Amosando publicacións coa etiqueta cancións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cancións. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de maio de 2017

A CANCIÓN DAS VOGAIS

AosPequechos de 4 anos encántanos esta canción tan marchosa das vogais, é moi pegadiza. Queredes escoitala?


martes, 31 de xaneiro de 2017

A CANCIÓN DO INVERNO

Aquí está a nova  canción do inverno: El invierno está llegando, coa que os Pequechos de 4 anos difrutamos moito. Encántonos descifrar os xestos da profe e cantala.
 A nosa árbore mudou, estamos desexando que volva a mudar e lle comecen a sair as flores. Pero mentres seguiremos disfrutando coa canción do inverno.

venres, 18 de novembro de 2016

CANCIÓN DO OUTONO

Este ano, na clase de 4 anos, temos nova canción do outono. Queredes escoitala?

martes, 19 de abril de 2016

HABÍA UN SAPO, SAPO, SAPO

Hai una canción que aos Pequechos de 3 anos nos requeencanta, por iso a queremos compartir. ATENCIÓN ATENCIÓN!

luns, 7 de marzo de 2016

A QUE SABE A LÚA?

 
O conto de hoxe foi A QUE SABE A LÚA? A través da súas páxinas descubrimos a historia duns animaliños que tiñan como obxectivo llegar a lúa porque querían saber cal era o seu sabor. Estivemos moi atentos porque estábamos moi interesados en saber como chegarían os animais tan alto e, sobre todo, igual cos animais, en saber a que sabía a lúa...
 
Ademáis, o conto, recordounos a unha canción que nos gusta moito... LÚA de María Fumaça.
 
 E fixemos a lúa...

 
 
 

martes, 23 de febreiro de 2016

OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ

A todos os Pequechos de Tirán gústanos moito esta versión dos tres porquiño, por iso a queremos compartir! Veña a cantar e bailar!
 
 

domingo, 31 de xaneiro de 2016

DÍA DA PAZ

O pasado venres os Pequechos de Tirán celebramos o día da PAZ E DA NON VIOLENCIA. Aínda que ás veces o esquecemos, sabemos que temos que ser bos amigos e amigas, non pelexar, compartir xoguetes... e este día o recordamos un pouco máis. Celebramos este día cantando cos nosos compañeiros e compañeiras do "cole grande" unha canción de Michael Jackson (Heal The World) moi bonita, que estivemos ensaiando coa teacher Belén.
Ademáis, imitando o estilo de ANDY WARHOL, fixemos un mural precioso cheíño de pombas e coroas e pombas de paz coas nosas mans.



QUE TÓDOLOS DÍAS SEXAN DÍAS DE PAZ AQUÍ E NO RESTO DO MUNDO!

mércores, 25 de novembro de 2015

A CANCIÓN DOS MOSQUITOS

Os Pequechos de 3 anos, despois da asamblea, cantamos a canción dos mosquitos e cando remata corremos a sentarnos ás nosas cadeiras para  que non nos piquen. Ademáis de aprender as partes do corpo divírtenos moito cantala. Escoitade escoitade e correde cando remate, que veñen os mosquitos!!!!
 

domingo, 1 de novembro de 2015

VISITÁRONNOS AS BRUXAS POLO SAMAIN

Os Pequechos recibimos una visita moi especial durante a celebración do Samain, sabedes quen? AS BRUXAS!!! Viñeron voando ata o noso cole nas súas vasoiras para facernos un conxuro e cantarnos una canción de medo...

CELEBRAMOS O SAMAIN!

O pasado xoves os Pequechos de Tirán celebramos o Samin. Foi un día xenial!! Comida terrorífica, debuxos mostruosos, contos de medo, bailes escalofriantes.... VIVA SAMAIN!!!!!
Aquí un resumo do ben que o pasamos...


sábado, 31 de outubro de 2015

CANTAMOS OS BOS DÍAS E OS DÍAS DA SEMANA

Tódolos días os pequechos de 3 anos dámoslle a benvida o novo día cantando unha canción que nos encanta, por iso, queremos compartila con todos vós.
 
 
Tamén cantamos a canción dos días da semana que nos gusta un montón!!!
 
 
QUEREDES APRENDELA CON NÓS?

martes, 20 de xaneiro de 2015

CANCIÓN PARA A PAZ

Esta é a canción que os pequechos imos cantar, xunto cos compañeiros e compañeiras do cole, no día da paz. Escoitade escoitade, ten moito ritmo!


domingo, 11 de xaneiro de 2015

CANTAMOS...UNA HORMIGUITA EN LA PATITA

Os pequechos de 5 anos estamos intentando aprender unha canción moi divertida: TENGO UNA HORMIGUITA EN LA PATITA, gústanos moito aínda que nos resulta un pouco complicado utilizar sempre a mesma vogal, parece un trabalinguas, que risa!!!  


venres, 16 de maio de 2014

EN GALEGO... CON MOITA MARCHA!!

Feliz día das letras galegas a todos, levamos varios días facendo actividades sobre o protagonista deste día: Díaz Grande (xogos, cancións, contos....) e hoxe no cole celebraremos este día todos xuntos: os pequechos cos maiores do cole... porque nos gusta vivir e sentir en galego, que nos fai únicos e especiais.

E por iso compartimos este video con todos vos, descubrímolo grazas aos compis da clase de 5 anos (nos deixedes de visitar o seu blog: HABÍA UNHA VEZ)

Bailade moito con Paco Nogueiras: en galego e con moita marcha!!




E se vos gusta Paco Nogueiras, pasade polo blog da biblio e poderedes ver unha canción súa sobre Xose María Díaz Castro. Premede na imaxe do blog da biblio e iredes directos a ela. 

mércores, 14 de maio de 2014

"ESA LUS" CANTANDO CON XOSE Mª DÍAZ CASTRO

Todos os nenos e nenas do cole estamos aprendendo unha canción para cantar xuntos o venres na celebración das letras galegas que faremos no cole.

Queredes practicala na casa?



Se queredes escoitar mais cancións dos rapaces e rapazas deste instituto, pasade polo blog da biblio. Premede na imaxe para acceder.