Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2015

Día dos DEREITOS das nenas/os

Hoxe, 20 de novembro, celebramos nas nosas aulas o "Día Internacional dos DEREITOS das nenas e dos nenos".

Falamos e traballamos sobre todos os dereitos que teñen os nenos/as, dereitos que terían que estar presentes sempre en todos os recunchos do noso mundo.

Citamos, entre outros, os dereitos á IGUALDADE, a ter un NOME e unha NACIONALIDADE, a ter unha FAMILIA, dereito á SANIDADE, a PARTICIPAR, a unha EDUCACIÓN, e sobretodo, o DEREITO A XOGAR, algo que non debería faltar nos nenos e nenas de todo o mundo.


venres, 16 de xaneiro de 2015

XOGANDO CO TANGRAM

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos empezamos a xogar co tangram, xa sabíamos que era un invento chino pero non sabíamos que era tan divertido! 

Copiamos debuxos segundo o modelo...





E tamén fixemos as nosas propias creacións...





Estamos moi contentos porque este xogo está sempre a nosa disposión, no recanto dos números.

domingo, 1 de xuño de 2014

sábado, 12 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 5. O GUSTO

E chegou o último dos obradoiros dos sentidos: o do gusto. 

Sentimos non ter moitas fotos para que vexades as nosas caras (do maaaaais gracioso) pero tiñamos as mans moi ocupadas :) 

Foi moi divertido, e todos fomos moi valentes probando todo o que nos daba a profe.... aquí estamos preparados por equipos antes da degustación jeje






Por equipos e cos ollos vendados, para centrarnos nas nosas papilas gustativas, probamos diferentes cousas para identificar o seu sabor (doce, amargo, ácido, salgado) e ver si eramos capaces de adiviñar de que se trataba. 

E despois abríusenos o apetito e non deixamos que sobrase nada do que trouxo a profe para probar: papámolo todo, todiño! 


Que divertido foi xogar cos sentidos 
e aprender cousas sobre eles!

xoves, 10 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 4. O TACTO

O penúltimo dos sentidos co que xogamos os de 4 anos foi o tacto. 

Recordamos o importante que é o tacto, sobre todo cando esixen dificultades nalgún dos outros sentidos, como por exemplo a vista.
Fixemos memoria de como usando so o tacto podíamos recoñecer unha persoa, unha figura xeométrica, etc.

Primeiro tocamos algunhas cousas quentes e outras frías, unhas que rascaban e outras suaves, unha brandas e outras duras... para empezar a pensar que a pel pode sentir cousas moi diferentes según o que toquemos.

Pero aprendemos que o sentido do tacto non está nas mas, que está na pel... así que quixemos probar que tal o tacto nos nosos pes... e o primeiro que tocou foi descalzarse!!



Despois, descalzos e por equipos, percorremos un pequeno circuíto con diferentes texturas.... Cando rematamos comentamos o que sentíramos: duro, brando, frío, quente, suave, que picaba, que facía cóxegas, etc...



E por fin chegou a hora de ver esa caixa misteriosa que estaba hoxe na nosa clase: 

Todos tiñamos moitas ganas de meter a man e adiviñar o que se agochaba na caixa....

Así que cada un elexiu un burato para meter a man, e usando so o sentido do acto, tiñamos que averiguar o contido de cada parte da caixa. 


Durante a merenda a profe fíxonos cóxegas cunhas plumas, e démonos conta que cada un sinte dunha maneira diferente porque algúns non aguantaban a risa, outros quedaban relaxados, a outros picáballes....

Nos vos perdades maña o último dos sentidos!!

mércores, 9 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 3. A VISTA

Na clase de 4 non deixamos de xogar e aprender cousas cos sentidos... que divertido!!

Esta vez tocounos o sentido da vista. Primeiro estivemos pensando que pasaría se non puidésemos ver, e o difícil que debe resultar a vida para unha persoa cega. Recordamos como os xordos utilizaban a linguaxe de signos para comunicarse, e algún preguntou como facía un neno cego para aprender as letras, así que a profe nos explicou que utilizan o braile, e nos ensinou como era, porque trouxo unhas caixas valeiras de medicamentos que teñen o nome tamén en braile e puidemos tocar como son as letras que aprenden os nenos cegos... que difícil!

Pensábamos o importante que debe ser o tacto para os cegos, e xogamos a recoñecernos uns aos outros sin utilizar o sentido da vista... que importante e que sorte poder ver! 
Foi divertido facelo como un xogo... e moitos adiviñamos que compañeiro tiñamos diante!!




Despois fixemos diferentes xogos coa vista: diferenciamos tapons diferentes no medio de un montón de tapóns iguais, memorizamos cousas que víamos durante uns segundos, xogos de memoria (facer parellas)... e así moitos xogos nos que a vista era o sentido mais importante que usábamos.  



Pero o que mais nos gustou foi probar todos os aparellos que trouxo a profe e cos que puidemos ver moitas cousas con moito detalle. Tivemos na clase moitas lupas, de diferentes aumentos, microscopios... foi moi divertido ver os bichos que cazamos durante o recreo, follas das árbores, restos de comida, etc...




