Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de febreiro de 2018

Saída ao "Monte dos Remedios"

Aínda que na actualidade se coñece como o "Monte dos Remedios", ao noso alumnado, seguindo co noso proxecto de ciclo, tamén lles contamos que antigamente se lle chamaba "O Monte do Castro" porque albergou, en tempos pasados, un CASTRO. E hoxe saímos a descubrir o seu emprazamento.

Na nosa excursión a pé, ascendimos ata o alto onde está a Capilla dos Remedios e poidemos coñecer de preto o PETROGLIFO con forma de serpe que alí se atopa.

Dende o alto poidemos disfrutar das vistas, pescudamos en por qué os CASTREXOS construían as súas vivendas nun lugar alto, e nos imaxinamos ser "eles/elas" por un intre!



Despois da merendola grupal (a subida ao alto abriunos o apetito), disfrutamos de xogos dirixidos (cun circuito) e xogos libres, antes do regreso ao noso centro escolar.

Disfrutamos moito!


 








domingo, 4 de febreiro de 2018

Saída Auditorio de Cangas


No mes de Decembro, os alumnos\as de Educación Infantil fixemos unha saída ao Auditorio de Cangas do Morrazo, para ver a obra de Teatro: "A galiña azul", de Carlos Casares.
Pasámolo de marabilla.

                     









mércores, 19 de abril de 2017

SAÍDAS EDUC. INFANTIL -- 3º TRIMESTRE

Co fin de informar das SAÍDAS deste 3º trimestre ás nais/pais do alumnado de 2º ciclo da Educación Infantil e, deste xeito, para que poidades anticipar e organizar as vosas cousas, deixámosvos a continuación o listado de ditas saídas coas súas datas correspondentes:

-- Venres 28 de abril: "Gatuxo", en Afundación (Vigo)

-- Martes 9 de maio: "Correlingua", en Moaña. (GRATUITA)

-- Martes 30 ou mércores 31 de maio (fecha pendente de confirmar): Concerto de música en Quintela.

-- "Vigozoo": o alumnado de 5º e 6º de educación infantil fará unha visita aínda pendente de confirmar entre finais de maio e principios de xuño.

-- Martes 6 de xuño: Excursión de fin de curso.

martes, 14 de marzo de 2017

SALÓN DO LIBRO 2017

O venres pasado, o 2º ciclo de Educ. Infantil saíu, ó completo, a visitar un ano máis o "Salón do libro" en Pontevedra!

Nesta excursión, aproveitamos para merendar nos exteriores do Auditorio de Pontevedra, para a continuación presenciar o espectáculo de danza "XOGA", da compañía Entremáns! Unha actuación que non nos deixou indiferente e que, previamente nas aulas, traballouse o que íamos ver, que nesta ocasión estaba relacionado co noso corpo (osos e articulacións).





Despois do espectáculo, visitamos o propio "Salón do Libro" onde levamos a cabo varias actividades relacionadas coa temática deste ano, "O mundo que queremos"!




Se queredes saber máis ou visitar cos vosos fillos/as o Salón, estará aberto ata o vindeiro 2 de abril no Pazo de Cultura de Pontevedra. Podedes obter máis información no seguinte enlace: www.salóndolibro.org 

martes, 14 de xuño de 2016

APIPOLIS

Aquí poderedes atopar toda a información sobre a granxa de abellas á queímos ir de excursión todos os pequechos o vindeiro martes.

mércores, 13 de abril de 2016

The Tin Soldier

O pasado xoves acudimos ó Auditorio de Cangas para ver e participar dunha obra en inglés, "The Tin Soldier", que previamente se traballou no colexio.
Pasámolo moi ben!

Se queredes saber máis, podedes visualizalo no blogue de "English and Art" que aparece á dereita dentro dos blogues do centro.

domingo, 3 de abril de 2016

SAÍDA Ó SALÓN DO LIBRO


Como ben sabedes, este venres 1 de abril saímos novamente do centro. Esta vez, o motivo foi a visita ó "Salón do Libro Infantil e Xuvenil" en Pontevedra, e a ver unha obra de teatro (relacionada coa exposición) no auditorio do Pazo da Cultura.


A obra, titulada "As peripecias de Extravaganzza Pérez", gustounos moito. A protagonista e mais a súa nai, narraronnos unha historia chea de cancións ás que o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra puxo música.

Despois, coa axuda dos voluntarios/as do Salón, percorremos varias estancias de cada un dos viaxes que percorreu a protagonista do conto.

A lástima é que, por falta de tempo, quedaronnos moitas cousas por ver polo que, dende aquí, vos animamos a que vaiades cos vosos fillos/as a pasar unha tarde, ver a exposición e participar nunha morea de obradoiros e contacontos que están dispoñibles para os nenos/as.

Podedes visualizar a programación e todo o relacionado co "Salón do Libro" en www.salondolibro.org 

Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben!

mércores, 30 de marzo de 2016

PRÓXIMA SAÍDA VENRES 1 DE ABRIL

Informarvos que o próximo venres 1 de abril levaremos a cabo unha nova SAÍDA todo os nenos e nenas do 2º ciclo de infantil.

A saída consiste en acudir ó "XVII Salón do libro" no pazo de cultura de Pontevedra para asistir á representación da obra "As peripecias de Extravaganzza Pérez", cunha duración de 40 minutos aproximadamente.

É moi importante que traiades firmada da casa a AUTORIZACIÓN que se enviou onte martes a través dos nenos/as. Calquera dúbida, poñédevos en contacto co titor/a do voso fillo/a.

domingo, 20 de decembro de 2015

SAÍDA Á PASTELERÍA E LUDOTECA

O pasado martes os Pequechos fomos visitar a ludoteca de Moaña e a pastelería: LA NUBE ROSA. Na ludoteca xogamos a un montón de cousas (piscina de bolas, o supermercado, casiña, futbolín, coches, xogos de mesa, disfraces...) e na pastelería amasamos para facer un boliño e puxemos o chocolate. Ah! e enviamos esas cartas tan especiais que fixemos con tanto agarimo para as nosas familias.

ASÍ DE BEN O PASAMOS OS PEQUECHOS DE 3 ANOS...

xoves, 7 de maio de 2015

A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS

Hoxe os Pequechos de Tirán fixemos unha saída a Vigo para ver a obra musical: A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS. 
A compañía Magín Blanco contounos a historia de amizade entre unha nena e un grilo a través das súas cancións. 
Encántanos facer saídas, ir no autobús, merendar nos xardíns da praza de Compostela... Mirade que ben o pasamos!

 Podedes ver neste vídeo un pouquiño da obra...
 








domingo, 1 de marzo de 2015

DALÍ CONTADOR DE HISTORIAS.

O pasado venres os pequechos de 5 anos fixemos unha saída para coñecer un pouquiño máis a Dalí, pois xa sabíamos algunhas cousiñas sobre el (como eran os seus bigotes, a que se dedicou, como se chamaban os seus pais e a súa irmá pequena, coñecimos algunhas das súas obras...). 
Na visita á exposición descubrimos que Dalí fixo un montón de gravados de Don Quijote e Sancho Panza e que debuxaba cousas moi raras. Por iso no taller fixemos uns debuxos combinando partes de animais e ensináronnos como se facían os gravados. 
UN RESUMO DA NOSA SAÍDA...