A SEMANA PASADA NA AULA DE 5 ANOS COÑECEMOS UN NOVO CONTO TÍTULADO "MONCHO E A MANCHA".
PERO ANTES DE DESCUBRIR ESTA DIVERTIDA HISTORIA CADA UN DE NÓS DESENVOLVEU O SEU PENSAMENTO CREATIVO E PLASMOU NUN DEBUXO O QUE PENSABA QUÉ PODÍA SER ESA MANCHA.
MIRADE CANTA IMAXINACIÓN!
AQUÍ VOS QUEDA O CONTO PARA QUE DESCUBRADES QUÉ É ESA MANCHA, QUE DE SEGURO ESTADES TAN INTRIGADOS COMA NÓS:
Na HORA DO CONTO da semana pasada descubrimos un novo conto cargadiño de creatividade: NO ES UNA CAJA. A partir dunha caixa creamos: medusas, ourizos, coches de carreiras, pistas de xeo, un trineo, casas, un agasallo, un Power Ranger na súa guarida, un Megazor e ata un Troll!
MOI BOAS!!!
seguemos coas nosas aventuras no mundo da arte e por suposto poñendo en
práctica moitas técnicas de traballo e por suposto a nosa cabeciña a funcionar
pois…. non pensedes que é so pintar…non non, mirade a continuación.
Nun primeiro momento fomos á aula da “pizarra máxica” e puidemos ver a un novo
pintor chamado JACKSON POLLOCK xunto
coas súas obras.
Nese intre, comezamos a pensar como puido pintar aqueles cadros e tras iso…puxémonos mans á obra para facer os nosos propios a través dun traballo cooperativo!!
Dámosvos envexa non si? Pois aquí vos deixamos un
enlace para que poidades xogar en familia coa arte e dun xeito moi divertido!Pinchade na foto de Jackson Pollock pintando que aparece a continuación e vos levará ata alí:
Tras isto…pensabamos como poder facelo nas
nosas aulas e démoslle moitas voltas á cabeza…algunhas das ideas foron: pintar con
froita, tirando a pintura polo aire (algún seguro que quedou coas ganas jeje),
con paos, follas… Ó final, cando chegamos de volta as nosas aulas atopámonos
con distintos instrumentos de traballo: canicas, cepillos dos dentes, coadores
e palliñas.. QUE RARO TODO!!! COMO PODERÍAMOS PINTAR CON ISO!
Tras investigar…este foi o noso proceso
e coma resultado… Uns cadros con “moito movemento” e con mooitas gargalladas
mentres os facíamos!!
Na clase de 3 anos, acabamos de despedir o proxecto dedicado a coñecer máis en profundidade ás vacas, animal que da nome a un dos equipos da clase. Nel aprendimos moitísimo sobre como son as vacas, os compoñentes da súa familia, coñecemos diferentes razas, onde viven, como se alimentan (descubrindo o concepto de rumiante, así como outros animais que o son), os productos que se obteñen a partir delas... Ademáis aprendemos cancións e rímonos con rimas e adiviñas; Todo esto, coa axuda imprescindible das familias, gracias ás que elaboramos este rincón adicado ó proxecto, con libros de información, contos, murais, peluches... e do que os pequechos expoñeron o que aprenderon desa recopilación de información nas súas casas:
Este é un pequeno exemplo de todo o que traballaron:
Tamén, demostraron a súa gran creatividade, coa decoración libre da "Vaca Blanca", a vaca dun poema que quería pintarse de moitas cores para dar iogures de sabores. Aquí tedes unha mostra:
Este é o resultado final, que decora a nosa ventá:
Neste proxecto tamén nos convertemos en cociñeiros!!! Fixemos un batido de fresas con chocolate, empregando, por susposto, a leite da vaca que para tantos pratos e postres se emprega. Mirade todo o proceso:
Primeiro, como sempre que cociñamos, lavamos a mans ben lavadas:
Despois, con todos os ingredientes e utensilios preparados, comezamos lavando ben as fresas
O seguinte paso, foi sacarlles as folliñas ás fresas e cortar tanto estas como o chocolate en anaquiños
Unha vez preparados todos os ingredientes os engadimos á batidora: Fresas, chocolate, leite e azúcar.
Batímolo todo a toda velocidade...
E, por último, o mellor de todo, saborear o resultado!!! Fixádevos na cara dalgúns...chupamos os dedos!! Moitas grazas vaquiña, que coa tua leite fanse cousas riquísimas!!!
E como non podía ser doutra forma, tamén fomos grandes granxeiros!! Ordeñamos á vaca Paca, unha convidada moi especial, da que sacamos un montón de leite!!! Aquí tedes unha mostra:
Aquí tedes a estes super granxeiros en acción:
Esto foi todo por este proxecto, pero agora xa estamos embarcados noutro, dedicado ós leóns. Agradezo unha vez máis a colaboración familia. Xa estamos recopilando moitos recursos para aprender un montón de cousas destes animais!!!
Aínda que ata agora non estivo moito tempo de Primavera, os pequechos de 3 anos quixemos celebrar a súa chegada cambiando a decoración da nosa ventá. A árbore que tiña o frío do inverno encheuse de flores de moitisimas cores, que pintamos con ceras!! e ó seu lado, voan xoaniñas pintadas con pincel e picadas con punzón. As letras de primavera tamén foron obra dos peques, con cera en man. Mirade que bonita quedou:
Ademáis, para celebrar o Día de Árbore (21-3-2014) e o inicio da Primavera, fixemos unhas macetas, a partir de botellas de plástico que trouxemos de casa, que cubrimos con papel hixiénico e cola para facer unha base máis dura, sobre a que despois os pequenos derrocharon a súa creatividade empregando as súas mans, pintura de dedos e moitas cores. Algúns experimentaron e sairon unhas mesturas de cores preciosas!!! Esperemos que pronto podamos plantar flores de primavera e velas crecer. Esta é unha mostra de como as fixemos:
Dende a semana pasada, a porta da aula dos nenos e nenas de 3 anos ten nova imaxe, composta por estrelas feitas con pintura, os dediños e a creatividade dos máis pequenos, sobre un fondo rosa e acompañados da palabra "WELCOME", para darlles cada día a benvida a un mundo cheo de aprendizaxe e diversión, demostrando, por suposto, que somos plurilingües!!! Mirade o resultado: