Amosando publicacións coa etiqueta alimentación saudable. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta alimentación saudable. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de abril de 2018

O sabor da aventura está no mar

Onte, todo o centro, disfrutamos dun obradoiro que leva por título "O sabor da aventura está no mar", onde nos deron a coñecer os mariscos e algúns peixes, así como as súas propiedades, aderezado todo isto con xogos participativos nos que o noso alumnado foi o protagonista!

Podedes consultar máis información ao respecto na súa páxina web:
http://osabordaaventuraestanomar.xunta.es/es


 








mércores, 31 de maio de 2017

MALETÍN DO ESPECIALISTA EN SAÚDE: ALIMENTOS SAUDABLES

AGORA QUE COÑECEMOS TAN BEN O NOSO CORPO, SÓ NOS QUEDABA SABER DE QUÉ MANEIRA PODEMOS CONTRIBUIR A QUE ESTE ESTÉ SAN, POR ISO A NOSA COMPAÑEIRA NAZA FOI A ENCARGADA DE LEVAR O MALETÍN PARA A CASA E INVESTIGAR SOBRE AQUELES ALIMENTOS QUE SON MÁIS SAUDABLES.


CON ELA APRENDEMOS QUE HAI UNHA SERIE DE ALIMENTOS QUE SON MOI BOS PARA O NOSO CORPO, OS CALES DEBEMOS TOMAR FRECUENTEMENTE. ESTE É O CASO DAS FROITAS E VERDURAS OU OS LÁCTEOS.
SEN EMBARGO HAI OUTROS QUE AÍNDA QUE ESTÉN RICOS NON DEBERÍAMOS TOMAR FRECUENTEMENTE: A PIZZA, OS DONUTS OU O CHOCOLATE.

TRAS A SÚA EXPLICACIÓN PUXÉMONOS MANS Á OBRA A RECORTAR EN FOLLETOS DE SUPERMERCADO DIFERENTES ALIMENTOS. PARA ISO DIVIDÍMONOS EN GRUPOS, CADA UN DOS CALES TIÑA QUE RECORTAR UN TIPO DE ALIMENTO CONCRETO: DOCES, PESCADO, CARNE, PASTA, VERDURAS...



DESPOIS DEBUXAMOS UN TRIÁNGULO XIGANTE, PARA REALIZAR UNHA PIRÁMIDE ALIMENTICIA, A CAL DIVIDÍMOS EN VARIAS CORES.


UNHA VEZ PINTADA E RECORTADOS OS DIFERENTES ALIMENTOS CHEGOU O MOMENTO DE IR CLASIFICÁNDOOS. PARA IR GUIÁNDONOS COLOCAMOS DIFERENTES LETREIROS QUE INDICABAN ONDE ÍA CADA ALIMENTO, PROPICIANDO QUE O GRUPO MOSTRASE OS SEUS GRANDES AVANCES NA LECTURA.


NA BASE DA PIRÁMIDE COLOCAMOS BOTELLAS DE AUGA, POSTO QUE XA SABEMOS QUE É IMPRESCINDIBLE PARA A VIDA, E MOSTRA DISO É A CANTIDADE DE VECES QUE BEBEMOS CANDO ESTAMOS EN CLASE.
NOS SEGUINTES PISOS COLOCAMOS DIFERENTES ALIMENTOS QUE DEBEMOS COMER DIARIAMENTE, COMO SON: PAN, FROITAS E VERDURAS (XA SABEMOS QUE O RECOMENDABLE SON 5 O DÍA), PEIXE/CARNE, LÁCTEOS...
A CÚSPIDE DA PIRÁMIDE, SEN EMBARGO, RECOLLE TODOS ESES ALIMENTOS DOS CALES DEBEMOS REDUCIR O SEU CONSUMO: CHOCOLATE, XEADOS, DONUTS....

QUEREDES VER QUE BONITA NOS QUEDOU? POIS BOTÁDELLE UNHA OLLADA. A NOSA PIRÁMIDE TEN UN SITIO PRIVILEXIADO NA AULA!!!



domingo, 19 de marzo de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

O pasado xoves viñeron ó cole unhas mozas moi divertidas para falarnos da importancia de comer productos do mar. Explicáronnos que podemos comelos de diversas formas, por exemplo: nas croquetas, na pizza, coa pasta e no noso bocata cada día. E por suposto, despois da explicación eleximos o noso bocata saudable. RICO RICO!!!
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA, forma parte dun programa que levamos a cabo no noso cole: "ALIMÉNTATE BEN",  para fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas utilizando productos de calidade.




domingo, 12 de xuño de 2016

OBRADOIRO DE FROITAS TROPICAIS

Esta semana os Pequechos de 3 e 4 anos fixemos un obroiro de froitas tropicais. Algunhas delas xa as coñeciamos, o plátano ou banana, pero outras foron todo un descubrimento para nós: a papaia, o coco e o mango. Experimentamos as súas texturas, observamos como eran tanto por dentro como por fora, e quen se atreveu as probou todas. Sorprendeunos moitísimo a dureza do coco (precisamos un martelo e facer moita forza para poder abrilo) e o seu líquido (algún dixo que sabía a leite aínda que era transparente coma a auga), o doce que estaba o mango e a súa gran pepita, o grande que era a papaia e a súa cor alaranxada e a gran cantidade de pepitas negras que tiña. A froita que máis nos gustou, foi, sen dúbida, a piña. Estaba boísima! Tiña un moitísimo zume e estaba súper doce!









Aquí están algunas das foitas, teñen diferente cor por dentro que por fora! Iso tamén o aprendimos no obradoiro!