Amosando publicacións coa etiqueta motivación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta motivación. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de setembro de 2018

Motivación na Lectoescritura

Qué seríamos capaces de facer nós con motivación? Chegaríamos ao mesmo resultado e do mesmo xeito sen ela? Pois co noso alumnado sucede exactamente o mesmo, e máis en temas complexos como a lectoescritura na que a algún neno/a lle pode resultar fascinante pero a outros/as todo o contrario.

Neste caso, aproveitamos calquer detalle que lles entusiasme para intentar xogar coas letras, motivándoos, ben dende o proxecto, ben dende querer escribirlle algo aos seus pais/nais, compañeiros/as,... e todo aquelo polo que os nosos nenos/as sintan interese. Desta maneira tamén ven o sentido práctico e a funcionalidade de poder escribir.

A continuación deixámosvos os primeiros detalles dos nenos/as da aula por quererse comunicar:

 (PROFE ALBERTO ME CAES MUY BIEN)

 (ALBERTO SONIA DE LA CLASE DE CINCO AÑOS)


(CANGREJO, TORTUGA, AGUJA, PEZ MOTOSIERRA)

mércores, 21 de febreiro de 2018

Motivación

Ao traballar por Proxectos, as mestras/es de Educación Infantil temos claro que a MOTIVACIÓN é un dos eixes principais que moven ao noso alumnado. Isto tradúcese nas ganas que demostran, día a día, por querer aprender e por querer saber (Competencia para aprender a aprender). E o profesorado desenvolve unha función orientadora hacia o noso alumnado.

E sin que eles/elas se den conta, estamos fomentando, entre outros, o traballo en grupo, a aprendizaxe cada vez máis eficiente e autónoma, e polo tanto máis significativa, e sempre adecuadas ás situacións reais.

A motivación, polo tanto, é esencial para conquerir as nosas metas. Canto máis damos feito cando estamos motivados?

O exemplo de onte: no momento adicado á asemblea, ademáis de traballar outros aspectos, vimos os monumentos megalíticos da etapa que estamos a traballar, destacando o MENHIR e o DOLMEN. En qué se traduciu? En que noutros momentos nos que o noso alumnado traballou/xogou coa plastilina, desarrollaron a súa imaxinación e creatividade, e elaboraron os seus menhires e dólmenes.

Aquí tendes os resultados! Abraiantes!


DOLMEN


"MENHIR apoiado na herba"


DOLMEN

martes, 20 de febreiro de 2018

Carta de VALENTINA

Ao comezo deste segundo trimestre chegou á nosa aula unha CARTA.
Qué raro! De quen será e para quen é?

Aproveitamos os momentos adicados ás asembleas para abrila e leela todos xuntos.

Era unha postal da nosa benquerida amiga VALENTINA!

Puxémonos todos de cor laranxa! Qué bonita sorpresa! Estábanos a felicitar o Nadal e este novo ano que comeza!


E decidimos, tamén en consenso dentro da asemblea, que lle queríamos escribir á nosa amiga, contándolle todo o que nos apeteza, cousas da aula preferentemente, que facemos, que estamos aprendendo, de que nos disfrazamos este ano,...

Agora que xa a temos lista, estes días procederemos a enviala, desexando que lle chegue, lle guste, saiba algo máis de todos nós, e sexa unha agradable sorpresa como foi para nosoutros recibir a súa!

venres, 20 de outubro de 2017

Motivación previa ó proxecto

Durante todos estes días, nas aulas de Educ. Infantil, levamos a cabo unha laboura de motivación moi importante, tentando "enganchar" aos nosos alumnos e alumnas co fin de que queiran saber máis desta época pasada, que teñan ese interese por querer saber, querer aprender, querer investigar, buscar información, etc.

Un apartado dentro desta motivación foi o feito de que aparecesen pegadas misteriosas na aula de 3 anos, tratando de averiguar de que animal se podería tratar. E tras comprobar as cámaras do noso centro, atopamos que detrás dunha árbore se escondía un animal. Tiña trompa e cabeiros. Podía ser un elefante, segundo manifestaron algúns nenos/as, pero de seguida vimos as diferencias!

Comprobade cos vosos propios ollos!!



Imaxe 1

Pasados uns días, volvemos mirar ditas cámaras do colexio e atopamos novas imaxes.
Asomouse un pouquiño máis!! (Imaxe 2)
E debeuse asustar, marchando a agocharse preto do noso penedo!! (Imaxe 3)


Imaxe 2


Imaxe 3

Que comece a vosa motivación familiar!! Disfrutade connosco desta nova ilusión e de todo o que podemos aprender xuntos sobre A  PREHISTORIA!

xoves, 26 de xaneiro de 2017

A MOTIVACIÓN VESE

E é que a motivación vese, incluso na roupa!
Observade ós nenos/as da nosa aula!

