Amosando publicacións coa etiqueta actividades cole. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividades cole. Amosar todas as publicacións

xoves, 6 de outubro de 2016

QUENTANDO MOTORES EN 5 ANOS

OS MAIORES DE EDUCACIÓN INFANTIL XA COMEZAMOS TRABALLAR, E O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI DECIDIR ENTRE TODOS UN NOME PARA A NOSA AULA DESTE CURSO. SABEDES CAL É?





ADEMAIS NESTA SEMANA LEVAMOS A CABO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA EDUCACIÓN VIAL GRAZAS A DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO. 
QUE BEN O PASAMOS!


sábado, 7 de maio de 2016

¿DE QUE COLOR ES UN BESO?


 
Esta semana coñecimos a Minimoni, unha rapaza que tiña unha dúbida... quería saber de que cor son os bicos. Ela pintaba cousas de moitas cores pero nunca un bico. Moitos de nós pensabamos que eran vermellos, outros brancos, laranxas e algún  dixo que eran rosas. Minimoi para buscar cal era a súa cor asociaba as cores ás emocións e as cousas que lle gustan e non lle gustan nada de nada.
E nós, imitando o estilo de ANDY WARHOL, eleximos as cores que máis nos gustaron para os nosos bicos.


 

martes, 12 de maio de 2015

CORRELINGUA: Galego, a nosa creación común

Hoxe, baixo o lema: Galego, a nosa creación común, celebrouse o correlingua 2015 en Bueu e os Pequechos de Tirán alí estivemos. Divertímonos moitísimo xogando e bailando sen parar!! 
O que máis nos gustou foi o concerto de Paco Nogueiras e atopar a profe Ana!
Unha pequena mostra...


E estas son as nosas cancións favoritas de Paco Nogueiras do seu disco Brinca Vai!: Meu o mundo é! e No Samaín.

 


 

xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO NO COLE.
A primeira hora da mañá preparamos un mercadillo de libros usados, onde intercambiamos libros que trouxemos das nosas casas cos nosos compañeiros e compañeiras. 
Despois do recreo os maiores do cole léronnos contos en galego, castelán e en inglés. Que ben estabamos no patio do cole, na herba... o sol tamén quiso festexar connosco o día do libro!

Así o celebramos, así de ben o pasamos...


domingo, 16 de novembro de 2014

SAMA, SAMA, SAMAÍNNNN

A semana pasada celabramos o SAMAÍN no colexio. Fixemos moitas cousas: unha degustación de comida, obradoiros de manualidades, de maquillaxe, pintamos un mural... Pasámolo xenial¡¡¡



Este ano escoitamos unha nova canción que nos encantou, titúlase BRINCA VAI, SAMAÍN, e podedes escoitala pinchando no seu título.

Tamén recordamos as que xa coñecíamos de anos anteriores, que nos gustan moitísimo.
LOS ESQUELETOS
SAMAÍN DE MAMÁ CABRA.


Durante esta semana vimos algúns curtos sobre medo. Aquí tendes os enlaces por se queredes velos connosco.
FIZ O COLECIONISTA DE MEDOS
A BRUXA REGAÑADENTES.

sábado, 17 de maio de 2014

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS 2014

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Aínda que hoxe é o día, onte celebrámolo no cole todos xuntos. Queredes saber que fixemos? premede na imaxe e iredes ao blog da biblio onde tedes fotos e videos deste día especial para nós (tedes que velos porque son xeniais!!).


Os pequechos estábamos divididos nos diferentes equipos, pero había probas que nos tocaba resolver a nós sos... aquí tedes algunha foto nosa nunha das probas: 












Todos levamos para casa unha chapa como a que lucimos o día do correlingua... é para regalarlle a alguén e dicirlle: 
PRÉNDETE AO GALEGO!!