Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de novembro de 2016

NOVA BIBLIOTECA DE AULA

Hoxe os Pequechos de 4 anos estrenamos biblio de aula gracias as aportacións das familias. Estamos como locos cos contos novos, algún xa os coñecemos e outros desexando descubrir. Onte os colocamos na estantería e coas ganas que tiñamos de lelos preferimos coller os novos e non os dos dinosaurios, que xa é dicir!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN, POR AXUDAR A  MERGULLARNOS NO FANTÁSTICO MUNDO DOS CONTOS!

venres, 25 de abril de 2014

TI + EU = CONTO

Este mércores celebramos o día do libro con este lema: 


Os pequechos quixemos decorar o edificio de abaixo e fixemos un mural no que todos colaboramos:


Non perdades detalle do ben que nos quedaron as portadas dos libros:


Pasamos un día xenial no que nos xuntamos cos maiores do cole e xuntos puidemos ler contos e despois facer un debuxo. Foi moi divertido coñecer compañeiros do cole e divertirnos compartindo contos... ademais os profes van montan un libro con todos os debuxos!!
Aquí estamos algúns da clase de 4 anos con nenos de 2º
Mirade que ben o pasamos: 


Despois xuntámonos todos na biblio para escoitar a Laurent (o profe que ven a veces coa teacher e que so fala inglés) que nos contou un conto en inglés.
Se pinchades na foto iredes ao blog da biblio onde tedes algún vídeo, varias fotos e tamén poderedes escoitar o conto que nos contou en inglés. 


E para rematar o día levamos uns marcadores para casa... para non perder ningunha páxina dos nosos contos preferidos 

sábado, 5 de abril de 2014

AS NORMAS DA BIBLIO

O equipo de biblioteca encargounos a todo o alumnado, que pensásemos normas para que todo funcione mellor na biblioteca.

E con moitas ideas, cada unha das clases dos pequechos de Tirán fixo unha lista... finalmente, entre todas as ideas do cole fíxose un listado de 10 normas que nos axudaran a desfrutar mais na biblioteca.

Cada unha das clases encargámonos de ilustrar unha norma... porque unha imaxe vale mais que mil palabras!

http://bibliotiran.blogspot.com.es/2014/04/as-normas-da-nosa-biblio.html

Se pinchades na imaxe iredes directos ao blog da biblio onde están todas as normas, aquí queríamos poñer as que ilustramos os pequechos de Tirán para que vexades que arte temos!

Ilustrada pola clase de 3 anos

Ilustrada pola clase de 5 anos

Ilustrada pola clase de 4 anos

Esta frase saliu dos pequechos... xenial!!! ^_^