  

Son fantásticos/as!! :)

mércores, 25 de xaneiro de 2017

Primeiras aportacións ó noso proxecto

Onte UNAI e VERA fixeron as primeiras aportacións ó noso Proxecto dos Polos.

UNAI explicounos onde vivían os PINGÜINOS e onde vivían os OSOS POLARES. Vimos tamén onde vivimos nós, para que se fagan unha idea de cal é a situación de cada un dentro do noso planeta Terra.


Despois foi o turno de VERA que nos ensinou un libro que trouxo para o noso recuncho do Proxecto. Nel vimos unha morea de animais que viven nos POLOS. Pouco a pouco irémolos coñecendo máis de preto.


E hoxe foi ENZO quen aportou novamente ó noso recuncho. Mostrounos un libro con pegatinas e actividades que levaremos a cabo na aula nalgún intre, e contounos todos os elementos dunha cartolina que na casa elaborou cos seus pais. Nesa cartolina que está exposta na nosa porta, vimos PINGÜINOS, OSOS POLARES, FOCAS, MORSAS, ESQUIMAIS, e ata tivemos unha primeira impresión das casas dos ESQUIMAIS chamadas IGLÚS.


Tamén había un TRINEO, e vimos para que servía e quen tiraba del. Nun primeiro intre pensaron que eran lobos, pero despois vimos que eran cans! Sabedes que raza de cans son os que tiran dos TRINEOS? (tarefa a investigar)

Reflexión: Non vos imaxinades o que son capaces de falar os nenos/as tímidos na aula cando o máis importante é contarlle ó resto da aula todo o que se aprende na casa cos pais/nais!
A seguir así!

luns, 23 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-3

Seguindo co noso afán por motivar ós cativos/as de 3 anos, hoxe luns recibimos un vídeo de "PINGÜI" que, dende a Antártida, nos contou que se estaba a divertir moito cos seus amigos e amigas facendo deporte!
A que non sabedes cal é o seu deporte preferido?

E tamén, entre todos, elaboramos a redación dunha nota que despois elas/es completaron individualmente, repasando o nome do noso pingüino, o nº 3 (por ser a aula de 3 anos), e o seu propio nome!
Esta nota leváronna hoxe para casa!

Deste xeito, iniciamos un paso moi importante dentro da motivación cara o noso proxecto: a colaboración e a participación das familias no proceso educativo, sendo fundamental o seu apoio e implicación para poder levar a cabo o proxecto da aula.


mércores, 18 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-2

O MARTES, DURANTE O TEMPO DO RECREO, CHEGOU A CARTEIRA Ó PATIO E TRÓUXONOS UNHA POSTAL. SABEDES DE QUEN ERA?

PINGÜIN, QUE NOS ESCRIBE DENDE O SEU FOGAR!



E FÍXONOS MOITA ILUSIÓN SABER DEL!
DE FEITO, PASAMOS MEDIO RECREO ENSINÁNDOLLES A POSTAL A TODOS OS NENOS E NENAS DA AULA!






E DESPOIS, NA CALMA, LEMOS A POSTAL RECIBIDA!
AGORA QUEREMOS SABER MOITO MÁIS SOBRE A VIDA DE PINGÜIN!

martes, 17 de xaneiro de 2017

COMEZANDO CO NOSO PROXECTO: MOTIVACIÓN-1

E POR FIN, COMEZAMOS CO NOSO PROXECTO.
O PRIMEIRO PASO É MOTIVALOS POR QUERER SABER!
CÓMO O FIXEMOS?
POIS... TRAS VER UNHAS PISADAS NA AULA... TRATAMOS DE AVERIGUAR DE QUEN ERA E, PARA A NOSA SORPRESA, VIMOS QUE "PINGÜIN" (A NOSA MASCOTA) MARCHOU!!!
CARA ONDE? A ONDE IRÍA?
E AQUÍ COMEZOU A CHOIVA DE IDEAS (IDEAS PREVIAS)


luns, 7 de decembro de 2015

Motivación

Unha vez máis queda manifesto a importancia de traballar por proxectos e a motivación tan grande que teñen os nenos/as que desenvolven esta metodoloxía. Destacar tamén a importancia que dita motivación ten no proceso da lectoescritura nos nenos/as da etapa de educación infantil

A continuación vos obsequiamos coa iniciativa e a motivación dos nenos/as da aula de 5 anos, que os levou a realizar as seguintes actividades: