Amosando publicacións coa etiqueta proxecto alimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto alimentos. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de maio de 2014

REUTILIZANDO PAPEL: VIVAN OS FOLLETOS DO SUPER!

Hoxe, falando sobre a importancia de reutilizar papeis e darlle varios usos (pronto vos explicaremos cousas sobre o que estamos investigando....) os pequechos recordaron como aproveitamos os folletos do super que normalmente van ao lixo.

Ainda que xa rematamos o proxecto dos alimentos, aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que bo uso lle demos  aos folletos... despois de ver as ofertas!


xoves, 1 de maio de 2014

DOUS CONTOS PARA PEGARLLES UN BOCADO

Na clase de 4 limos dous contos no proxecto dos alimentos que rematamos fai pouco tempo e queríamos pasar por aquí para falar deles e que todos vos animedes a lelos.



O primeiro foi o da Oruga glotona. A teacher Rosa, a dos maiores (coñecedes o seu blog? esta xenial! pinchade no nome e poderedes velo: ENGLISHNART4FUN), deixounos o conto en ingles, e tamén o limos en galego e castelan... ademais a profe tamén o tiña en aleman.... foi moi divertido e de paso aprendimos a decir bos dias en alemán: Guten Morgen ;)

Coa oruga aprendimos que non nos podemos pasar comendo chuches, e que é moi importante comer de todo. Ademais axudounos a repasar os días da semana, contamos moito con todas as cousas que comeu, e moitas cousas mais.

Así que, como aprendimos tanto coa oruga, fixemos a portada dos nosos traballos deste trimestre dedicada a ela, e quedounos xenial!!

Mirade que artistas.....



Queredes ver o conto? en internet tedes varios enlaces, aquí vos deixamos un.



O segundo conto que vos queremos recomendar é o de Cocorico, da editorial OQO
É o conto dun poliño que fala da necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supon aprender a compartir... porque Cocorico papou un doce enteiro!!

Se pinchades na imaxe do conto poderedes lelo xuntos na casa:




Ademais de ler o conto, a profe ensinounos a canción... cantámola facendo uns de poliños e outros de gatos... que divertida!

Aquí tedes o video para practicar na casa:

 
Tamén vos deixamos un enlace a unha paxina para xogar co conto

E para rematar aquí tedes os debuxos que os nenos da nosa clase fixemos de cocorico:

luns, 14 de abril de 2014

COCIÑANDO NO COLE: PIZZA

O día antes de dar vacacións, os da clase de 4 anos rematamos o noso proxecto sobre os alimentos, no que aprendemos un montón de cousas. 

Quixemos despedir o proxecto coas mans na masa. Na clase falaramos dos produtos frescos, que se obteñen dos animais ou dos vexetais e que xa se comen directamente: leite, tomates, cenorias, ovos, etc... (despois de lavalos e a veces cociñalos); e tamén falamos dos produtos elaborados, que se obteñen mezclando diferentes produtos. 

Por iso decidimos facer pizza, un produto elaborado no que cada un usou diferentes alimentos para darlle o seu toque de pizzero. 

Na clase vimos a receta da masa (cada un escribiu a súa), porque despois a pizza leva o que cada un imaxine!



Despois de lavar as mans ben lavadas, subimos á cociña para poñernos mans a masa (literalmente jeje). 
O primeiro paso foi amasar ben amasado un pouco de masa para unha mini pizza.




Levamos estas masas para casa (xa nos diredes que tal quedaron) e montamos as pizzas cunhas que fixo e precoceu a profe na casa, porque senon non nos daba tempo.


Cada un botoulle os ingredientes que quiso e pasamolo pipa mezclando e elexindo o que mais nos gustaba a cada un.


Queredes velas? quedaron pizzas do mais variado.


Esperamos que coceran tomando un zumiño: que ben cheiraba na cociña!


Despois baixamos á clase para comelas... estaban delicioooooosas!

Encántanos cociñar!!

sábado, 12 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 5. O GUSTO

E chegou o último dos obradoiros dos sentidos: o do gusto. 

