Na aula de informática, os nenos e nenas de 3 anos estamos a traballar coa PDI (pizarra dixital interactiva), "pizarra máxica" para eles/elas.
Cada día, ademáis de coñecer unha aplicación nova e xogar con ela, traballamos a dixitalización dos nosos dedos, a presión-prensión, así como a coordinación óculo-manual. Entre estas actividades manipulativas, algúns días xa fixemos un círculo na pizarra e o último xoves, coincidindo coa chegada da choiva, comezamos a facer liñas verticais, simulando ser as gotas de auga que caen das nubes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario