Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de febreiro de 2018

Entroido 2018: Castrexas/os

Un ano máis, celebramos o Entroido no noso colexio.
Este curso, seguindo coa temática dos nosos proxectos de aula (e de ciclo), convertémonos en auténticas CASTREXAS/OS, caracterizándonos como a xente daquela época!

Disfrutamos do día todos xuntos, levando a cabo a xa tradicional merendola con postres típicos destas festas aportadas polas familias; e dado que o tempo nolo permitíu, tamén da camiñata polo barrio de Tirán, como de costume, co resto da comunidade educativa que nos quixo acompañar neste tempo de lecer.

A continuación tendes varias instantáneas deste día:


(AULA 3 ANOS)


(AULA 4 ANOS)


(AULA 5 ANOS)



 



 (Distintos intres da merendola)

xoves, 9 de marzo de 2017

O ENTROIDO NA AULA DE 5 ANOS

NAS ÚLTIMAS SEMANAS O ALUMNADO DA AULA DAS BOLBORETAS FESTEXOU O ENTROIDO POR TODO O ALTO.

PARA COMEZAR DISFRAZÁMONOS DE CORREDORES DA MILLA.


PERO TAMÉN, APROVEITANDO O PROXECTO QUE ESTAMOS A LEVAR A CABO NA NOSA AULA E ACHEGÁNDONOS UN POUCO MÁIS O ANTIGO EXIPTO CARACTERIZÁMONOS COMOS AUTÉNTICOS EXIPCIOS, PARA O CAL TIVEMOS QUE PREPARAR OS DIFERENTES ACCESORIOS: COLARES E  COROAS (AS NENAS DECORAMOS A NOSA COROA O NOSO GUSTO PEGANDOLLE DIFERENTES ACCESORIOS E OS NENOS TIVEMOS QUE PINTAR E MONTAR O NOSO "NEMÉS").


MIRADE QUE GUAPOS QUEDAMOS!!



VELAQUÍ VAN VARIAS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE BONITO QUEDOU O NOSO DISFRACE:















AÍNDA QUE O ENTROIDO XA REMATOU A AULA DE 5 ANOS SEGUE A SÚA VIAXE POLO ANTIGO EXIPTO... NON NOS PERDADES DE VISTA!.


martes, 28 de febreiro de 2017

MINIOLIMPIADAS DE TIRÁN 2017

A SEMANA PASADA, APROVEITANDO O PROXECTO "TIRÁN SAUDABLE" QUE SE ESTÁ LEVANDO A CABO A NIVEL DE CENTRO, ASÍ COMO A TEMÁTICA SOBRE A CAL NOS DISFRAZAMOS O VENRES DE ENTROIDO, A AULA DE 4 E 5 ANOS DECIDIMOS LEVAR A CABO UNHAS MINIOLIMPIADAS. ENTRE OS OBXETIVOS QUE PRETENDEMOS ACADAR DESTACAN:
  • FAVORECER HÁBITOS SAUDABLES A TRAVÉS DA PRÁCTICA DE DIVERSOS DEPORTES.
  • PROMEVER VALORES QUE SE DESPRENDEN DO DEPORTE: SOLIDARIDADE, RESPETO, AMIZADE...
  • COÑECER NOVOS DEPORTES.
  • VIVENCIAR UNHA EXPERIENCIA OLÍMPICA.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI COÑECER QUE ERA ISO DAS MINIOLIMPIADAS, VER VÍDEOS E COÑECER O PRINCIPAL SÍMBOLO OLÍMPICO (OS AROS OLÍMPICOS) E O SEU SIGNIFICADO.


DO MESMO XEITO COÑECEMOS OUTROS SÍMBOLOS OLÍMPICOS COMO SON O FACHO E A MASCOTA DAS OLIMPIADAS, A CAL NO NOSO CASO FOI A CURUXA.

Ó SEGUINTE DÍA TIVO LUGAR A CERIMONIA E INAUGURACIÓN, NA CAL PRENDIMOS O FACHO OLÍMPICO E COLABORAMOS TODOS NO SEU TRASLADO ATA O XIMNASIO (ONDE SE MANTERÍA ATA O ÚLTIMO DÍA DAS MINIOLIMPIADAS).



O SEGUINTE DÍA, PREPARAMOS CADA UN O SEU DORSAL, CO CAL APROVEITAMOS PARA TRABALLAR A SERIE NUMÉRICA E ORDENARNOS DE MENOR A MAIOR.


