Amosando publicacións coa etiqueta aniversarios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aniversarios. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de xuño de 2019

CELEBRACIÓN DE ANIVERSARIOS DO VERÁN

A semana pasada, conmemoramos na aula xunto ao resto dos nosos compañeiros/as, os aniversarios de IRENE e RUI que cumprirán anos na época estival.



MOITAS FELICIDADES POR ADIANTADO!!

martes, 11 de xuño de 2019

Aniversario de EDGAR

O luns conmemoramos na nosa aula o aniversario de EDGAR, que xa cumpríu 6 ANOS.



FELICIDADES EDGAR !!

luns, 13 de maio de 2019

MAIS ANIVERSARIOS

Hoxe celebramos na aula de 5 anos máis aniversarios. Neste caso, tocoulles o turno a LÍA E VALENTINA. Aos biscoitos tan ricos que trouxeron, puxémoslles a vela de 6 ANOS


FELICIDADES VALENTINA E LÍA !

luns, 29 de abril de 2019

Aniversario de Paula

Hoxe conmemoramos na nosa aula o aniversario de PAULA que cumpre 6 ANOS xa!


MOITAS FELICIDADES PAULA!!

venres, 5 de abril de 2019

Aniversarios de Mateo e Diego

Esta semana conmemoramos na aula os aniversarios de DIEGO e MATEO que xa cumpriron os 6 ANOS de idade.
Celebrámolo todos xuntos degustando un riquísimo biscoito acompañado de zumes e algunha lambetada.

MOITAS FELICIDADES DIEGO E MATEO!
FELIZ CUMPREANOS!!


luns, 25 de febreiro de 2019

6 ANOS XA

Hoxe conmemoramos os primeiros aniversarios deste 2019 na aula de 5 anos (6º Educ. Infantil).

Os homenaxeados foron DYLAN e UNAI que xa cumpren 6 ANOS.
Os primeiros da clase en chegar a esta cifra!! E como non, celebrámolo cantándolles o "Cumpreanos feliz" en varios idiomas, e degustando os biscoitos que ambos os dous trouxeron á aula.
Moitas grazas e moitas felicidades!


FELICIDADES DYLAN E UNAI !!

xoves, 20 de decembro de 2018

ANIVERSARIOS AULA 5 ANOS

Esta semana conmemoramos na nosa aula os derradeiros aniversarios de 5 ANOS.
A partires de agora comezaremos a cumprir xa 6 ANOS!

Desta vez, celebramos os cumpreanos de LEO, ENZO e DENÍS.



FELICIDADES polos vosos 5 ANOS!!

venres, 16 de novembro de 2018

ANIVERSARIO DE VERA

O pasado martes conmemoramos na nosa aula o aniversario de VERA, que cumpríu 5 ANOS.
Ademáis do rico biscoito con forma de peixe, a nosa compañeira agasallounos cuns fermosísimos contos sobre unha BALEA. Encantounos!



Moitas grazas VERA e moitas felicidades!

mércores, 31 de outubro de 2018

ANIVERSARIO DE TEO

Hoxe conmemoramos na nosa aula o aniversario de TEO que xa cumpre 5 ANOS!


Moitas felicidades TEO

luns, 8 de outubro de 2018

Aniversario de CARLA

Hoxe luns celebramos o aniversario da nosa compañeira CARLA, que xa cumpre 5 ANOS.
Degustamos un rico biscoito, felicitámola e cantámoslle todos xuntos as cancións de "Cumpreanos feliz" tanto en galego coma en inglés.


FELICIDADES CARLA !


Postal de felicitacións para CARLA realizada polos nenos/as da súa aula

martes, 25 de setembro de 2018

Aniversarios de Lucas e Uxío

Na nova aula de 5 anos comezamos o curso escolar con dous aniversarios, o de LUCAS e UXÍO, que quixeron compartir connosco este bonito momento. Ademáis os seus compañeiros/as desexáronlles un feliz cumpreanos nunha bonita postal que elaboraron todos xuntos!



FELICIDADES LUCAS E UXÍO !!!

luns, 18 de xuño de 2018

Entre o venres pasado e hoxe luns, conmemoramos na aula os aniversarios de EDGAR, de IRENE e de RUI.

Algún xa cumpríu os 5 ANOS e outros o farán chegado o verán. A todos eles...

MOITAS FELICIDADES!


Cumpreanos de EDGAR


Celebración conxunta de IRENE e RUI

venres, 11 de maio de 2018

ANIVERSARIO DE LIA

Hoxe celebramos na nosa aula o aniversario de LIA, que xa cumpre 5 anos!
Degustamos unha rica bica e unhas galletas caseiras, despois de lle cantar o cumpreanos feliz en galego e inglés! Ademáis, coincidindo coas Xornadas Interculturais no noso centro, e que os papás de RUI viñeron a falarnos do país veciño (Portugal), lle cantamos tamén a LIA no idioma portugués!

PARABÉNS LIA !!


venres, 4 de maio de 2018

ANIVERSARIO DE PAULA

O pasado luns 30 de abril celebramos o aniversario de PAULA, que xa cumpríu 5 ANOS, cantando, coma sempre o cumpreanos feliz e o "happy birthday", e tomando un rico biscoito.


FELICIDADES PAULA!!!

luns, 30 de abril de 2018

Aniversario de Leire López

Hoxe, na aula de 3 anos, festexamos un novo aniversario. A nosa compañeira Leire xa ten 4 anos!!!



PARABÉNS COMPAÑEIRA!!

venres, 13 de abril de 2018

Aniversarios de Diego e Mateo

Hoxe celebramos na nosa aula os aniversarios de DIEGO e de MATEO.
Coma sempre, tras cantarlles o "cumpreanos feliz" e o "happy birthday", degustamos un biscoito casero moi rico e uns poucos gusanitos.

Felicidades rapaces, xa tendes 5 ANOS!


martes, 3 de abril de 2018

ANIVERSARIO DE NEREA

Hoxe na aula de 3 anos celebramos un novo aniversario. Esta vez foi a nosa compañeira Nerea a encargada de preparar, xunto coa súa familia, un rico biscoito para festexar que xa ten 4 anos.



PARABÉNS COMPAÑEIRA!

sábado, 17 de marzo de 2018

Aniversarios de Aitana e Gael

Neste mes celebramos o aniversario de dous compañeiros, PARABÉNS.







Aniversario de MARA

Onte disfrutamos na nosa aula do aniversario de MARA que cumpríu 5 ANOS!

Tras a tradicional elaboración e decoración da súa propia coroa, así como da dedicatoria nunha postal por parte do alumnado da clase, celebramos o cumpreanos no tempo da merenda.
Cantamos, como de costume, o "cumpreanos feliz" e o "happy birthday", e degustamos un biscoito moi rico!


FELICIDADES MARA

martes, 13 de marzo de 2018

Novos aniversarios

Dende que comezou este ano 2018, as nenas e nenos da aula de 4 anos, que están de aniversario, están a cumprir xa 5 anos, como foi o caso de DYLAN e de UNAI.

Moitas felicidades para ámbolos dous!


ANIVERSARIO DE DYLAN


ANIVERSARIO DE UNAI