O pasado venres día 30 de xaneiro celebramos no colexio o DÍA DA PAZ, e queremos compartir con vos o que fixemos; este vídeo reflicte parte do noso traballo, a divertirse.!!
Amosando publicacións coa etiqueta videos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 4 de febreiro de 2015
venres, 30 de xaneiro de 2015
VÍDEO DÍA DA PAZ
Todo o alumnado do cole fixemos este vídeo sobre o que é a paz para nós. Esperamos que vos guste!
VÍDEO DÍA DA PAZ
VÍDEO DÍA DA PAZ
luns, 7 de abril de 2014
XOGANDO COS SENTIDOS: 1. O OIDO
Dentro do proxecto dos alimentos, estamos traballando moito os 5 sentidos que nos axudan a disfrutar dos alimentos.
Na clase de 4 anos estamos xogando con cada un dos sentidos para
aprender moito mais. O venres dedicamos a mañá ao sentido do oído.
Primeiro estivemos pensando o importante que é este sentido e o problema que sería non telo. Falamos sobre as persoas que non poden escoitar, e como fan para comunicarse.
Descubrimos que os xordos utilizan unha linguaxe de signos para comunicarse. Estivemos vendo un video para aprender moitas palabras... e foi moi interesante... practicamos moito e aprendemos un montón de palabras en lingua de signos.
Queredes seguir practicando na casa? aquí vos deixamos o vídeo que usamos na clase e que nos encantou!
Despois, tocou afinar os nosos oídos e fixemos un pequeno concurso por equipos... todos terminamos sendo super gañadores! Tiñamos que recoñecer diferentes sons: da casa, do parque, etc...
Queredes xogar? pinchade na imaxe deste blog de audición e linguaxe e iredes directos ao xogo.
Rematamos a mañá con moita marcha... primeiro fixemos un xogo de baile onde tamén tivemos que ter os oidos moi atentos... pasámolo fenomenal e despedimos a semana con moito ritmo!!
A despedida foi un video dunha clase de infantil do colexio Atlántida de Vigo, no que os nenos signaron unha preciosa canción que nos encantou... e tamén bailamos con eles!!
Que sentido nos tocará o próximo día?....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






