Amosando publicacións coa etiqueta protagonista da semana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta protagonista da semana. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de xuño de 2017

OS PROTAGONISTAS

O longo deste curso os Pequechos de 4 anos fomos protagonistas, grandes protagonistas, os mellores protagonistas. Cada semana, sentímonos especias ocupando o trono, de feito así o somos: ESPECIAIS. Cada un de nós somos diferentes pero todos queremos o mesmo: SER FELICES E DISFRUTAR A TOPE DA NOSA INFANCIA.

Moitas grazas familias pola visita semanal: mamás, papás, tías, avoas, avós e irmás. Mil grazas!!! Disfrutamos moitísimo!!!

domingo, 28 de maio de 2017

PROTAGONISTA XABI

A semana  pasada Xabi foi  o noso protagonista. Falounos da súa familia, do seu conto favorito: O Monstro de Cores e do moito que lle gustan os dinosaurios e os Súper Heróes. Incluso trouxo un disfrace de Spiderman! Cando se puxo a careta non o recoñeciamos. Observamos o pequeniña que era a súa roupa de cando el era bebé, non deixa de sorprendernos... como é posible q hai uns anos fóramos tan pequenos?

A súa mamá Diana, o seu irmá Unai e o seu avó Gabi, viñeron ó cole para facer uns saltamontes chulísimos feitos con pinzas e limpa pipas e para xogar o xogo das sillas e das estatuas musicais.
O pasamos xenial! Foi un placer a visita familia! Moitas grazas! E volver ter a Unai na aula da profe Marta un privilexio. Recordando tempos pasados. Como medran os Pequechos!
Moitas felicidades Xabi! Ben merecida tes a medalla de protagonista! Eres un campión!

martes, 16 de maio de 2017

PROTAGONISTA LUCAS

A semana pasada o trono do protagonista estivo ocupado por Lucas. Falounos moitísimo da súa familia pero, sobre todo, da súa irmá pequena Nerea. Cantaunos un montón de cancións co micrófono da súa radio molona, ensinounos a Wally, contounos cal e era a súa comida preferida, os xoguetes... Sabemos que a Lucas lle encanta pintar con témperas e xogar a pillar.

A súa mamá Susi viu ó cole para bailar a canción favorita de Lucas: Fun o mercado e para facer uns broches súper chulos cunha plastilina especial. E coñecimos a Nerea! Unha bebé preciosa e moi boiña que estivo durmindo todo o tempo!
Moitas grazas Susi encantounos o baile e facer os broches. Quedaron preciosos!
 Moitas felicidades Lucas! Xa tes a túa medalla de protagonista! Ben merecida a tes! Noraboa campión!



domingo, 30 de abril de 2017

PROTAGONISTA NICO

Esta semana o trono do protagonista estivo ocupado polo noso Súper Héroe favorito Nico. Falounos dos seus papás e do seu irmá Teo que está a punto de nacer, da súa cor favorita que tanto lle recorda os seus Súper Héroes preferidos, do lugar donde vive, limos o seu conto preferido descifrando as imaxes e xogamos un montón cos xoguetes que trouxo na maleta, incluido co malvado de Batman que era moi feo e aterrador!!

 A súa mamá, Maika, viu ó cole para facer capas de Súper Héroes, cada un recortamos a nosa capa, cun pouquiño de axuda, e a personalizamos. Eleximos un antiface que ela mesma confeccionou e todos nos convertemos en Súper Héroes!!!

Moitas grazas Maika!! Pasámolo xenial eloborando as capas pero sobre todo disfrutamos a tope converténdonos en Súper Héroes!!!!
 Moitísimas felicidades Nico, eres un campión! Ben merecida tes esa medalla!

luns, 10 de abril de 2017

PROTAGONISTA RAMI

A semana pasada, Rami foi o noso protagonista. Falounos da súa familia, dos seus xoguetes favoritos: os Hot Whels, os camións e os coches de policía; da súa comida preferida, os macarróns con kechup... Contounos que non ten can nin gato e ensinounos un álbum moi bonito de cando era bebé. Encantounos xogar co seu helicóptero recollendo coches.
A súa mamá Paula e o seu papá Ramiro viron ó cole para facer uns barquiños moi bonitos, feitos con: corchos, gomas, goma eva de cores e palillos longos. Antes de facelos probamos se flotaba. Comprobamos que navegaba perfectamente! 
Así de chulos quedaron os nosos barquiños, preparados para navegar!
Moitas grazas Paula e Ramiro, encantounos a actividade. Crear para despois xogar! A combinación perfecta.
Moitas felicidades Rami por gañar esa medalla tan deseada, es un campión!


domingo, 2 de abril de 2017

PROTAGONISTA TIAGO

Esta semana o trono estivo ocupado por Tiago. Falounos da súa familia: papá, mamá, tía e avó Lolo, sobre todo. Contounos que o seu conto favorito é Cocorico, que lle encanta comer ovos con arroz e a súa cor favorita é o vermello, como moitos traxes dos súper heroes que tanto lle gustan, ademáis dos coches. Descubrimos que cando era bebé foi modelo, aínda que non se acorda moi ben porque era ben pequeno. Manexa moi ben o seu Spiderman voador. Encantounos xogar cos seus xoguetes.
O seu papá Santi, a súa tía Inés e o seu avó Lolo viron ó cole para ensinarnos como sacar auga dunha garrafa utilizando un tubo e unha billa. Quedamos asombrados! E que ben sabía a auga, repetimos moitas veces!
 Despois fixemos gusanos usando hueveiras e pinturas  moi molonas con témpera flourescente e con purpurina.

