Amosando publicacións coa etiqueta educación artistica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación artistica. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de marzo de 2017

OS PETOS DE LORETO

Un novo conto chegou a nosa aula: OS PETOS DE LORETO. Unha historia cargadiña de imaxinación e versos rimados. Todo o que Loreto imaxina sae do seus petos.
Mirade os petos que creamos, chulos chulos!



Somos ou non grandes diseñadores! Quen sabe, pode que nun futuro sexa esta a nosa profesión para algún de nós!

domingo, 6 de novembro de 2016

SILUETAS

Cada semana facemos a silueta do protagonista da semana.  É el ou ela, o encargado/a de deseñar e pintar a súa propia vestimenta. Xa temos tres siluetas chulísimas que decoran as paredes da nosa clase.

sábado, 22 de outubro de 2016

SEGUINDO O CAMIÑO

O pasado xoves os Pequechos de 4 anos fixemos uns cadros en relieve moi chulos, utilizando "gusanitos de cores". En realidade son PlayMains, son moi fáciles de usar porque pegan só co contacto dunha toallita húmeda. Estivemos muy concentrados facendo a actividade e entusiasmados pegando as boliñas. Pódense utilizar para facer un montón de cousas. Só fai falta imaxinar e.....crear!!
Nós os empregamos para seguir o camiño, esa foi a instrucción da profe. Algún empezamos por un lado, outros polo outro...algún as puxemos más xuntiñas, outros menos, algúns as aplastamos un pouquiño, outros as colocamos con moito coidado.... pero o certo é que todos o fixemos moi ben e disfrutamos coa actividade.






Bonitos, bonitos!


Agora decoran a nosa clase!





luns, 16 de maio de 2016

CADROS DE CÍRCULOS

 
Así de bonito está o museo cos nos nosos cadros, todos feitos con círculos (de témpera e utilizando pincel). Todos con círculos, algúns máis grandes, outros máis pequenos, de moitas cores, de poucas, moitos círculos, poucos... pero todos preciosos!!!
 




 
SOMOS GRANDES ARTISTAS!
 

luns, 18 de abril de 2016

PORTAS CHEAS DE EMOCIÓNS

Como sabedes os Pequechos de 3 e 4 anos estamos traballando as emocións a partir do conto EL MONSTRUO DE COLORES. A semana pasada estivemos pintando con témperas e esponxas cada monstruo segundo a súa emoción. Mirade que ben pintamos e que bonitas quedaron!




AS PORTAS DO EDIFICIO DE INFANTIL CARGADAS DE EMOCIÓNS!