E POR FIN COMEZARON AS PROBAS DEPORTIVAS:


1º) FIXEMOS UNHA CARREIRA DE RELEVOS, PARA O CAL NOS DIVIDIMOS EN CATRO EQUIPOS.




2º) SALTO DE LONXITUDE.



3º) SALTO DE ALTURA.


4º) LANZAMENTO DE PESOS.



O XOVES FOI O ÚLTIMO DÍA DAS NOSAS MINIOLIMPIADAS E PARA CELEBRAR A CERIMONIA DE CLAUSURA E RECIBIR AS MEDALLAS DE CAMPIÓNS CADA UN DE NOS TROUXO AS SÚAS MELLORES GALAS, MIRADE SENÓN!



AQUÍ TENDES UN VÍDEO RESUMO DAS NOSAS PRIMEIRAS MINIOLIMPIADAS! SEN DÚBIDAS, AS MÁIS ESPECIAIS POR SER AS PRIMEIRAS E POR COINCIDIR EN ESTAS DATAS DE ENTROIDO (CEREMONIA DE INAUGURACIÓN CON PERRUCAS, COMPETICIÓNS COA CARA PINTADA E ENTREGA DE MEDALLAS EN PIXAMA) JAJAJAJA. DIVERTÍMONOS DOBREMENTE!
8541473&k=1811513&loop=1">
Mini Olimpiadas 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

sábado, 6 de febreiro de 2016

OS "PEQUECHOS LEÓNS" CELEBRAMOS O ENTROIDO

E chegaron os leóns ó cole de Tirán, invadindo aulas, o patio e as rúas de Tirán!!

ARROZ DE CORES

Moitos de nós pensabamos que o arroz era sempre de cor amarelo ou negro. Pero a semana pasada descubrimos que o arroz, cando o mercamos no supermercado, é de cor branco e que se pode converter en arroz de moitas cores. Queredes saber como o fixemos? O que si sabedes é para o que o empregamos. Para facer as nosas maracas!!
 
Precisamos:
  • RECIPIENTES CON AUGA (tantos coma cores teñamos).
  • ARROZ (antes de mesturalo hai que poñelo a remollo para que solte o almidón).
  • COLORANTE ALIMENTICIO.
Botamos auga e colorante nos recipientes.

 


 Botamos o arroz.
 3º O deixamos reposar durante unas horas.

O sacamos dos recipientes e o deixamos secar.
 
 
Unha vez seco o mesturamos. E xa o temos listo para encher as nosas maracas!


 
AQUÍ ESTÁN! LISTAS PARA DISFRUTAR O ENTROIDO!
 

luns, 1 de febreiro de 2016

Os mandatos da Curuxa

Xa tedes dispoñible na páxina web do noso centro os "MANDATOS DA CURUXA".
Comezamos os mandatos o martes día 2.

Para saber o que corresponde cada día, estade atentos/as ós tablóns de anuncios do centro e a través da nosa páxina web!

E a disfrutar do ENTROIDO!

venres, 22 de xaneiro de 2016

ENTROIDO 2016

Estimadas familias:
Debido a todos os problemas xurdidos a raiz da reunión sobre o entroido, as mestras de 4º e 5º de Educación Infantil decidiron que o traxe que leven os nenos e nenas será o proposto inicialmente:

- casaca/ vestido/peto de tela de pelo corto marrón.
- barriga fieltro beige.
- base negra ou marrón por debaixo.
- melena de goma eva na cabeza que faremos no cole.
- tira de pelo largo marrón duns 20 cm.

Se queredes que nos fagamos cargo de encargar a goma eva para a melena dos adultos podedes anotar a cantidade de planchas que necesitedes (recordade que as dos nenos xa contamos nós con elas)
Unha mamá se ofrece a traer as telas ó cole, pero só traerá as que se lle encarguen. Podedes anotar os encargos na nota que se adxunta debaixo e entregala ó titor a través dos nenos o LUNS 25 pola mañá para que podamos avisala. As familias que o desexen poden mercar as telas pola súa conta. Os prezos que nos ofrece a tenda “El Dedal” son os seguintes:

TRAXE NENOS
TRAXE PAPÁS
Tela vestido: 2,50 €
Fieltro barriga: 0,50 €
Tira pelo: 0,50 €
Total nenos: 3,50 €

Tela vestido: 5 €
Fieltro barriga: 0,50 €
Tira pelo: 0,50 €
Goma Eva: 1€
Total papás: 7,00 €


