Esta semana foi moi cortiña, só dous días! E como aínda estábamos en medio do entroido, quixemos despedir a semana por todo o alto... así que os pequechos de Tirán pasamos a ser os Piratas de Tirán!
O xoves e o venres traballamos coas profes preparando os sombreiros e os papagaios que todo bo pirata debe lucir
Pola mañá coñecimos un cangrexo moi divertido, que estaba durmido e tivemos que espertalo!!
Este cangrexo tiña dous contos de piratas para nós, e queremos recomendarvos estes contos tan xeniais que nos encantaron: O pirata pata de lata e O capitán calabrote. Os dous son de Kalandraka.
Aquí vos deixamos un pequeno adianto do conto do Pirata pata de Lata.
Cando todos tivemos o gorro listo, o papagaio no ombro, o parche no ollo, e as cicatrices (porque os piratas son moi peleones e as veces levan mordiscos dalgún tiburón)... dispuxémonos a conquistar os mares de Tirán!!
E mentres estábamos xogando polos mares de Tirán, recibimos a noticia de que un tesouro se agochaba no noso patio, así que todos nos unimos para buscalo, e por suposto, para repartir o botín.
Ademais as profes tiñan outra sorpresa, unhas súper espadas piratas que todos levamos para casa.
Ademais as profes tiñan outra sorpresa, unhas súper espadas piratas que todos levamos para casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario