Creamos un novo apartado no noso blog, para que os vosos pequechos poidan divertirse con actividades moi interesantes e educativas.
O apartado chámase BLOGS DE INTERESE.
O primeiro enlace é o dun blog chamado AULA TIC TERRA DE FERROL
Amosando publicacións coa etiqueta recursos dixitais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos dixitais b>. Amosar todas as publicacións
venres, 30 de xaneiro de 2015
mércores, 14 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014: XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO
Esté sábado, día 17, é o día das letras galegas. No cole celebrarémolo o venres, cun día especial no que faremos un montón de xogos cos que aprender mais deste poeta e tamén do galego, que é a nosa lingua.
Aquí vos deixamos uns xogos que fixeron as profes con nos, para que aprendades un pouco mais de Xosé María Díaz Castro, ao mesmo tempo que pasades un ratiño divertido.
Esperamos que vos gusten, pinchade nas imaxes e accederedes a cada un deles.
Este xogo LIM é unha das actividades do Seminario Galán
![]() |
LIM do EDLG do ceip plurilingüe San Xoan de Filgueira
Este LIM chéganos dende a biblioteca do Ceip Mallón
luns, 7 de abril de 2014
XOGANDO COS SENTIDOS: 1. O OIDO
Dentro do proxecto dos alimentos, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a disfrutar dos alimentos.
Na clase de 4 anos estamos xogando con cada un dos sentidos para
aprender moito mais. O venres dedicamos a mañá ao sentido do oído.
Primeiro estivemos pensando o importante que é este sentido e o problema que sería non telo. Falamos sobre as persoas que non poden escoitar, e como fan para comunicarse.
Descubrimos que os xordos utilizan unha linguaxe de signos para comunicarse. Estivemos vendo un video para aprender moitas palabras... e foi moi interesante... practicamos moito e aprendemos un montón de palabras en lingua de signos.
Queredes seguir practicando na casa? aquí vos deixamos o vídeo que usamos na clase e que nos encantou!
Despois, tocou afinar os nosos oídos e fixemos un pequeno concurso por equipos... todos terminamos sendo super gañadores! Tiñamos que recoñecer diferentes sons: da casa, do parque, etc...
Queredes xogar? pinchade na imaxe deste blog de audición e linguaxe e iredes directos ao xogo.
Rematamos a mañá con moita marcha... primeiro fixemos un xogo de baile onde tamén tivemos que ter os oidos moi atentos... pasámolo fenomenal e despedimos a semana con moito ritmo!!
A despedida foi un video dunha clase de infantil do colexio Atlántida de Vigo, no que os nenos signaron unha preciosa canción que nos encantou... e tamén bailamos con eles!!
Que sentido nos tocará o próximo día?....
martes, 18 de marzo de 2014
XOGAMOS COS 5 SENTIDOS
Estamos aprendendo que os 5 sentidos nos axudan a coñecer e a disfrutar os alimentos. Ademais de investigar e xogar na clase, estivemos na pizarra máxica e nos ordenadores facendo algúns xogos.
Aqui vos deixamos un de Pelayo e a súa pandilla que nos gustou un montón. Pinchade sobre a imaxé e pasade un bo rato aprendendo cousas dos sentidos.
xoves, 13 de marzo de 2014
A CASA DA MOSCA CHOSCA
Os nenos e nenas da clase de 4 anos limos un conto delicioso: "A casa da mosca chosca" onde a protagonista fai un delicioso pastel de amoras.
A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos conto o final que para os nenos é inesperado e divertido.
Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra.
Mirade as nosas obras de arte
O conto tamén nos serviu para xogar cos números, é xenial para traballar os ordinais, porque vai ordenando os animais segundo van chegando, tamén para traballar operacións matemáticas e facer xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedarán libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e os cardinais, porque cada vez que chega un animal, se recontan os que chegaron máis a anfitriona.
Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca que vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto.
Aqui tedes un adianto do conto para que se vos faga a boca auga como aos personaxes do conto co pastel de amoras ;)
luns, 10 de marzo de 2014
XOGA E APRENDE MOITO SOBRE OS HÁBITOS ALIMENTICIOS
Aquí deixamos outro xogo para que pasedes un bo rato ao mesmo tempo que aprendedes cousas sobre os alimentos.
Preparádevos porque neste xogo hai que facer un montón de cousas diferentes: ir de compras, preparar menús,.... e moitas cousas mais.
Xa sabedes, pinchade na imaxe e a pasalo ben!
A PIRÁMIDE ALIMENTICIA
Os nenos e nenas de infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, e queremos compartir aquí un xogo para que sigades practicando na casa e non olvidedes o que falamos na clase sobre a píramide alimenticia, que nos ensina cales son os alimentos mais importantes.
Pincha sobre a imaxe para acceder ao xogo.
Esperamos que o pasedes fenomenal xogando coa pirámide!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















