Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correlingua. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de maio de 2015

CORRELINGUA: Galego, a nosa creación común

Hoxe, baixo o lema: Galego, a nosa creación común, celebrouse o correlingua 2015 en Bueu e os Pequechos de Tirán alí estivemos. Divertímonos moitísimo xogando e bailando sen parar!! 
O que máis nos gustou foi o concerto de Paco Nogueiras e atopar a profe Ana!
Unha pequena mostra...


E estas son as nosas cancións favoritas de Paco Nogueiras do seu disco Brinca Vai!: Meu o mundo é! e No Samaín.

 


 

martes, 13 de maio de 2014

CORRELINGUA 2014

Por fin chegou o día do correlingua.... despois de varios días decorando camisetas, pintando chapas, aprendendo cancións... collimos un bus rumbo a Bueu para atoparnos alí con moitos coles do morrazo e facer xuntos unha gran festa pola lingua galega, a nosa lingua.

Grazas a axuda das familias estivemos listos moi puntuais para coller o bus (grazas a todos!!). Chegamos a Bueu e mentres os de primaria facían unha marcha pola lingua, os peques estivemos facendo xogos tradicionais: pita cega, papachapas, escondite inglés... e xa veredes nas fotos que as profes tamén se implicaron nos xogos jejeje

Despois de merendar (rica froita fresquiña: deliciosos peladillos e saborosas fresas) bailamos con Pablo Díaz e a su banda, que nos cantaron varias cancións dos seus discos: "Tic, tac" e "Toc, Toc".

O mellor é que o vexades vos mesmos... aquí vos deixamos un resumo en fotos. 



E despédimonos cunha foto das nosas profes: Jeni, Noela, Nerea e Ana, co profe Carlos (de educación física), para que vexades que eles tamén fixeron unhas camisetas moi chulas!!

xoves, 8 de maio de 2014

PRÉNDETE AO GALEGO. PREPARANDO O CORRELINGUA

Xa quedan mi poucos días para que se celebre o correlingua do Morrazo en Bueu. O alumnado e profes de moitos coles nos reunimos para facer unha gran festa da lingua galega, porque é nosa e nos fai diferentes. 

No cole estamos preparando moitas cousas e aprendendo un montón de palabras en galego. 
Cada un elexiu unha para decorar unha camiseta que levaremos o día 13 a Bueu... xa veredes que obras de arte! Mirade que concentrados....



Ademais, o día do correlingua levaremos unhas chapas nas que tamén estamos traballando... e o mais emocionante é que todos os nenos e nenas do morrazo están facendo unhas iguais e todos teremos algo igualiño ese día. Estamos traballando e xa vos ensinaremos o resultado: 



O lema das chapas gústanos moito: PRÉNDETE AO GALEGO! Primeiro quixemos entender o significado de prenderse a algo... así que estivemos pensando a que cousas nos prenderíamos e non nos gustaría separarnos... "Eu prenderíame a.... o meu can, a unha torta de chocolate, a flores rosas, a miña avoa, etc..." 
Saliron moitiiiiiisimas frases, estabamos tan motivados que a profe montou un mural para poñela todas. 


Todos os profes que pasaron por infantil fixéronos mil preguntas sobre o noso traballo... encantoulles!

E os papis tamén estaban pasmados co noso traballo e buscando as frases de cada un. 
PRENDETE AO GALEGO!... non o deixes de falar porque nos fai únicos e especiais!
E estade atentos para ver o ben que o imos pasar no correlingua en Bueu. 


Despedímonos cunha pequena presentación das nosas camisetas para que vexades as palabras que eleximos e o chulas que quedaron, ademais, se lle poñedes son, escoitaredes "Mazarico" de Pablo Diaz, unha das cancións que escoitaremos no correlingua.