Sentimos non ter moitas fotos para que vexades as nosas caras (do maaaaais gracioso) pero tiñamos as mans moi ocupadas :) 

Foi moi divertido, e todos fomos moi valentes probando todo o que nos daba a profe.... aquí estamos preparados por equipos antes da degustación jeje






Por equipos e cos ollos vendados, para centrarnos nas nosas papilas gustativas, probamos diferentes cousas para identificar o seu sabor (doce, amargo, ácido, salgado) e ver si eramos capaces de adiviñar de que se trataba. 

E despois abríusenos o apetito e non deixamos que sobrase nada do que trouxo a profe para probar: papámolo todo, todiño! 


Que divertido foi xogar cos sentidos 
e aprender cousas sobre eles!

xoves, 10 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 4. O TACTO

O penúltimo dos sentidos co que xogamos os de 4 anos foi o tacto. 

Recordamos o importante que é o tacto, sobre todo cando esixen dificultades nalgún dos outros sentidos, como por exemplo a vista.
Fixemos memoria de como usando so o tacto podíamos recoñecer unha persoa, unha figura xeométrica, etc.

Primeiro tocamos algunhas cousas quentes e outras frías, unhas que rascaban e outras suaves, unha brandas e outras duras... para empezar a pensar que a pel pode sentir cousas moi diferentes según o que toquemos.

Pero aprendemos que o sentido do tacto non está nas mas, que está na pel... así que quixemos probar que tal o tacto nos nosos pes... e o primeiro que tocou foi descalzarse!!



Despois, descalzos e por equipos, percorremos un pequeno circuíto con diferentes texturas.... Cando rematamos comentamos o que sentíramos: duro, brando, frío, quente, suave, que picaba, que facía cóxegas, etc...



E por fin chegou a hora de ver esa caixa misteriosa que estaba hoxe na nosa clase: 

Todos tiñamos moitas ganas de meter a man e adiviñar o que se agochaba na caixa....

Así que cada un elexiu un burato para meter a man, e usando so o sentido do acto, tiñamos que averiguar o contido de cada parte da caixa. 


Durante a merenda a profe fíxonos cóxegas cunhas plumas, e démonos conta que cada un sinte dunha maneira diferente porque algúns non aguantaban a risa, outros quedaban relaxados, a outros picáballes....

Nos vos perdades maña o último dos sentidos!!

mércores, 9 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 3. A VISTA

Na clase de 4 non deixamos de xogar e aprender cousas cos sentidos... que divertido!!

Esta vez tocounos o sentido da vista. Primeiro estivemos pensando que pasaría se non puidésemos ver, e o difícil que debe resultar a vida para unha persoa cega. Recordamos como os xordos utilizaban a linguaxe de signos para comunicarse, e algún preguntou como facía un neno cego para aprender as letras, así que a profe nos explicou que utilizan o braile, e nos ensinou como era, porque trouxo unhas caixas valeiras de medicamentos que teñen o nome tamén en braile e puidemos tocar como son as letras que aprenden os nenos cegos... que difícil!

Pensábamos o importante que debe ser o tacto para os cegos, e xogamos a recoñecernos uns aos outros sin utilizar o sentido da vista... que importante e que sorte poder ver! 
Foi divertido facelo como un xogo... e moitos adiviñamos que compañeiro tiñamos diante!!




Despois fixemos diferentes xogos coa vista: diferenciamos tapons diferentes no medio de un montón de tapóns iguais, memorizamos cousas que víamos durante uns segundos, xogos de memoria (facer parellas)... e así moitos xogos nos que a vista era o sentido mais importante que usábamos.  



Pero o que mais nos gustou foi probar todos os aparellos que trouxo a profe e cos que puidemos ver moitas cousas con moito detalle. Tivemos na clase moitas lupas, de diferentes aumentos, microscopios... foi moi divertido ver os bichos que cazamos durante o recreo, follas das árbores, restos de comida, etc...




Que sentido nos tocará maña???

XOGANDO COS SENTIDOS: 2. O OLFACTO

Os da clase de 4 anos experimentamos esta vez co olfacto. Puxemos os narices a punto para cheirar un montón de cousas agradables e outras que non o eran tanto. 

