Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectoescritura. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de outubro de 2018

O CANGREXO

Despois de aprender cousas acerca dos PEIXES a semana pasada, ésta tocou descubrir cómo son os CANGREXOS, as partes do seu corpo, as semellanzas e diferenzas con outros CRUSTÁCEOS,...
O titor trouxo á aula un cangrexo seco que atopou na praia para que o noso alumnado poidera tocalo, velo e contar as súas patas. O noso compañeiro LUCAS foi máis aló expoñendo, a través do recuncho das letras, o seu sentimento de mágoa hacia dito animal.




martes, 25 de setembro de 2018

Motivación na Lectoescritura

Qué seríamos capaces de facer nós con motivación? Chegaríamos ao mesmo resultado e do mesmo xeito sen ela? Pois co noso alumnado sucede exactamente o mesmo, e máis en temas complexos como a lectoescritura na que a algún neno/a lle pode resultar fascinante pero a outros/as todo o contrario.

Neste caso, aproveitamos calquer detalle que lles entusiasme para intentar xogar coas letras, motivándoos, ben dende o proxecto, ben dende querer escribirlle algo aos seus pais/nais, compañeiros/as,... e todo aquelo polo que os nosos nenos/as sintan interese. Desta maneira tamén ven o sentido práctico e a funcionalidade de poder escribir.

A continuación deixámosvos os primeiros detalles dos nenos/as da aula por quererse comunicar:

 (PROFE ALBERTO ME CAES MUY BIEN)

 (ALBERTO SONIA DE LA CLASE DE CINCO AÑOS)


(CANGREJO, TORTUGA, AGUJA, PEZ MOTOSIERRA)

xoves, 19 de abril de 2018

Correspondencia co CEIP Seara

Hoxe a mestra Gemma, facendo labores de carteira, trouxonos unha CARTA. Viña dirixida á nosa aula. E o remitente era a aula de 4 ANOS do CEIP Seara, aquí en MOAÑA tamén. Que grata sorpresa! Contestáronnos!

Dentro do sobre contábannos que recibiran a nosa carta, presentáronse, faláronnos de que están a coñecer e aprender cousas sobre as abellas, e agasalláronnos cuns debuxos de cada un dos alumnos/as desa aula, así como unha pulseira (feita por eles/elas) para cada un de nós.
Moitas grazas! Marchamos contentísimos para a nosa casa!

E esperamos contestarlles moi pronto. Polo de agora, xa lles fixemos uns debuxos de cada un de nós hoxe pola mañá, encabezado tamén polo texto "Me llamo..."


mércores, 21 de marzo de 2018

Galletas de Dinosaurios

Hoxe, as nenas e nenos de 4 anos, fixemos GALLETAS con forma de DINOSAURIOS (dado que estamos a traballar a PREHISTORIA).

Despois de falar na asemblea de qué necesitábamos, así como os hábitos de hixiene necesarios, fomos para o comedor do noso cole a elaborar as galletas. Seguindo as indicacións da receta, vendo cada un dos ingredientes (e falando deles), mesturando nun bol, amasando coas nosas mans, estirando a masa cun rodillo, e finalmente meténdoas no forno 8 minutos e degustando "in situ" a primeira fornada!

E qué ricas estaban! Levamos cada un de nós, 3 galletas de dinosaurios para a casa!

Como veredes a continuación, a maiores traballamos a lectoescritura e as TIC. Aquí vos deixamos varias instantáneas feitas polos nenos/as da propia aula!
















martes, 20 de febreiro de 2018

Carta de VALENTINA

Ao comezo deste segundo trimestre chegou á nosa aula unha CARTA.
Qué raro! De quen será e para quen é?

Aproveitamos os momentos adicados ás asembleas para abrila e leela todos xuntos.

Era unha postal da nosa benquerida amiga VALENTINA!

Puxémonos todos de cor laranxa! Qué bonita sorpresa! Estábanos a felicitar o Nadal e este novo ano que comeza!


E decidimos, tamén en consenso dentro da asemblea, que lle queríamos escribir á nosa amiga, contándolle todo o que nos apeteza, cousas da aula preferentemente, que facemos, que estamos aprendendo, de que nos disfrazamos este ano,...

Agora que xa a temos lista, estes días procederemos a enviala, desexando que lle chegue, lle guste, saiba algo máis de todos nós, e sexa unha agradable sorpresa como foi para nosoutros recibir a súa!

venres, 20 de outubro de 2017

Nota ás familias

Despois de varios días de motivación, onte, na aula de 4 ANOS, pensamos e decidimos, entre todos, que nota elaborar para enviar posteriormente ás familias. E hoxe completamos dita nota co noso nome, o nome do noso colexio, e co nome do proxecto (A PREHISTORIA).


xoves, 14 de setembro de 2017

A CURIOSIDADE

Ás veces NON nos decatamos de que A CURIOSIDADE que sente un neno/a é o primeiro paso para a súa aprendizaxe e, polo tanto, cometemos o erro de non deternos e adicarlle o seu tempo correspondente a saciar dita curiosidade, aportando materiais, ideas, estratexias, liberdade para explorar, manipular,... para que sexa o propio neno/a quen descubra unha nova realidade.

