A SEMANA PASADA OS PEQUECHOS DE 5 ANOS COMEZAMOS A INVESTIGAR SOBRE OS NOSOS SENTIDOS.
NESTA OCASIÓN TOCOULLE O NOSO COMPAÑEIRO MARIO TRAER INFORMACIÓN SOBRE "O GUSTO" NO NOSO MALETÍN.
MOI ATENTOS O QUE MARIO NOS CONTABA DESCUBRIMOS QUE A NOSA LINGUA CAPTA CATRO SABORES DIFERENTES (CADA UN DELES SITUADO NUNHA ZONA CONCRETA DA LINGUA).
DESPOIS DESCUBRIMOS AS NOSAS "PAPILAS GUSTATIVAS" E AÍNDA QUE A ALGÚN DE NÓS O PRINCIPIO NOS DEU UN POUCO DE NOXO ATOPAR ESES PUNTIÑOS NA NOSA LINGUA, LOGO QUERÍAMOS COLLER Ó ESPELLO CONTINUAMENTE PARA PODER MIRALOS BEN.
RECOLLEMOS O APRENDIDO E APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA PINTAR AS PAPILAS GUSTATIVAS NUNHA LINGUA.
POR ÚLTIMO REALIZAMOS UN OBRADOIRO DE SABORES COA FINALIDADE DE IDENTIFICAR AS SÚAS DIFERENZAS.
DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO O VER AS NOSAS REACCIÓNS O TOMAR SAL PENSANDO QUE ERA AZÚCRE E TAMÉN O TOMAR O LIMÓN.
Amosando publicacións coa etiqueta alimentos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimentos b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 22 de febreiro de 2017
venres, 30 de maio de 2014
PREPARANDO COUSIÑAS PARA CARBALLEDO
Xa sabedes que durante este curso estamos coñecendo aos rapaces do CEIP Plurilingüe de Carballedo. Xa nos presentamos todos nós, as aulas, o cole....
E agora queremos presentarlles a nosa comarca, e que eles fagan o mesmo.
Entre todo o cole estamos preparando unha presentación moi completaa, e aos pequechos tocounos falar sobre a gastronomía propia da nosa zona.
xoves, 29 de maio de 2014
GASTRONOMÍA CARBALLEDO CLASE DE 5 ANOS
XA ESTÁN AQUÍ TODOS OS TRABALLOS SOBRE A GASTRONOMÍA MÁIS TÍPICA DA NOSA COMARCA.
DENDE OS MEXILÓNS ATA OS BOCHOS PASANDO, COMO NON, POLO CHULETÓN DE MOAÑA.
OS NENOS E NENAS DA AULA DE CINCO ANOS FIXERON UNHAS EXPOSICIÓNS MAGNÍFICAS. UN APLAUSO PARA TODOS!!!!
IAGO E EVA NOS ENSINARON UN MONTÓN DE NOMES DE PEIXES E MARISCOS.
PEDRO NOS FALOU DO POLBO, DO MEXILÓN E DO CHULETÓN, MMMMM...
TELMA E DOLO NOS FALARON DOS MEXIÑONS, O MARISCO, A CARNE E AS SARDIÑAS.
NURIA SE ACORDOU DE FALAR DA EMPANADA E DAS ORELLAS.
EVA NOS CONTOU CAL É A MELLOR FORMA DE COCIÑAR UN POLBO.
E DANI A DE COCER AS NÉCORAS.
NICO NOS CONTOU TODO O PROCESO DO MEXILÓN DENDE QUE SE RECOLLE NA BATEA ATA QUE O PODEMOS COMER.
AINOHA NOMEU OS PRODUCTOS DA HORTA QUE CASE TODOS TEMOS .
E XABI ENSINOUNOS A COCIÑAR UNS RICOS BOCHOS. E TROUXO A PROBA A CLASE. ESTABAN BOÍSIMOS!!!
ESPERO QUE DISFRUTÁRADES DE FACER O TRABALLO COS NENOS TANTO COMO NOS DE ESCOITAR AS EXPOSICIÓNS.
BICOS.
mércores, 21 de maio de 2014
mércores, 9 de abril de 2014
PROTA SABELA!!
A semana pasada, na clase de 3 anos, a protagonista foi Sabela, que nos contou moitas cousas de sí mesma, da súa familia, ensinounos fotos... co que descubrimos que hai varios futuros bombeiros e bombeiras na nosa clase!! Ademais, trouxo o seu conto favorito, "O supermercado", que nos permitiu recordar moitas cousas do tema dos alimentos que tratamos polas datas de Entroido, así como vimos nel algúns productos que se obteñen das vacas, proxecto que estamos traballando. Asimesmo, Sabela convertiuse en Blancanieves e representamos entre todos esa historia que tanto lle gusta á nosa prota. Pasámolo fenomenal!! Aquí está una mostra:
martes, 1 de abril de 2014
COCIÑANDO CONTOS
Sabedes que está en marcha o XV salón do libro infantil e xuvenil?... ay e sentimos non poñer antes esta entrada para que vos animedes a ir a Pontevedra algunha tarde a escoitar un conto, facer un obradoiro, ver a exposición de traballos.... que ademais este anos son contos cociñados a fogo lento con ingredientes de primeira calidade.
