Amosando publicacións coa etiqueta clase 4 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clase 4 anos. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de marzo de 2018

Somos Arqueólogos


Todo o alumnado de Educación Infantil converteuse por un día en Arqueólogo,
desenvolvendo as labores de excavación, limpeza e extración de osos antigos.

QUE BEN O PASARON.













¡¡¡ OSOS PREHISTÓRICOS !!!

martes, 20 de xuño de 2017

YOGIC: EL CUENTO DE LAS MARIPOSAS

Hai algunhas semanas os Pequechos de 4 anos comezamos a practicar YOGIC, unha modalidade de ioga pensada para os máis pequenos. Axúdanos moito a relaxarnos e estas últimas semanas fainos moita falta, necesitamos vacacións!!!!!
Podedes practicar na casa, aos Pequechos encántalle! No YouTube podedes atopar outros contos de YOGIC, animádevos!!!

xoves, 8 de xuño de 2017

ESCOLA DE MÚSICA

Onte mércores 7 de xuño realizamos a xa tradicional SAÍDA á "Escola de música de Moaña" na que, un ano máis, nos amenizaron con fermosas cancións e unha pequena interpretación. Este ano, asistimos ó "Circus Músicus". Gustounos moito!




domingo, 28 de maio de 2017

PROTAGONISTA XABI

A semana  pasada Xabi foi  o noso protagonista. Falounos da súa familia, do seu conto favorito: O Monstro de Cores e do moito que lle gustan os dinosaurios e os Súper Heróes. Incluso trouxo un disfrace de Spiderman! Cando se puxo a careta non o recoñeciamos. Observamos o pequeniña que era a súa roupa de cando el era bebé, non deixa de sorprendernos... como é posible q hai uns anos fóramos tan pequenos?

A súa mamá Diana, o seu irmá Unai e o seu avó Gabi, viñeron ó cole para facer uns saltamontes chulísimos feitos con pinzas e limpa pipas e para xogar o xogo das sillas e das estatuas musicais.
O pasamos xenial! Foi un placer a visita familia! Moitas grazas! E volver ter a Unai na aula da profe Marta un privilexio. Recordando tempos pasados. Como medran os Pequechos!
Moitas felicidades Xabi! Ben merecida tes a medalla de protagonista! Eres un campión!

xoves, 25 de maio de 2017

GUSANOS DE SEDA

Dende fai varias semanas os Pequechos de 4 anos temos 10 gusanos de seda. Os coidamos con moito cariño. Cada día o encargado ou encargada foi o responsable de darlle de comer e axudar a profe a limpar as cacas. O primeiro que supemos destes bichiños foi que comen follas de moreira, a devoran! É o único que comen e teñen que estar ben fresquiñas! 
Todos os gusanos teñen nome: Rayo, Bella, Ana, Olaf, Pitufo, Osito, Donatello, Spiderman, Lila e Hull. Os eleximos entre todos, sobraron propostas! 

Así eran os gusanos cando chegaron...

 Vivían nesta caixiña de zapatos.

Aquí están os nosos gusanos preparados para pasar o seu primeiro fin de semana fora da nosa clase.
Os coidamos tan ven nas nosas casas que chegaron moi gordiños!
Contra todo pronóstico, os gusanos o segundo fin de semana que viaxaron as nosas casas comezaron a botar seda e construir a súa crisálida, así que quedaron nas caixiñas de transporte.  







mércores, 24 de maio de 2017

FLORES EVOLUTIVAS

O luns da semana pasada para conmemorar o Día da Familia, como sabedes, fixemos uns cadros preciosos das nosas familias. Os Pequechos de 4 anos, ademáis, decoramos o papel de regalo dunha maneira especial, facendo FLORES EVOLUTIVAS para traballar as RELACIÓNS ESPACIAIS. A consigna foi: pegar pegativas idénticas ó redor da fotografía e ó completar unha volta coller outro tipo de pegatinas e colocalas ó redor das anteriores.
Este foi o resultado...


É curioso como cada un de nós percibe o espacio pero bonitos quedaron todos!

martes, 16 de maio de 2017

PROTAGONISTA LUCAS

A semana pasada o trono do protagonista estivo ocupado por Lucas. Falounos moitísimo da súa familia pero, sobre todo, da súa irmá pequena Nerea. Cantaunos un montón de cancións co micrófono da súa radio molona, ensinounos a Wally, contounos cal e era a súa comida preferida, os xoguetes... Sabemos que a Lucas lle encanta pintar con témperas e xogar a pillar.

