Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cociña. Amosar todas as publicacións

mércores, 21 de marzo de 2018

Galletas de Dinosaurios

Hoxe, as nenas e nenos de 4 anos, fixemos GALLETAS con forma de DINOSAURIOS (dado que estamos a traballar a PREHISTORIA).

Despois de falar na asemblea de qué necesitábamos, así como os hábitos de hixiene necesarios, fomos para o comedor do noso cole a elaborar as galletas. Seguindo as indicacións da receta, vendo cada un dos ingredientes (e falando deles), mesturando nun bol, amasando coas nosas mans, estirando a masa cun rodillo, e finalmente meténdoas no forno 8 minutos e degustando "in situ" a primeira fornada!

E qué ricas estaban! Levamos cada un de nós, 3 galletas de dinosaurios para a casa!

Como veredes a continuación, a maiores traballamos a lectoescritura e as TIC. Aquí vos deixamos varias instantáneas feitas polos nenos/as da propia aula!
















martes, 14 de xuño de 2016

MÁIS OBRADOIROS: novo postre,obra de arte e aparello.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.


No obradoiro de arte seguimos coñecendo a PAUL KLEE. Esta vez imitamos unha das súas técnicas: Sacar a pasear unha liña. Tamén observamos a súa obra de arte :Bailando por miedo e fixemos unha adaptación da mesma.







E no obradoiro de reciclaxe fixemos uns paus de chuvia chulísmos con tubos de cartón, palillos e arroz.




E no obradoiro de cociña fixemos unhas palmeiras de chocolate que estaban boísimas! E non tiramos nada, que o aproveitamos todo todiño.














martes, 3 de maio de 2016

OBRODOIROS: Cociña, arte e reciclaxe.

Os Pequechos de 3 e 4 anos seguimos cocinando, reciclando e artistenado cada luns.
No obradoiro de cociña esta vez elaboramos un biscioito de cenoria, riquísimo.











En arte seguimos pintando como PAUL KLEE. Nesta ocasión coloreamos, con acuarelas, o cadro do autor: GATO Y PÁJARO. Quedaron preciosos!








E no obradoiro de arte fixemos unhas cámaras chulísimas con caixas de galletas e papel charol.