Moitas grazas papá, tía e avó, disfrutamos moito da visita!
 Moitas felicidades campión por gañar esa medalla tan deseada! Ben merecida a tes!


domingo, 26 de marzo de 2017

PROTAGONISTA MANUEL

A semana pasada Manuel foi o noso protagonista. Contounos moitas cousas da súa familia, sabemos que os seus papás son grandes músicos (ademáis o comprobamos), tamén nos falou da súa colección de dinos, dos seus contos favoritos, da súa comida preferida, cor, xoguetes... Tamén sabemos que lle encantan os súper heroes e tocar a flauta. E contounos tamén que, as veces, actúa cos seus papás nun escenario!



 A súa mamá María e o seu papá Jorge viñeron ó cole para ofrecernos un concerto único.
A música é extraordinaria, grazas por acercarnos a ela desta forma tan especial.
 Moitas grazas papás por ese súper e especial concerto!
Moitísimas felicidades Manuel por gañar esa medalla de protagonista! Noraboa campión!


domingo, 19 de marzo de 2017

PROTAGONISTA XAVI

A semana pasada Xavi foi o noso protagonista da semana. Falounos da súa familia e da súa cadela Perla, decatámonos que se chama igual ca cadela de Lucía. Falounos dos seus xoguetes favoritos, da súa comida, xoguetes... Limos o seu conto favorito COCORICO, aínda que xa o coñeciamos moi ben do ano pasado, gustounos volver a recordalo.
Tamén nos deleitou cunha peza musical utilizando o seu xilófono. Xavi tocou concentradísimo e todos e todas o escoitamos moi atentos.

 A súa mamá Ángeles viu ó cole a lernos un conto sobre un neno que quería ser mago, a facer uns gorros de mago e tamén para facer maxia!!! Si si, fixo maxia!  Coa a axuda de Xavi e a súa bariña. Quedamos abraiados!
Así de bonitos quedaron os nosos gorros de mago! Moitas grazas Ángeles, encantados polo visita.

 Moitísimas felidades campión por gañar esa merecida medalla!

xoves, 9 de marzo de 2017

PROTAGONISTA LUCÍA

Esta semana o trono estivo ocupado por Lucía. Falounos moitísimo dos seus irmáns: Mara e David, dos seus papás pero sobre todo falounos de súa cadela Perla, que naceu cando ela, e o seu gato Cíes. Ensinounos os seus contos favoritos e as súas bonecas. A súa preferida é Arco Iris, unha boneca negriña. Ensinounos vídeos de cando era pequena, incluido un da súa chegada a casa ó sair do hospital. Que momento tan bonito cando Mara e David a coñeceron! 

 A súa mamá Tania e o seu papá Juan visitáronnos o mércores. Juan contounos o conto dos tres porquiños e trouxo uns debuxiños moi bonitos que Mara fixo sobre a historia dos porquiños. Con Tania fixemos uns calendarios chulísimos, recortando as nosas caras.



 Así de bonitos quedaron! Este é o de Lucía pero cada un ten o seu calendario personalizado!

Moitas grazas papis! O pasamos xenial escoitando o conto e facendo o noso propio calendario! Un placer a visita.

Moitas felicidades Lucía, xa tes a túa medalla de protagonista, ben merecida!

martes, 28 de febreiro de 2017

PROTAGONISTA AITANA

Aitana foi a nosa protagonista a semana pasada, nunha semana moi especial na que cebramos as 1º Mini Olimpiadas de Tirán cos nosos compis de 5 anos e o inicio do entroido cos mandatos da Curuxa. Trouxo a maleta chea cos seus bonecos favoritos: a monito, Eo bebé EMMA, Frozen... Contounos moitas cousas, sobre todo de cando era pequena. Díxonos tamén que o seu conto favorito é Blancanieves y los 7 enanitos e a súa comida preferida a pizza. A moitos de nós tamén nos encanta! Que rica!!!!

 A súa mamá Celeste e o seu papá Alberto viron ó cole para ensinarnos a Pica, una cadela que Aitana quere moito. É moi obediente ás ordes de ela! E tamén a facer unhas simpáticas e bonitas ovellas feitas con tubos de papel e algodón.


 Moitas grazas papás foi un placer para nós a visita!
Noraboa campiona por conseguir esa medalla tan chula, ben a mereces!