Que sentido nos tocará maña???

XOGANDO COS SENTIDOS: 2. O OLFACTO

Os da clase de 4 anos experimentamos esta vez co olfacto. Puxemos os narices a punto para cheirar un montón de cousas agradables e outras que non o eran tanto. 

Pensamos como Reacciona o cerebro según o cheiro que lle chegue... e que os alimentos antes de saborealos entran polo nariz e temos mais ou menos ganas de comelos según o cheiro que teñan. Primeiro fixemos dous equipos coa Profe Nerea e a profe Ana, o equipo das cebolas e o dos limóns, metimos os seus cheiros na cabeza e tivemos que seguir un rastro invisible, utilizando o olfacto, sin perder o cheiro da cebola ou do limón... e resultou moi divertido!


Despois xogamos a adiviñar diferentes cheiros. Cada un elexía unha cor e tiña que cheirar por un tubiño algo que non podíamos ver... e o resultado foi moi divertido!
No bote co gomet verde habia ketchup e todos os que o eleximos dixemos que cheiraba a peixe.
O bote co gomet azul tiña vinagre e dixemos un montón de cousas diferentes: que cheiraba a gominola, a salado, a caramelo....e o que mais se achegou dixo que cheiraba a ensalada 
O de cor amarelo tiña colonia e cheirounos a gominola, a kas, a algodón, a caramelo... e moitos si que acertamos e dixemos colonia. 
E o de cor vermello tiña toalliñas de bebé e cheirabanos a limón, a cebola, a salchicha!! e un moi parecido que era xabón... algún tamén o acertou. 



Encántanos xogar cos sentidos!!

luns, 7 de abril de 2014

XOGANDO COS SENTIDOS: 1. O OIDO


Dentro do proxecto dos alimentos, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a disfrutar dos alimentos.


Na clase de 4 anos estamos xogando con cada un dos sentidos para aprender moito mais. O venres dedicamos a mañá ao sentido do oído.  

Primeiro estivemos pensando o importante que é este sentido e o problema que sería non telo. Falamos sobre as persoas que non poden escoitar, e como fan para comunicarse.

Descubrimos que os xordos utilizan unha linguaxe de signos para comunicarse. Estivemos vendo un video para aprender moitas palabras... e foi moi interesante... practicamos moito e aprendemos un montón de palabras en lingua de signos.



Queredes seguir practicando na casa? aquí vos deixamos o vídeo que usamos na clase e que nos encantou!


Despois, tocou afinar os nosos oídos e fixemos un pequeno concurso por equipos... todos terminamos sendo super gañadores! Tiñamos que recoñecer diferentes sons: da casa, do parque, etc...

Queredes xogar? pinchade na imaxe deste blog de audición e linguaxe e iredes directos ao xogo.

http://blogdelosmaestrosdeaudicionylenguaje.blogspot.com.es/2011/04/nuevo-video-discriminacion-auditiva.html

Rematamos a mañá con moita marcha... primeiro fixemos un xogo de baile onde tamén tivemos que ter os oidos moi atentos... pasámolo fenomenal e despedimos a semana con moito ritmo!!


A despedida foi un video dunha clase de infantil do colexio Atlántida de Vigo, no que os nenos signaron unha preciosa canción que nos encantou... e tamén bailamos con eles!!


Que sentido nos tocará o próximo día?....

martes, 18 de marzo de 2014

XOGAMOS COS 5 SENTIDOS

Estamos aprendendo que os 5 sentidos nos axudan a coñecer e a disfrutar os alimentos. Ademais de investigar e xogar na clase, estivemos na pizarra máxica e nos ordenadores facendo algúns xogos.
Aqui vos deixamos un de Pelayo e a súa pandilla que nos gustou un montón. Pinchade sobre a imaxé e pasade un bo rato aprendendo cousas dos sentidos.

http://nea.educastur.princast.es/repositorio/RECURSO_ZIP/1_ibcmass_u04_indentidad/u04/

luns, 10 de marzo de 2014

XOGA E APRENDE MOITO SOBRE OS HÁBITOS ALIMENTICIOS

Aquí deixamos outro xogo para que pasedes un bo rato ao mesmo tempo que aprendedes cousas sobre os alimentos. 

Preparádevos porque neste xogo hai que facer un montón de cousas diferentes: ir de compras, preparar menús,.... e moitas cousas mais.

Xa sabedes, pinchade na imaxe e a pasalo ben!


A PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Os nenos e nenas de infantil estamos aprendendo moitas cousas sobre os alimentos, e queremos compartir aquí un xogo para que sigades practicando na casa e non olvidedes o que falamos na clase sobre a píramide alimenticia, que nos ensina cales son os alimentos mais importantes.

Pincha sobre a imaxe para acceder ao xogo. 



Esperamos que o pasedes fenomenal xogando coa pirámide!!