Recordade que o vindeiro martes día 26 as mestras de 4º e 5º de Infantil faremos o obradoiro de confección de disfraces ás 16:00 horas nas aulas de infantil. As persoas que encarguen as telas as terán que recoller e pagar ese mesmo martes.
Os papás e mamás da clase de 6º de Infantil que queiran poderán encargar as telas e unirse ó obradoiro do martes.
Un saúdo, as mestras de Infantil.




domingo, 15 de febreiro de 2015

O ENTROIDO DOS PEQUECHOS

O pasado venres celebramos o entroido no cole. Este foi o ano dos SÚPER HEROES! O pasamos xenial aínda que non puidemos saír polas rúas co noso super disfrace e os nosos super poderes. A pesar de todo pasámolo moi ben.

Mirade mirade o vídeo!






luns, 24 de marzo de 2014

O entroido con Miró

Coma sóese dicir...mellor tarde ca nunca!! Así que aquí tendes unha pequena mostra de coma os cativos e cativos demostran o pequenos grandes artistas que son!

Por iso, nas datas do Entroido coñecemos un pouquiño a Miró e o seu cadro “El carnaval del Arlequín”, co cal, poñendo a nosa atención a traballar, buscamos, atopamos e recoñecemos formas, cores, animais... e o ARLEQUÍN, o cal fíxonos moita graza.

Aquí vos deixamos o cadro para que xoguedes tamén a atopalo!
Unha vez que o atopamos puxémonos mans a obra e decoramos o noso propio arlequín así coma tamén tivemos tempo para poder crear as nosas propias obras ou incluso imitar as do propio Miró cos bloques lóxicos xogando así coas formas e as cores.
E aquí a mostra:


domingo, 9 de marzo de 2014

OS PIRATAS DE TIRÁN

Esta semana foi moi cortiña, só dous días! E como aínda estábamos en medio do entroido, quixemos despedir a semana por todo o alto... así que os pequechos de Tirán pasamos a ser os Piratas de Tirán!

O xoves e o venres traballamos coas profes preparando os sombreiros e os papagaios que todo bo pirata debe lucir 



Pola mañá coñecimos un cangrexo moi divertido, que estaba durmido e tivemos que espertalo!!


Este cangrexo tiña dous contos de piratas para nós, e queremos recomendarvos estes contos tan xeniais que nos encantaron: O pirata pata de lata e O capitán calabrote. Os dous son de Kalandraka


Aquí vos deixamos un pequeno adianto do conto do Pirata pata de Lata.


 

Cando todos tivemos o gorro listo, o papagaio no ombro, o parche no ollo, e as cicatrices (porque os piratas son moi peleones e as veces levan mordiscos dalgún tiburón)... dispuxémonos a conquistar os mares de Tirán!!




E mentres estábamos xogando polos mares de Tirán, recibimos a noticia de que un tesouro se agochaba no noso patio, así que todos nos unimos para buscalo, e por suposto, para repartir o botín.
Ademais as profes tiñan outra sorpresa, unhas súper espadas piratas que todos levamos para casa.


Despedimos o ENTROIDO 2014... o ano que ven: mais e mellor!

mércores, 5 de marzo de 2014

AS SÚPER FRESAS CONQUISTAN TIRÁN

O venres foi un día moi especial no cole, un día de festa rachada!!

Pasámolo en grande e estamos moi contentos porque a chuvia nos deixou saír a lucir os nosos fabulosos disfraces.

Antes de saír a desfilar por Tirán, tivemos unha merenda moi especial na que degustamos delicias de entroido feitas polas familias....só podemos dicir: ñam, ñam, ñam... mirade as nosas caras que o din todo!
Os superheroes precisan moita enerxía para voar moooooi alto, e as orellas, filloas... son un combustible fantástico :)



Despois de coller enerxías as súper froiteiras axudáronnos a vestir os traxes de súper fresas... as súper capas e os súper antifaces... listos para saír a vivir mil aventuras... verdade que estabamos requeteguapos?

3 anos

4 anos

5 anos


Estábamos desexando saír a pasear aproveitando que a chuvia marchara a descansar un pouquiño.... que emociooooon!




Aquí vos deixamos algunhas fotos para os que non tivestes a sorte de vernos en directo... si queredes pasar pola galeria de fotos da web do cole... alí hai moitas mais fotos e poderedes ver a todas as súper froitas!! GALERIA FOTOS DO COLE