Amosando publicacións coa etiqueta sorpresas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sorpresas. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xuño de 2014

A NOSA SORPRESA PARA SIMÓN

Recordades que hai uns días AQUÍ vos contamos que Claudia levaba unha sorpresa da nosa parte para Simón?

Agora que xa está nas súas mans podemos poñela aquí para que vexades canto arte viaxou dende Tirán ata Suiza... e cargado con moito amor!!!



Esperamos que vos guste, pero sobre todo esperamos que lle gustase a Simón e que se puxese moi contento coa nosa sorpresa.

sábado, 24 de maio de 2014

UNHA SORPRESA RUMBO A SUIZA

Estas semanas son moi movidas e facemos un montón de cousas.

Entre todas elas, estivemos facendo algo con moitas ganas e ilusión... pero non podemos contar nada mais... de momento!!
A nosa sorpresa xa está en mans de Claudia e viaxando a Suiza.... para Simooooon!!!


Dalle moitísimos bicos de parte de todos nos.

luns, 5 de maio de 2014

ATA SEMPRE PROFE NURIA!

Os pequechos de Tirán estamos contentos porque hoxe a profe Jeni volveu ao cole despois de pasar uns meses na casa coidando ao seu bebé. 

Pero esta benvida ten unha parte triste: o venres despedimos a profe Nuria, que estaba con nos dende novembro. 
Montamos unha gran sorpresa para despedila, porque nos da moita pena que marche.

Decoramos o patio con carteis que expresasen o que sentimos:

Cando tivemos todo preparado chamamos a profe Nuria que quedou coa boca aberta cando nos veu a todos os pequechos alí fora:

E comezou a festa: unha súper merendola e moitas risas e fotos para despedir a profe Nuria:

Fixemos fotos de recordo para non olvidarnos nunca de Nuria e que a profe nunca se olvide de nos:


A profe tamén tiña unha sorpresa moi doce para todos:


E nos fixemos entre todos os pequechos un libro moi especial para que garde de recordo de todos nos... deixámola pasmada!!!

Queredes ver que ben nos quedou?

Un besazo enorme profe Nuria e grazas por todo, 
nunca te olvides dos pequechos de Tirán.