Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kalandraka. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de marzo de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os nenos e nenas da clase de 4 anos limos un conto delicioso: "A casa da mosca chosca" onde a protagonista fai un delicioso pastel de amoras. 

A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos conto o final que para os nenos é inesperado e divertido.

Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra. 

Mirade as nosas obras de arte



O conto tamén nos serviu para xogar cos números, é xenial para traballar os ordinais, porque vai ordenando os animais segundo van chegando, tamén para traballar operacións matemáticas e facer xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedarán libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e os cardinais, porque cada vez que chega un animal, se recontan os que chegaron máis a anfitriona.

Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca que vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto. 

Aqui tedes un adianto do conto para que se vos faga a boca auga como aos personaxes do conto co pastel de amoras ;)

domingo, 9 de marzo de 2014

OS PIRATAS DE TIRÁN

Esta semana foi moi cortiña, só dous días! E como aínda estábamos en medio do entroido, quixemos despedir a semana por todo o alto... así que os pequechos de Tirán pasamos a ser os Piratas de Tirán!

O xoves e o venres traballamos coas profes preparando os sombreiros e os papagaios que todo bo pirata debe lucir 



Pola mañá coñecimos un cangrexo moi divertido, que estaba durmido e tivemos que espertalo!!


Este cangrexo tiña dous contos de piratas para nós, e queremos recomendarvos estes contos tan xeniais que nos encantaron: O pirata pata de lata e O capitán calabrote. Os dous son de Kalandraka


Aquí vos deixamos un pequeno adianto do conto do Pirata pata de Lata.


 

Cando todos tivemos o gorro listo, o papagaio no ombro, o parche no ollo, e as cicatrices (porque os piratas son moi peleones e as veces levan mordiscos dalgún tiburón)... dispuxémonos a conquistar os mares de Tirán!!




E mentres estábamos xogando polos mares de Tirán, recibimos a noticia de que un tesouro se agochaba no noso patio, así que todos nos unimos para buscalo, e por suposto, para repartir o botín.
Ademais as profes tiñan outra sorpresa, unhas súper espadas piratas que todos levamos para casa.


Despedimos o ENTROIDO 2014... o ano que ven: mais e mellor!

venres, 7 de febreiro de 2014

BENVIDOS A TODOS E TODAS!!!!!

Estrenamos novo blog en Educación Infantil e estades convidados a visitarnos todas as veces que queirades.

Os pequechos de Tirán queremos compartir con todos as nosas aventuras e que poidades ver o ben que o pasamos aprendendo cousas no cole.


Para empezar queremos presentarvos a Marc Taeger, un gran ilustrador (bueno sabe facer moitas cousas mais, tamén é escultor, diseñador...)

Marc naceu en 1963 Berna (en Suiza!!! alí donde vai a vivir o noso amigo Simón) e fai uns anos que vive en Galicia, en Bueu, moi cerquiña do noso cole. 

Estamos encantados de lucir unha ilustración súa na cabeceira do noso blog, e dámoslle mil grazas por deixarnos usar esta imaxe tan bonita do conto de Garavanciño que nos encanta! 

Nos deixedes de botarlle unha ollada a varios dos contos que Marc ilustrou para Kalandraka, pinchade nos nomes dos contos para ver algo mais deles: Garavanciño, Aquiles o puntiño, Artur, A verdadeira historia de carapuchiña, o cd Tic-Tac.... 

Moitísimas gracias Marc, os pequechos de Tirán estamos encantados lucindo esta ilustración tan chula =) 

Saúdos para todos.... vémonos pronto! 
Animádevos a visitarnos.