Estes días temos uns elementos novos na aula, letras imantadas, aspecto que xerou, só nalgúns nenos/as por agora, esa curiosidade. Manipuláronas libremente e pouco a pouco déronse conta que con elas podían formar palabras e..., cál é a palabra que máis coñecen? Pois o seu propio nome!


UXÍO


UNAI


mércores, 26 de abril de 2017

A ESCRITURA EXIPCIA: XEROGLÍFICOS E DEBUXOS DE PERFIL

SEGUINDO CO NOSO PROXECTO SOBRE EXIPTO, NA AULA DAS BOLBORETAS DESCUBRIMOS QUE OS EXIPCIOS DEBUXABAN AS FIGURAS DE PERFIL E TRATAMOS DE IMITALOS, MIRADE QUE ARTISTAS SOMOS!


ADEMAIS, SEGUINDO COA ESCRITURA EXIPCIA, O ENCARGADO DE CADA DÍA PREPARA UN XEROGLÍFICO QUE OS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DEBERÁN DESCIFRAR O DÍA SEGUINTE, TRABALLANDO ASÍ A LECTOESCRITURA. ENCÁNTANOS!

mércores, 22 de marzo de 2017

ESCRIBIMOS COMO OS EXIPCIOS!

NOS ÚLTIMOS DÍAS NA AULA DAS BOLBORETAS DESCUBRIMOS A ESCRITURA EXIPCIA: ELES NON EMPREGABAN LETRAS SENÓN DEBUXOS!!!

PABLO TROUXO UNHA CAMISETA NA QUE SE RECOLLE O ABECEDARIO COS CORRESPONDETES DEBUXOS PARA CADA LETRA. MIRADE QUE CHULA!


INCORPORAMOS Ó RECUNCHO SOBRE EXIPTO CREADO NA AULA UN ABECEDARIO EXIPCIO E DECIDIMOS REPRESENTAR O NOSO NOME IGUAL QUE ELES, MIRADE QUE BONITOS QUEDARON SOBRE O PAPIRO!




NOS PRÓXIMOS DÍAS COMEZAREMOS A DESCIFRAR XEROGLÍFICOS... ESTADE ATENTOS!

domingo, 29 de xaneiro de 2017

OS NOSOS APELIDOS

Os Pequechos de 4 anos empezamos a semana pasada a identificar os nosos apelidos. Sabemos que un apelido ven de papá e outro de mamá. Tamén sabemos que a mairía das veces o noso primer apelido ven de papá pero otras non. O principio facíanos moita graza eso de chamarnos con "eses nomes tan raros" pero pouco a pouco estamos acostumándonos a eles. Agora, os nomes e apelidos están nun panel que temos na porta da aula, cada vez que os necesitemos acudiremos a el.
Fixemos xenial a ficha, na que tiñamos que ordealos segundo as instrucións da profe e colorear a estrela da mesma cor do carteliño correspondente.





xoves, 2 de xuño de 2016

ANIVERSARIO DE CARLA

AINDA QUE O ANIVERSARIO DE CARLA FOI O PASADO MARTES, NÓS CELEBRÁMOLO NA AULA HOXE XOVES XUNTO CO RESTO DOS SEUS COMPAÑEIROS/AS.

NESTA OCASIÓN, OS NENOS/AS QUIXERON FELICITALA ESCRIBÍNDOLLE NO ORDENADOR DA AULA OS SEUS MELLORES DESEXOS (E DE PASO SEGUIMOS A TRABALLAR A LECTOESCRITURA APOIÁNDONOS NAS TIC).

FELICIDADES POLOS TEUS 6 ANIÑOS!


mércores, 20 de abril de 2016

Traballando a lectoescritura a través do ordenador da aula

Na aula de 5 anos, e seguindo os obxectivos marcados no "Plan Anual das TIC" do noso centro para este curso 2015/2016, traballase a lectoescritura, entre outras formas, a través do ordenador da aula.

Seguindo o artigo de Miriam Nemirovsky "La enseñanza de la lectura y la escritura y el uso de soportes informáticos", as nenas e nenos elaboran e producen os seus propios textos. Para iso, axudámonos de programas de edición de textos, da motivación e da aprendizaxe significativa, para que todo o que fagan teña un sentido e un significado.

A continuación podedes ler algúns dos exemplos producidos polos propios nenos/as:

NORMAS DE CLASE



CORRESPONDENCIA

CUENTO INVENTADO




martes, 19 de maio de 2015

XOGO DAS FAMILIAS

Onte os Pequechos de 5 anos xogamos ás familias por equipos, de forma cooperativa. Cada equipo tiña que formar unha familia de palabras: cores, transportes, profesións e comidas.




O FIXEMOS XENIAL!!!!