Amosando publicacións coa etiqueta suxerencias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta suxerencias. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de maio de 2014

XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

Queremos propoñervos un plan para esta fin de semana.

Una ano mais, e xa van 15, as rúas, prazas e xardíns de Redondela, serán o escenario de artistas, músicos e titiriteiros de todo o mundo. 

Preme na imaxe para visitar a páxina do festival con toda a información 

O XV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES contará con compañías de Rusia, Portugal, Ecuador, Francia, Chile ou Italia, e Cataluña, Madrid e Galicia (entre outras).

Preme na imaxe para ver a programación do festival

Non perdades a oportunidade de desfrutar cos vosos pequechos dunha Redondela chea de marionetas de fios, títeres tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, teatro de rúa e un feixe de sorpresas.

Como cada ano estará montado o Mercadiño Titiriteiro e ademais este ano publican o cd “SON TITIRITEIRO”, cunha edición limitada do que haberá un concerto o sábado.


Preme na imaxe para saber algo mais de "Sontitiriteiro"

Que saibades que prácticamente todos os espectáculos, obradoiros, xogos... son de balde, so se pagan os espectáculos de sala.

Alí estaremos desfrutando do ambiente titiriteiro....
....vémonos en Redondela????

martes, 1 de abril de 2014

COCIÑANDO CONTOS

Sabedes que está en marcha o XV salón do libro infantil e xuvenil?... ay e sentimos non poñer antes esta entrada para que vos animedes a ir a Pontevedra algunha tarde a escoitar un conto, facer un obradoiro, ver a exposición de traballos.... que ademais este anos son contos cociñados a fogo lento con ingredientes de primeira calidade.

Aínda están toda esta semana, se pinchades na imaxe iredes directos á páxina web con toda a información.

Se vos animades a ir.... contádenos que tal!!!

http://www.salondolibro.org/edicion/2014/o-men%C3%BA-est%C3%A1-case-listo