Aínda están toda esta semana, se pinchades na imaxe iredes directos á páxina web con toda a información.
Se vos animades a ir.... contádenos que tal!!!
martes, 25 de marzo de 2014
BROCHETAS CHEAS DE VITAMINAS
Menuda súper merenda fixemos o venres na clase de 4 anos! Montamos unhas deliciosas brochetas de froita e desfrutamos dunha merenda vitamínica!
Si queredes facer unhas brochetas así de ricas, estade atentos a todos os pasos que debedes seguir:
1. Preparar o sitio onde vas facer as brochetas. Na nosa clase movimos as mesas para traballar mais cómodos, e de paso, entre todos, decoramos o encerado con moitas cores para recordar que a froita ten moitas vitaminas.
2. Lavar as mans: é moooooi importante antes de cociñar, para poder tocar a froita sen problema... e que non se vos olvide pechar o grifo cando rematedes de lavalas! ;)
3. Despois hai que abrir as bolsas, os botes, etc... e lavar moi ben a foita antes de comela.
4. Entre todos preparamos a froita. Tivemos que cortar mazás, melocotóns, piña..., pelar as mandarinas, separar as uvas, etc.
Para facer a limonada tivemos que sacar musculitos exprimindo os limóns jeje... bueno, un dos exprimidores era eléctrico... todos queríamos probalo!!
5. Con toda a froita repartida en pratos chegou o momento de montar as brochetas. Cada un colleu un pincho e elexiu a froita que lle apetecía.
6. O paso final era o mais esperado: a comeeeeeer!
Primeiro probamos a limonada... e as profes fixeron un pequeno experimento con nos... mellor é que o miredes vos mesmos... resumimos dicindo que nunca olvidaremos que a limonada está mais rica con azucre ;)
Foi unha merenda rica, rica, rica!! Queredes ver que brochetas tan deliciosas e coloridas fixemos?
Repetimos as veces que quixemos e comimos moitiiiiiisima froita... dandolle un toque dulce con xarope de chocolate e de fresa... so podemos dicir: ñam, ñam, ñam!
Primeiro probamos a limonada... e as profes fixeron un pequeno experimento con nos... mellor é que o miredes vos mesmos... resumimos dicindo que nunca olvidaremos que a limonada está mais rica con azucre ;)
Foi unha merenda rica, rica, rica!! Queredes ver que brochetas tan deliciosas e coloridas fixemos?
Repetimos as veces que quixemos e comimos moitiiiiiisima froita... dandolle un toque dulce con xarope de chocolate e de fresa... so podemos dicir: ñam, ñam, ñam!
martes, 18 de marzo de 2014
MERENDA CON VITAMINAS
Os nenos e nenas de 4 anos, este venres temos unha merenda moi especial.
Os pequechos foron os encargados de facer a nota para anunciar esta súper merenda.
Estamos desexando que chegue o día e preparar entre todos esta merenda. Xa vos contaremos como foi!
Etiquetas:
alimentos,
clase 4 anos,
cociña,
nota informativa,
obradoiro,
proxecto alimentos
mércores, 12 de marzo de 2014
CONTOS MOI SABROSOS
Na clase de 4 anos, aproveitando que estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, a partir de hoxe, durante uns días, dedicaremos o noso tempo de lectura a ler uns contos moi sabrosos dun libro que se titula: "10 cuentos para abrir el apetito: comecuentos"
Ademais este conto ten na portada algo que nos encanta, unha ruleta que cada día xira o encargado para ver que conto nos toca! Hoxe limos o conto número 9 que se titula: La vaca mágica.
Tamén o queredes ler na casa? Aqui o tedes....
Que conto nos tocará maña?
luns, 10 de marzo de 2014
XOGA E APRENDE MOITO SOBRE OS HÁBITOS ALIMENTICIOS
Aquí deixamos outro xogo para que pasedes un bo rato ao mesmo tempo que aprendedes cousas sobre os alimentos.
Preparádevos porque neste xogo hai que facer un montón de cousas diferentes: ir de compras, preparar menús,.... e moitas cousas mais.
Xa sabedes, pinchade na imaxe e a pasalo ben!
A PIRÁMIDE ALIMENTICIA
Os nenos e nenas de infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, e queremos compartir aquí un xogo para que sigades practicando na casa e non olvidedes o que falamos na clase sobre a píramide alimenticia, que nos ensina cales son os alimentos mais importantes.
Pincha sobre a imaxe para acceder ao xogo.
Esperamos que o pasedes fenomenal xogando coa pirámide!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







































