Amosando publicacións coa etiqueta proxecto do MAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto do MAR. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de novembro de 2018

ANIVERSARIO DE VERA

O pasado martes conmemoramos na nosa aula o aniversario de VERA, que cumpríu 5 ANOS.
Ademáis do rico biscoito con forma de peixe, a nosa compañeira agasallounos cuns fermosísimos contos sobre unha BALEA. Encantounos!



Moitas grazas VERA e moitas felicidades!

xoves, 18 de outubro de 2018

Cousas do MAR

Na aula de 5 anos seguimos a coñecer un pouco do noso MAR, tanto os crustáceos coma outros animais mariños, xogando, divertíndonos e aprendendo de xeito paralelo.

Nesta liña, o recuncho da "casiña" tenderá a desaparecer para darlle máis protagonismo ao MAR, liña transversal que guiará case todo o noso aprendizaxe neste curso escolar, e os nenos/as, a través do seu xogo simbólico, recrearán vivencias, experiencias, outras as imaxinarán e farán súas,... e sentiranse mariñeiros/as, pescadores, biólogos, etc.

Comezamos un novo curso escolar a través do MAR! Navegas connosco?? :)



Varios intres nos que o alumnado está pescando



Bibliografía nova aportada polos nenos/as da aula








Coñecendo aspectos varios sobre o MAR

mércores, 3 de outubro de 2018

O CANGREXO

Despois de aprender cousas acerca dos PEIXES a semana pasada, ésta tocou descubrir cómo son os CANGREXOS, as partes do seu corpo, as semellanzas e diferenzas con outros CRUSTÁCEOS,...
O titor trouxo á aula un cangrexo seco que atopou na praia para que o noso alumnado poidera tocalo, velo e contar as súas patas. O noso compañeiro LUCAS foi máis aló expoñendo, a través do recuncho das letras, o seu sentimento de mágoa hacia dito animal.




luns, 24 de setembro de 2018

Comezamos o curso escolar

O pasado mércores 12 de setembro comezamos un novo curso escolar cargado de novas ideas e ilusións para desenvolver este ano académico no que o principal protagonista será O MAR (tema central do noso colexio).

Desexamos contar, unha vez máis, con toda a comunidade educativa, en especial cos nosos infantís e as súas familias, para que o noso alumnado esté motivado e queira aprender máis desta temática connosco.

Benvidas/os a este novo curso escolar 2018 / 2019 !!!