Amosando publicacións coa etiqueta día da árbore. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da árbore. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de abril de 2014

CHEGOU A PRIMAVERA Á CLASE DE 3!!

Aínda que ata agora non estivo moito tempo de Primavera, os pequechos de 3 anos quixemos celebrar a súa chegada cambiando a decoración da nosa ventá. A árbore que tiña o frío do inverno encheuse de flores de moitisimas cores, que pintamos con ceras!! e ó seu lado, voan xoaniñas pintadas con pincel e picadas con punzón. As letras de primavera tamén foron obra dos peques, con cera en man. Mirade que bonita quedou:




Ademáis, para celebrar o Día de Árbore (21-3-2014) e o inicio da Primavera, fixemos unhas macetas, a partir de botellas de plástico que trouxemos de casa, que cubrimos con papel hixiénico e cola para facer unha base máis dura, sobre a que despois os pequenos derrocharon a súa creatividade empregando as súas mans, pintura de dedos e moitas cores. Algúns experimentaron e sairon unhas mesturas de cores preciosas!!! Esperemos que pronto podamos plantar flores de primavera e velas crecer. Esta é unha mostra de como as fixemos:

domingo, 16 de marzo de 2014

A PRIMAVERA ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR. E CON ELA 
O DÍA DA ÁRBORE


PARA CELEBRALO PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN. NECESITAMOS QUE OS NENOS E NENAS TRAIAN AO COLE UNHA BOTELLA DE PLÁSTICO GRANDE E VACÍA. VALE UNHA BOTELLA DE AUGA, DE REFRESCO... 
TAMÉN E DE XEITO VOLUNTARIO PODEDES TRAER SEMENTES DE FLORES QUE XERMINEN PRONTO PARA PLANTAR. 
UNHA VEZ MÁIS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN. BICOS.