Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto do Universo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto do Universo. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de decembro de 2015

Motivación

Unha vez máis queda manifesto a importancia de traballar por proxectos e a motivación tan grande que teñen os nenos/as que desenvolven esta metodoloxía. Destacar tamén a importancia que dita motivación ten no proceso da lectoescritura nos nenos/as da etapa de educación infantil

A continuación vos obsequiamos coa iniciativa e a motivación dos nenos/as da aula de 5 anos, que os levou a realizar as seguintes actividades:







mércores, 14 de outubro de 2015

A primeira viaxe do home á LÚA

Hoxe de novo, SOFÍA e CARLA sorprendéronnos, traendo á aula un novo traballo, esta vez era sobre a primeira viaxe do home á LÚA.
A partires desta explicación, surxiron preguntas e demos resposta a aspectos como: que é a LÚA, como é, hai aire alí, quen foron os primeiros en viaxar a este SATÉLITE, quen foi o primeiro en pisala, como era o seu traxe e a súa nave, como volveron á TERRA, como son os COHETES que viaxan ó sistema solar, etc.

CARLA e SOFÍA mostrando a súa maqueta que incluía un COHETE, un ASTRONAUTA, fotos dos astronautas, do módulo lunar no que viaxaron, e de como chegaron á nosa TERRA.

Grazas unha vez máis pola vosa aportación! :)

martes, 13 de outubro de 2015

NOVA ENTREGA DO UNIVERSO

Durante esta ponte, algúns nenos e nenas da aula de 5 ANOS traballaron na casa coa súa familia o UNIVERSO e o noso sistema solar. Hoxe na aula expuxéronnos os seus traballos CARMEN, HUGO, CARLA E SOFÍA, explicándonos todo o que elaboraron, e aprendendo un pouco máis deles! :)
Grazas a todos/as pola vosa aportación.



CARMEN mostrándonos o seu traballo


HUGO explicando o nome dos planetas e outros "seres" que debuxou


SOFÍA e CARLA elaboraron o seu sistema solar xuntas

xoves, 8 de outubro de 2015

O SISTEMA SOLAR

Hoxe JAIME trouxo á aula unha morea de cousas que mostrarnos e que ensinarnos!

Explicounos cómo fixo o noso SISTEMA SOLAR, xunto coa súa nai, de qué planetas está composto, e resolveunos dúbidas acerca de por qué uns están máis lonxe que outros, etc.
Grazas pola vosa colaboración!

JAIME dándolle voltas ó SOL e vendo como todos os planetas xiran ó seu redor

Material que JAIME trouxo á aula


mércores, 7 de outubro de 2015

A TERRA

E hoxe mércores, foi o turno de CARLA.
Mostrounos un libro sobre a terra, cómo é por dentro e cál é a súa situación respecto do resto do universo, quedando exposto no noso recuncho do UNIVERSO.
Trouxonos tamén dúas esferas recreando a terra, unha delas cun corte onde CARLA nos explicou cómo é o mundo por dentro e qué é o que se move para que se produzan os movementos sísmicos.
GRAZAS pola aportación ó grupo!

CARLA mostrando unha páxina do libro


luns, 5 de outubro de 2015

O UNIVERSO

Hoxe comezamos un novo proxecto que nos acompañará boa parte do noso curso escolar e que leva por título O UNIVERSO!

Asi que os nenos/as da aula de 5 anos, en colaboración coas súas familias, aportaron (e aportarán) todo tipo de materiais relacionados co noso proxecto, algúns elaborados na súa casa. Despois explicarannos na aula dito material, enchendo o noso recuncho do Universo!

E hoxe luns foi o turno de NOÉ e de MIKEL! Grazas polas vosas aportacións e por toda a información que aportástedes ó grupo!

NOÉ falándonos dos planetas


MIKEL mostrándonos un meteorito e un cohete


martes, 29 de setembro de 2015

¿Qué sabes del cielo?

Onte, Noé, trouxonos un libro ó cole titulado "¿Qué sabes del cielo?".

Despois do tempo de ocio no recreo, relaxámonos escoitando, primeiramente a Noé e de seguido ó noso mestre, sobre todas as curiosidades que nos plantexaba este libro, aspectos que desenvolveremos de seguido nas vindeiras semanas coa posta en marcha do noso próximo proxecto de aula: "O UNIVERSO".

Como era un libro que nos pareceu tan interesante, pedímoslle a Noé si nos deixaba o libro uns días na aula para que todos/as poidamos "ler" e aprender cousas del. E así o fixo. Moitas grazas! :)