Pensamos como Reacciona o cerebro según o cheiro que lle chegue... e que os alimentos antes de saborealos entran polo nariz e temos mais ou menos ganas de comelos según o cheiro que teñan. Primeiro fixemos dous equipos coa Profe Nerea e a profe Ana, o equipo das cebolas e o dos limóns, metimos os seus cheiros na cabeza e tivemos que seguir un rastro invisible, utilizando o olfacto, sin perder o cheiro da cebola ou do limón... e resultou moi divertido!


Despois xogamos a adiviñar diferentes cheiros. Cada un elexía unha cor e tiña que cheirar por un tubiño algo que non podíamos ver... e o resultado foi moi divertido!
No bote co gomet verde habia ketchup e todos os que o eleximos dixemos que cheiraba a peixe.
O bote co gomet azul tiña vinagre e dixemos un montón de cousas diferentes: que cheiraba a gominola, a salado, a caramelo....e o que mais se achegou dixo que cheiraba a ensalada 
O de cor amarelo tiña colonia e cheirounos a gominola, a kas, a algodón, a caramelo... e moitos si que acertamos e dixemos colonia. 
E o de cor vermello tiña toalliñas de bebé e cheirabanos a limón, a cebola, a salchicha!! e un moi parecido que era xabón... algún tamén o acertou. 



Encántanos xogar cos sentidos!!

luns, 7 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 1. O OIDO


Dentro do proxecto dos alimentos, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a disfrutar dos alimentos.


Na clase de 4 anos estamos xogando con cada un dos sentidos para aprender moito mais. O venres dedicamos a mañá ao sentido do oído.  

Primeiro estivemos pensando o importante que é este sentido e o problema que sería non telo. Falamos sobre as persoas que non poden escoitar, e como fan para comunicarse.

Descubrimos que os xordos utilizan unha linguaxe de signos para comunicarse. Estivemos vendo un video para aprender moitas palabras... e foi moi interesante... practicamos moito e aprendemos un montón de palabras en lingua de signos.



Queredes seguir practicando na casa? aquí vos deixamos o vídeo que usamos na clase e que nos encantou!


Despois, tocou afinar os nosos oídos e fixemos un pequeno concurso por equipos... todos terminamos sendo super gañadores! Tiñamos que recoñecer diferentes sons: da casa, do parque, etc...

Queredes xogar? pinchade na imaxe deste blog de audición e linguaxe e iredes directos ao xogo.

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/2011/04/nuevo-video-discriminacion-auditiva.html

Rematamos a mañá con moita marcha... primeiro fixemos un xogo de baile onde tamén tivemos que ter os oidos moi atentos... pasámolo fenomenal e despedimos a semana con moito ritmo!!


A despedida foi un video dunha clase de infantil do colexio Atlántida de Vigo, no que os nenos signaron unha preciosa canción que nos encantou... e tamén bailamos con eles!!


Que sentido nos tocará o próximo día?....

martes, 25 de marzo de 2014

BROCHETAS CHEAS DE VITAMINAS

Menuda súper merenda fixemos o venres na clase de 4 anos! Montamos unhas deliciosas brochetas de froita e desfrutamos dunha merenda vitamínica!

Si queredes facer unhas brochetas así de ricas, estade atentos a todos os pasos que debedes seguir:

1. Preparar o sitio onde vas facer as brochetas. Na nosa clase movimos as mesas para traballar mais cómodos, e de paso, entre todos, decoramos o encerado con moitas cores para recordar que a froita ten moitas vitaminas.


2. Lavar as mans: é moooooi importante antes de cociñar, para poder tocar a froita sen problema... e que non se vos olvide pechar o grifo cando rematedes de lavalas! ;)

3. Despois hai que abrir as bolsas, os botes, etc... e lavar moi ben a foita antes de comela.


4. Entre todos preparamos a froita. Tivemos que cortar mazás, melocotóns, piña..., pelar as mandarinas, separar as uvas, etc.


