos, aínda que a maioría non chegaron a casa porque estouparon, pero o pasamos xenial cada vez que reventaba un globo!!

Moitas grazas María foi un placer recibir a túa visita!

Chulísima a silueta de Breo!
Moitas felicidades campión!! Xa tes a túa medalla!

mércores, 9 de novembro de 2016

Xogando coa PDI

Na aula de informática, os nenos e nenas de 3 anos estamos a traballar coa PDI (pizarra dixital interactiva), "pizarra máxica" para eles/elas.

Cada día, ademáis de coñecer unha aplicación nova e xogar con ela, traballamos a dixitalización dos nosos dedos, a presión-prensión, así como a coordinación óculo-manual. Entre estas actividades manipulativas, algúns días xa fixemos un círculo na pizarra e o último xoves, coincidindo coa chegada da choiva, comezamos a facer liñas verticais, simulando ser as gotas de auga que caen das nubes!






luns, 7 de novembro de 2016

ANIVERSARIOS DE VERA E TEO

O pasado venres 4 de novembro celebramos na aula de 3 anos os aniversarios de VERA e de TEO, que xa cumpriron 3 aniños!

Tras desexarlles un feliz cumpreanos e cantarlles todos xuntos, degustamos os biscoitos que ambos trouxeron á aula; e Vera repartiu unhas galletas que axudou a facer na súa casa!

Qué rico estaba todo!

MOITAS FELICIDADES ÓS DOUS!




domingo, 6 de novembro de 2016

SILUETAS

Cada semana facemos a silueta do protagonista da semana.  É el ou ela, o encargado/a de deseñar e pintar a súa propia vestimenta. Xa temos tres siluetas chulísimas que decoran as paredes da nosa clase.

CORRE CORRE, CABACIÑA

O pasado xoves, seguindo coa actividade de lectura semanal: A HORA DO CONTO, os Pequechos de 4 anos descubrimos un conto novo: CORRE CORRE, CABACIÑA. Unha historia moi divertida que conta o que lle pasou a unha velliña cando ía a voda da súa neta.
Igual que ca avoa do conto, nós tamén nos metemos dentro da cabaza!
Se queredes disfrutar do conto, aquí o tendes!

E por suposto da súa canción, que nunca falta nas festas de aniversarios que celebramos no cole!


MÁIS OUTONO

Os Pequechos de 4 anos xa rematamos de decorar a nosa clase con motivos otoñais. Fixemos unha árbore con follas que nos mesmos pintamos e decoramos os cristais con nubes de cores e gotiñas de auga. A que vos recordan as cores das nubes? (azul, verde, amarelo, negro, vermello e rosa). Son as cores do monstro, acordámonos moi ben, do curso pasado, das emocións segundo a cor e da canción do monstro de cores.


Así quedou a árbore de aoutono, vai ir mudando sengundo as estacións do ano.
E así de bonitas están as ventás, se chove que chova pero que sea de moitas cores!!!


E con tanta choiva medraron setas!!