Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de maio de 2017

SEGUIMOS "ARTISTEANDO" CON VAN GOGH: LIRIOS

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO" no noso obradoiro de arte semanal. Esta vez pintamos o cadro LIRIOS de VAN GOGH, utilizando esponxas en forma de flor e témpera líquida. Cada un elaborou o cadro o seu gusto: con poucos lirios, con moitos, moi marcados, máis difuminados, hacia a dereita, hacia a esquerda, cara arriba... Pero todos preciosos e con estilo propio!
OS NOSOS LIRIOS


Sen dúbida, somos grandes artistas, quen sabe se algún de nós acabará sendo tan famoso como VAN GOGH! Potencial hai moito!

luns, 24 de abril de 2017

"ARTISTEANDO" CON VAN GOGH

Os Pequechos de 4 anos seguimos "artisteando". Esta vez con VICENT VAN GOGH. Coñecimos un pouquiño da súa vida e obras e pintamos unha das súas obras maestras: LOS GIRASOLES. Ainda que nós fomos un pouquiño máis alá e utilizamos unha técnica plástica diferente para facer o xirasol, sabedes que obxecto empregamos? Un cepillos de dentes!





Mirade que chulos quedaros os nosos cadros!



A PRIMAVERA NAS NOSAS VENTÁS

E por fin chegou a primavera ás nosas ventás! Están preciosas! Cheas de colorido! Flores de moitas cores, bolboretas, abellas e xoanillas. Seguimos conservando as nubes de cores, as que nos recordan ó noso queridísimo Monstro de Cores.

Encántanos a primavera e os días de sol! Que duren!!!

martes, 28 de marzo de 2017

"ARTISTEANDO" CON KANDINSKY

Os Pequechos de 4 anos seguimos "ARTISTEANDO", nesta ocasión con KANDINSKY. Fascinounos coñecer a súa vida. Foi un neno que vivíu coa súa tía porque os seus papás separáronse e foron vivir lonxe da súa cidade. A súa tía encantáballe o arte e súa nai a música. Un día decidiu que quería ser pintor e pintar con cores moi llamativas. Cando fixo a súa primeira exposición no colexio os seus compeñeiros e compañeiras ríronse das súas obras pero el, aínda que o principio apenouse moito, decidiu seguir pintando ata facerse moi famoso. Falamos dos sentimos de Kandisky, do comportamento dos seus compañeiros e como loitou por conseguir os seus soños. Quedámonos con esta frase: EU PODO FACELO! VOUNO CONSEGUIR!
Este o vídeo que relata a súa vida e tanto nos gustou.

Despois de falar da vida de Kandinsky comezamos a "ARTISTEAR", fixemos unha das súas obras utilizando diferentes técnicas: con témperas e pincel e outra tipo collage, empregando círculos de papel de diferentes tamaños e cores.




AS NOSAS OBRAS DE ARTE





mércores, 15 de febreiro de 2017

"ARTISTEANDO" CON ARCIMBOLDO

A semana pasada os Pequechos de 4 anos comezamos "ARTISTEANDO", un obradoiro que realizaremos cada semana e traballaremos a diferentes pintores. ARCIMBOLDO foi o elexido para inaugurar o taller de arte, xa que o tema do cole este ano é TIRÁN SAUDABLE. Sabemos que foi un pintor que pintaba caras con froitas e verduras.
O primeiro que fixemos foi presentar as froitas e verduras coas que íamos compoñer as caras, moitas sabiamos como se chamaban pero outras moitas non. E a crear caras!!!
Cos recortes que trouxemos da casa creamos uns cadros súper chulos, igual que ARCIMBOLDO cando pintou VERTUMNO.
SOMOS GRANDES ARTISTAS VERDADE?

luns, 16 de xaneiro de 2017

PINTANDO CON XIRINGAS

O pasado venres experimentamos unha nova técnica con témpera líquida e xiringas. Tiñamos que encher as xiringas e disparalas. Foi divertidísimo!!!





 Algúns disparaban con moito cuidadiño, outros con moita presión... pero o cero e que todos disfrutamos un montón!
 Ainda que non había ningunha instrución mais ca de divertirnos enchendo e disparando as xiringas algún pequeno artista decidiu facer un neno. VIVA A CREATIVIDADE!

xoves, 27 de outubro de 2016

ACHEGÁNDONOS A OBRA DE MUNCH

NA AULA DAS BOLBORETAS ESTIVEMOS COÑECENDO ESTES DÍAS O FAMOSO CADRO DO PINTOR EDVARD MUNCH DENOMINADO "EL GRITO".

TRAS ANALIZAR O CADRO (O QUE NEL APARECE, AS CORES QUE EMPREGOU O PINTOR E O QUE NOS TRANSMITÍA ESA IMAXE) DECIDIMOS REALIZAR A NOSA PROPIA OBRA NA CAL SERÍAMOS NOS MESMOS OS PROTAGONISTAS. PARA ISO:

1º) PINTAMOS O FONDO.

2º) SACAMOS UNHA FOTOGRAFÍA ADOPTÁNDO A POSTURA E O XESTO DUNHA PERSOA CANDO GRITA.

3º) RECORTAMOS OS NOSOS CORPOS PARA PODER PEGALOS NA NOSA OBRA.




E AQUÍ TENDES O RESULTADO:




martes, 14 de xuño de 2016

MÁIS OBRADOIROS: novo postre,obra de arte e aparello.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.


No obradoiro de arte seguimos coñecendo a PAUL KLEE. Esta vez imitamos unha das súas técnicas: Sacar a pasear unha liña. Tamén observamos a súa obra de arte :Bailando por miedo e fixemos unha adaptación da mesma.







E no obradoiro de reciclaxe fixemos uns paus de chuvia chulísmos con tubos de cartón, palillos e arroz.




E no obradoiro de cociña fixemos unhas palmeiras de chocolate que estaban boísimas! E non tiramos nada, que o aproveitamos todo todiño.