Amosando publicacións coa etiqueta gráficas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta gráficas. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de marzo de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: A VISTA.

NA AULA DE 5 ANOS SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE OS NOSOS SENTIDOS.
ESTA SEMANA FOI SARA EL MADIDI A ENCARGADA DE TRAER INFORMACIÓN.


QUEREDES SABER SOBRE CAL DOS SENTIDOS? 



A VISTA!!! 

SARA COMPARTIU CON TODOS NÓS TODO O QUE APRENDERA E GRAZAS A ELA COÑECEMOS: AS DIFERENTES PARTES DOS NOSOS OLLOS, PARA QUÉ SERVEN AS NOSAS CELLAS E PESTANAS, CORROBORAMOS QUE NON SOMOS CÍCLOPES POSTO QUE TEMOS DOUS OLLOS E ATA NOS EXPLICOU PORQUE OS PIRATAS LEVABAN UN PARCHE!!

APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA FACER RECONTO DA COR DO IRIS DOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA CLASE EMPREGANDO A GRÁFICA COMO UN MEDIO PARA A RECOLLIDA DE DATOS, TRABALLANDO ASÍ A LÓXICA MATEMÁTICA. 

A QUE NON SABEDES CAL É A COR DO IRIS QUE PREDOMINA NA AULA? 


PARA REMATAR CREAMOS A NOSA PROPIA CONSULTA DE OFTALMÓLOGOS (AÍNDA QUE PARA NÓS É MÁIS DOADO DICIR OCULISTAS). TAPAMOS UN OLLO, DICIMOS O NOME DA LETRA QUE SARA NOS SINALABA E APROVEITAMOS PARA DICIR PALABRAS QUE COMECEN POR ELA. 



martes, 21 de febreiro de 2017

GRÁFICAS DO TEMPO

Os Pequechos de 4 anos levamos meses facendo un rexistro mensual do tempo. O comezamos a facer a finais do curso pasado. Cada día, colocamos o debuxo correspondente, é o encargado ou encargada o responsable de tal tarefa. O rematar o mes facemos as gráficas. Primeiro contamos cantos días houbo soleados, chuviosos... e coloreamos a barra segundo o número de días. Cando temos todas as barras feitas as comparamos, as ordeamos de maior a menor e de menor a maior...
NO MES DE OUTUBRO


EN XANEIRO

E como non, fixemos gráficas do que máis nos gusta, do noso tema favorito... OS DINOS!