A súa mamá Susi viu ó cole para bailar a canción favorita de Lucas: Fun o mercado e para facer uns broches súper chulos cunha plastilina especial. E coñecimos a Nerea! Unha bebé preciosa e moi boiña que estivo durmindo todo o tempo!
Moitas grazas Susi encantounos o baile e facer os broches. Quedaron preciosos!
 Moitas felicidades Lucas! Xa tes a túa medalla de protagonista! Ben merecida a tes! Noraboa campión!



sábado, 6 de maio de 2017

SEGUIMOS "ARTISTEANDO" CON VAN GOGH: LIRIOS

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO" no noso obradoiro de arte semanal. Esta vez pintamos o cadro LIRIOS de VAN GOGH, utilizando esponxas en forma de flor e témpera líquida. Cada un elaborou o cadro o seu gusto: con poucos lirios, con moitos, moi marcados, máis difuminados, hacia a dereita, hacia a esquerda, cara arriba... Pero todos preciosos e con estilo propio!
OS NOSOS LIRIOS


Sen dúbida, somos grandes artistas, quen sabe se algún de nós acabará sendo tan famoso como VAN GOGH! Potencial hai moito!

A CANCIÓN DAS VOGAIS

AosPequechos de 4 anos encántanos esta canción tan marchosa das vogais, é moi pegadiza. Queredes escoitala?


luns, 1 de maio de 2017

DAVID FALA SOBRE OS INSECTOS PAU

A semana pasada recibimos unha visita moi especial, David, o irmá de Lucía, visitou a nosa clase para falarnos sobre os insectos pau. Contounos un montón de cousas interesantísimas e descoñecidas para nós, e respondeu ás nosas dúbidas. Díxonos que hai máis de 3000 especies destes insectos, que se alimentan de silveiras fresquiñas e non beben auga directamente, teñen alas pero non voan senón que as usan para espantar a outros insectos... e moito máis! Todas e todos estivemos moi atentos as súas explicacións. O fixo moi moi moi moi ben! Todo un experto! Moitas grazas David! Encantadísimos coa túa charla! 
Despois das explicacións fixemos turnos para coller un dos insectos pau, quen quiso claro, que fomos a maioría, incluida a profe Marta!

 Rematamos a sesión facendo un debuxo do insecto, algúns con moitos detalles, incluidas as ás no tórax. Aproveitamos para contar ata doce, xa que é a lonxitude que adoitan ter estes bechos.


HOTEL BECHOS

Fai unhas semanas inauguramos o noso Hotel 3 estrelas para bechos. Disfrutamos moitísimo nas horas de recreo, non só nós, tamén os nosos compis de tres e cinco anos. Todos os insectos que atopamos os levamos para alí, para que teñan unha vida máis confortable no noso hotel. Ademáis, cando imos a Milla traemos alguna cousiña para mellor as condicións do hotel: piñas, paus, follas... Encántanos recolectar!

Moitas grazas familias por colaborar para a creación desde estupendo hotel, especialmente ó avó Tucho por facer a estructura principal. Grazas a todos e todas por apoiar as nosas iniciativas!

domingo, 30 de abril de 2017

PROTAGONISTA NICO

Esta semana o trono do protagonista estivo ocupado polo noso Súper Héroe favorito Nico. Falounos dos seus papás e do seu irmá Teo que está a punto de nacer, da súa cor favorita que tanto lle recorda os seus Súper Héroes preferidos, do lugar donde vive, limos o seu conto preferido descifrando as imaxes e xogamos un montón cos xoguetes que trouxo na maleta, incluido co malvado de Batman que era moi feo e aterrador!!

 A súa mamá, Maika, viu ó cole para facer capas de Súper Héroes, cada un recortamos a nosa capa, cun pouquiño de axuda, e a personalizamos. Eleximos un antiface que ela mesma confeccionou e todos nos convertemos en Súper Héroes!!!

Moitas grazas Maika!! Pasámolo xenial eloborando as capas pero sobre todo disfrutamos a tope converténdonos en Súper Héroes!!!!
 Moitísimas felicidades Nico, eres un campión! Ben merecida tes esa medalla!