Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta edlg. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de maio de 2014

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS 2014

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Aínda que hoxe é o día, onte celebrámolo no cole todos xuntos. Queredes saber que fixemos? premede na imaxe e iredes ao blog da biblio onde tedes fotos e videos deste día especial para nós (tedes que velos porque son xeniais!!).


Os pequechos estábamos divididos nos diferentes equipos, pero había probas que nos tocaba resolver a nós sos... aquí tedes algunha foto nosa nunha das probas: 












Todos levamos para casa unha chapa como a que lucimos o día do correlingua... é para regalarlle a alguén e dicirlle: 
PRÉNDETE AO GALEGO!!



venres, 16 de maio de 2014

EN GALEGO... CON MOITA MARCHA!!

Feliz día das letras galegas a todos, levamos varios días facendo actividades sobre o protagonista deste día: Díaz Grande (xogos, cancións, contos....) e hoxe no cole celebraremos este día todos xuntos: os pequechos cos maiores do cole... porque nos gusta vivir e sentir en galego, que nos fai únicos e especiais.

E por iso compartimos este video con todos vos, descubrímolo grazas aos compis da clase de 5 anos (nos deixedes de visitar o seu blog: HABÍA UNHA VEZ)

Bailade moito con Paco Nogueiras: en galego e con moita marcha!!




E se vos gusta Paco Nogueiras, pasade polo blog da biblio e poderedes ver unha canción súa sobre Xose María Díaz Castro. Premede na imaxe do blog da biblio e iredes directos a ela. 

xoves, 15 de maio de 2014

"O NENO E A ESTRELA". XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO NUN CONTO

Hoxe queremos compartir con todos vos un conto perfecto para ler estos días que homenaxeamos a Xose Mª Díaz Castro: O NENO E A ESTRELA


O neno e a estrela é un conto dirixido aos lectores máis novos. É un conto editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno baseado no seu poemario NIMBOS.

O protagonista desta historia é Díaz Castro cando era neno. El é quen atopa unha estrela que caeu do ceo e foi dar a un pozo de auga da súa aldea de Guitiriz. O rapaz é o encargado de devolver a estrela ao seu lugar no universo. Nas ilustracións represéntase un mundo de lusco-fusco, anterior á existencia do sol. 

Desexamos que desfrutedes con este conto. Podedes lelo premendo na imaxe. 

mércores, 14 de maio de 2014

"ESA LUS" CANTANDO CON XOSE Mª DÍAZ CASTRO

Todos os nenos e nenas do cole estamos aprendendo unha canción para cantar xuntos o venres na celebración das letras galegas que faremos no cole.

Queredes practicala na casa?



Se queredes escoitar mais cancións dos rapaces e rapazas deste instituto, pasade polo blog da biblio. Premede na imaxe para acceder.

LETRAS GALEGAS 2014: XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO

Esté sábado, día 17, é o día das letras galegas. No cole celebrarémolo o venres, cun día especial no que faremos un montón de xogos cos que aprender mais deste poeta e tamén do galego, que é a nosa lingua.

Aquí vos deixamos uns xogos que fixeron as profes con nos, para que aprendades un pouco mais de Xosé María Díaz Castro, ao mesmo tempo que pasades un ratiño divertido. 

Esperamos que vos gusten, pinchade nas imaxes e accederedes a cada un deles. 


Este xogo LIM é unha das actividades do Seminario Galán


Este LIM chéganos dende a biblioteca do Ceip Mallón 

martes, 13 de maio de 2014

CORRELINGUA 2014

Por fin chegou o día do correlingua.... despois de varios días decorando camisetas, pintando chapas, aprendendo cancións... collimos un bus rumbo a Bueu para atoparnos alí con moitos coles do morrazo e facer xuntos unha gran festa pola lingua galega, a nosa lingua.

Grazas a axuda das familias estivemos listos moi puntuais para coller o bus (grazas a todos!!). Chegamos a Bueu e mentres os de primaria facían unha marcha pola lingua, os peques estivemos facendo xogos tradicionais: pita cega, papachapas, escondite inglés... e xa veredes nas fotos que as profes tamén se implicaron nos xogos jejeje

Despois de merendar (rica froita fresquiña: deliciosos peladillos e saborosas fresas) bailamos con Pablo Díaz e a su banda, que nos cantaron varias cancións dos seus discos: "Tic, tac" e "Toc, Toc".

O mellor é que o vexades vos mesmos... aquí vos deixamos un resumo en fotos. 



E despédimonos cunha foto das nosas profes: Jeni, Noela, Nerea e Ana, co profe Carlos (de educación física), para que vexades que eles tamén fixeron unhas camisetas moi chulas!!

xoves, 8 de maio de 2014

PRÉNDETE AO GALEGO. PREPARANDO O CORRELINGUA

Xa quedan mi poucos días para que se celebre o correlingua do Morrazo en Bueu. O alumnado e profes de moitos coles nos reunimos para facer unha gran festa da lingua galega, porque é nosa e nos fai diferentes. 

No cole estamos preparando moitas cousas e aprendendo un montón de palabras en galego. 
Cada un elexiu unha para decorar unha camiseta que levaremos o día 13 a Bueu... xa veredes que obras de arte! Mirade que concentrados....



Ademais, o día do correlingua levaremos unhas chapas nas que tamén estamos traballando... e o mais emocionante é que todos os nenos e nenas do morrazo están facendo unhas iguais e todos teremos algo igualiño ese día. Estamos traballando e xa vos ensinaremos o resultado: 



O lema das chapas gústanos moito: PRÉNDETE AO GALEGO! Primeiro quixemos entender o significado de prenderse a algo... así que estivemos pensando a que cousas nos prenderíamos e non nos gustaría separarnos... "Eu prenderíame a.... o meu can, a unha torta de chocolate, a flores rosas, a miña avoa, etc..." 
Saliron moitiiiiiisimas frases, estabamos tan motivados que a profe montou un mural para poñela todas. 


Todos os profes que pasaron por infantil fixéronos mil preguntas sobre o noso traballo... encantoulles!

E os papis tamén estaban pasmados co noso traballo e buscando as frases de cada un. 
PRENDETE AO GALEGO!... non o deixes de falar porque nos fai únicos e especiais!
E estade atentos para ver o ben que o imos pasar no correlingua en Bueu. 


Despedímonos cunha pequena presentación das nosas camisetas para que vexades as palabras que eleximos e o chulas que quedaron, ademais, se lle poñedes son, escoitaredes "Mazarico" de Pablo Diaz, unha das cancións que escoitaremos no correlingua. 

luns, 7 de abril de 2014

UN LIBRO SAE DE TIRÁN RUMBO A CARBALLEDO

Sabedes que estamos coñecendo moitas cousas do cole de Carballedo? Grazas aos equipos de dinamizacion da lingua galega, levamos todo o curso facendo actividades para coñecelos e que eles nos coñezan, e compartir moitas cousas.

Esta vez tocou ensinarlles o noso cole, así que todos nos pusimos mans a obra!!
Estas son as páxinas que presentamos os pequechos de Tirán:

A clase de 3 anos

A clase de 4 anos

A clase de 5 anos

Antes de mandar o libro para Carballedo, quixemos velo en detalle, e os nenos e nenas de 4º baixaron a infantil para ensinarnos o libro montado aos de 3 e 4 anos... moitas grazas!



Queredes ver o resultado final? o libro montado por todo o alumnado e profes de Tiran: