Amosando publicacións coa etiqueta clase 3 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clase 3 anos. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de xuño de 2018

Aniversario de Sofía

Hoxe, na aula de 3 anos, festexamos o último aniversario deste curso.
Aínda que será no verán cando Sofía cumpra os 4 anos non queríamos perder a ocasión de celebralo todos xuntos!


Parabéns Sofía!!

luns, 30 de abril de 2018

Aniversario de Leire López

Hoxe, na aula de 3 anos, festexamos un novo aniversario. A nosa compañeira Leire xa ten 4 anos!!!



PARABÉNS COMPAÑEIRA!!

martes, 3 de abril de 2018

ANIVERSARIO DE NEREA

Hoxe na aula de 3 anos celebramos un novo aniversario. Esta vez foi a nosa compañeira Nerea a encargada de preparar, xunto coa súa familia, un rico biscoito para festexar que xa ten 4 anos.



PARABÉNS COMPAÑEIRA!

sábado, 17 de marzo de 2018

Somos Arqueólogos


Todo o alumnado de Educación Infantil converteuse por un día en Arqueólogo,
desenvolvendo as labores de excavación, limpeza e extración de osos antigos.

QUE BEN O PASARON.













¡¡¡ OSOS PREHISTÓRICOS !!!

luns, 5 de marzo de 2018

ANIVERSARIO DE ALEXANDRE

HOXE, NA AULA DE 3 ANOS, FESTEXAMOS O ANIVERSARIO DE ALEXANDRE CUN DELICIOSO BISCOITO!!


PARABÉNS COMPAÑEIRO!!

mércores, 31 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

HOXE OS PEQUECHOS DE 3 ANOS CONMEMORAMOS, XUNTO CO RESTO DO CENTRO, O DÍA DA PAZ.

UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS FOI TRABALLAR VOCABULARIO, O CAL PREPARAMOS PARA COLABORAR NO MURAL QUE A TEACHER ROSA PREPAROU PARA A OCASIÓN.



PERO TAMÉN PARTICIPAMOS NA ACTIVIDADE "KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE" EN FAVOR DE "SAVE THE CHILDREN", PARA O CAL NOS PUXEMOS UNS DORSAIS E SAÍMOS A CORRER Ó PATIO.

QUE BEN O PASAMOS!



domingo, 21 de xaneiro de 2018

A PREHISTORIA NA AULA DE 3 ANOS

ESTA SEMANA, NA AULA DE 3 ANOS, COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE UN NOVO PROXECTO RELACIONADO COA NOSA MASCOTA: A PREHISTORIA.

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI COÑECER COMO VIVÍA A XENTE DAQUELA ÉPOCA E DECIDIMOS AMBIENTAR UN POUCO A NOSA CLASE CREANDO O RECUNCHO DA COVA, A CAL ENCHEMOS DE DEBUXOS, TAL E COMO FACÍAN OS PREHISTÓRICOS.


ADEMAIS COÑECEMOS A VESTIMENTA QUE EMPREGABAN, A CAL ESTABA FEITA CON PEL DOS ANIMAIS QUE CAZABAN, E MESMO TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE CONVERTERNOS EN AUTÉNTICOS CAVERNÍCOLAS!!
MIRADE QUE GUAPAS E GUAPOS ESTAMOS XUNTO COA NOSA MASCOTA MANNY!




mércores, 10 de xaneiro de 2018

ANIVERSARIO DE IVÁN

NA AULA DE 3 ANOS FACEMONOS MAIORES!!
HOXE CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DO NOSO COMPAÑEIRO IVÁN, CO CAL ESTREAMOS A CANDEA DO NÚMERO 4!!!


PARABÉNS CAMPIÓN!

martes, 5 de decembro de 2017

SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

A SEMANA PASADA, CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN A NIVEL DE CENTRO DA "SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL", NA AULA DE 3 ANOS RECIBIMOS A VISITA DE VARIAS FAMILIAS QUE SE ACHEGARON A CONTAR HISTORIAS EN GALEGO.

CON ELAS COMPARTIMOS UN MOMENTO DIVERTIDO NO CAL COÑECEMOS OS SEGUINTES CONTOS:


 -DE QUÉ COR É UN BICO: CO CAL XOGAMOS CON BICOS DE DIFERENTES CORES.




-MACARIO DROMEDARIO: GRAZAS A EL DESCUBRIMOS QUE OS DROMEDARIOS TEÑEN UNHA SOA XIBA (A CAL SE LLE ENCOLLÍA O PROTAGONISTA DE TANTO CHORAR).




-O CONTO DO CASTOR: UN CONTO DE ELABORACIÓN PROPIA CO CAL DESCUBRIMOS UN NOVO ANIMAL E AS SÚAS PRINCIPAIS CARACTERÍSTICAS, PERO CO QUE TAMÉN NOS ACHEGAMOS A UNHA AVE MOI IMPORTANTE NO NOSO COLE... A CURUXA!.



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN !!

martes, 14 de xuño de 2016

APIPOLIS

Aquí poderedes atopar toda a información sobre a granxa de abellas á queímos ir de excursión todos os pequechos o vindeiro martes.

MÁIS OBRADOIROS: novo postre,obra de arte e aparello.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.


No obradoiro de arte seguimos coñecendo a PAUL KLEE. Esta vez imitamos unha das súas técnicas: Sacar a pasear unha liña. Tamén observamos a súa obra de arte :Bailando por miedo e fixemos unha adaptación da mesma.







E no obradoiro de reciclaxe fixemos uns paus de chuvia chulísmos con tubos de cartón, palillos e arroz.




E no obradoiro de cociña fixemos unhas palmeiras de chocolate que estaban boísimas! E non tiramos nada, que o aproveitamos todo todiño.














domingo, 12 de xuño de 2016

OBRADOIRO DE FROITAS TROPICAIS

Esta semana os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obroiro de froitas tropicais. Algunhas delas xa as coñeciamos, o plátano ou banana, pero outras foron todo un descubrimento para nós: a papaia, o coco e o mango. Experimentamos as súas texturas, observamos como eran tanto por dentro como por fora, e quen se atreveu as probou todas. Sorprendeunos moitísimo a dureza do coco (precisamos un martelo e facer moita forza para poder abrilo) e o seu líquido (algún dixo que sabía a leite aínda que era transparente coma a auga), o doce que estaba o mango e a súa gran pepita, o grande que era a papaia e a súa cor alaranxada e a gran cantidade de pepitas negras que tiña. A froita que máis nos gustou, foi, sen dúbida, a piña. Estaba boísima! Tiña un moitísimo zume e estaba súper doce!









Aquí están algunas das foitas, teñen diferente cor por dentro que por fora! Iso tamén o aprendimos no obradoiro!