Para facer a limonada tivemos que sacar musculitos exprimindo os limóns jeje... bueno, un dos exprimidores era eléctrico... todos queríamos probalo!!


5. Con toda a froita repartida en pratos chegou o momento de montar as brochetas. Cada un colleu un pincho e elexiu a froita que lle apetecía.


6. O paso final era o mais esperado: a comeeeeeer! 
Primeiro probamos a limonada... e as profes fixeron un pequeno experimento con nos... mellor é que o miredes vos mesmos... resumimos dicindo que nunca olvidaremos que a limonada está mais rica con azucre ;)


Foi unha merenda rica, rica, rica!! Queredes ver que brochetas tan deliciosas e coloridas fixemos? 

 Repetimos as veces que quixemos e comimos moitiiiiiisima froita... dandolle un toque dulce con xarope de chocolate e de fresa... so podemos dicir: ñam, ñam, ñam!



martes, 18 de marzo de 2014

MERENDA CON VITAMINAS

Os nenos e nenas de 4 anos, este venres temos unha merenda moi especial. 
Os pequechos foron os encargados de facer a nota para anunciar esta súper merenda. 


Estamos desexando que chegue o día e preparar entre todos esta merenda. Xa vos contaremos como foi!

XOGAMOS COS 5 SENTIDOS

Estamos aprendendo que os 5 sentidos nos axudan a coñecer e a disfrutar os alimentos. Ademais de investigar e xogar na clase, estivemos na pizarra máxica e nos ordenadores facendo algúns xogos.
Aqui vos deixamos un de Pelayo e a súa pandilla que nos gustou un montón. Pinchade sobre a imaxé e pasade un bo rato aprendendo cousas dos sentidos.

http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u04_indentidad/u04/

xoves, 13 de marzo de 2014

A CASA DA MOSCA CHOSCA

Os nenos e nenas da clase de 4 anos limos un conto delicioso: "A casa da mosca chosca" onde a protagonista fai un delicioso pastel de amoras. 

A mosca Chosca está xa cansa de dar voltas polo mundo así que decide construír a súa propia casa... e quédalle tan bonita que decide facer unha festa de inauguración. Prepara un delicioso pastel de amoras e o olor vai chegando a todos os animais que pasan preto da súa casa, que non poden resistirse a entrar. Ela invita a todos a sentarse pero non conseguen comer o pastel porque sempre chega alguén máis, ata que non queda sitio na mesa pero entón... bueno mellor non vos conto o final que para os nenos é inesperado e divertido.

Ademais de contar o conto, que nos encantou, todos fixemos un debuxo da mosca chosca, e escribimos o seu nome despois de practicar no encerado para escribilo moi ben, e de paso repasamos os nomes dos compis que comezan por M e fixemos unha lista de cousas que comezan por esa letra. 

Mirade as nosas obras de arte



O conto tamén nos serviu para xogar cos números, é xenial para traballar os ordinais, porque vai ordenando os animais segundo van chegando, tamén para traballar operacións matemáticas e facer xogos de cálculo mental (cantas cadeiras quedarán libres? cantos animais máis poderán sentarse?) e os cardinais, porque cada vez que chega un animal, se recontan os que chegaron máis a anfitriona.

Dende un cole de Aguiño a profe Tere comparte este lim do conto A Casa da Mosca Chosca que vos enlazamos aquí por si queredes xogar co conto. 

Aqui tedes un adianto do conto para que se vos faga a boca auga como aos personaxes do conto co pastel de amoras ;)

mércores, 12 de marzo de 2014

CONTOS MOI SABROSOS

Na clase de 4 anos, aproveitando que estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, a partir de hoxe, durante uns días, dedicaremos o noso tempo de lectura a ler uns contos moi sabrosos dun libro que se titula: "10 cuentos para abrir el apetito: comecuentos"

Ademais este conto ten na portada algo que nos encanta, unha ruleta que cada día xira o encargado para ver que conto nos toca! Hoxe limos o conto número 9 que se titula: La vaca mágica.

Tamén o queredes ler na casa? Aqui o tedes....



Que conto nos tocará maña?