Por se non pasástedes estes días polo patio de infantil, comentarvos que, ademáis de ter un bonito toldo que nos dará máis sombra os días de moita calor (aínda estamos montándoo), na parte superior do noso patio temos novas PRANTAS e FLORES, que darán colorido e beleza, e nos axudarán a aprender a respectar a nosa contorna.
Amosando publicacións coa etiqueta voz natura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta voz natura b>. Amosar todas as publicacións
venres, 11 de maio de 2018
mércores, 18 de abril de 2018
A primeira FLOR
Hoxe, no tempo de lecer no patio de infantil, atopamos unha gran sorpresa. E é que no xardín que estamos a procurar (na parte superior de dito patio) apareceu a nosa primeira FLOR, logo de preparar a terra e enriquecela con lombrices/lombrigas.
Florecerán moitas máis, deso estamos seguras/os! A PRIMAVERA xa está connosco!
xoves, 8 de marzo de 2018
LOMBRICES
Seguimos co noso proxecto de Voz Natura onde queremos concienciar aos nosos nenos/as da importancia que ten coidar a nosa contorna.
A semana pasada, despois de plantar bulbos na parte superior do noso patio de xogo, e grazas á aportación de TEO que nos trouxo lombrices, vimos como son éstas e que importancia teñen sobre o noso chan para enriquecelo!
Encantounos a experiencia!
Grazas TEO pola túa nova aportación!
luns, 29 de xaneiro de 2018
Preparando a terra para prantar
A semana pasada, nuns destes días que o tempo nos deu un respiro, saímos á parte superior do noso patio de infantil para traballar un pouco a terra, paso previo a prantar uns bulbos de flores nesta semana en curso.
Pasámolo moi ben repartindo e estendendo a terra, mesturándoa coa existente, manchándonos,...
Deste xeito esperamos que o noso patio de infantil luza un pouco máis fermoso cando chegue a primavera! A ver qué sae de aquí!!
luns, 15 de maio de 2017
AS LENTELLAS
CON MOTIVO DA PARTICIPACIÓN DO CENTRO NO PROXECTO VOZ NATURA NA AULA DAS BOLBORETAS ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE AS LENTELLAS.
PARA COMEZAR PEDÍMOS AS NOSAS FAMILIAS QUE INVESTIGASEN CON NÓS SOBRE ELAS E MIRADE CANTO TRABALLARON!
APROVEITANDO A INFORMACIÓN QUE TROUXERON DA CASA A NOSA COMPAÑEIRA SARA EL MADIDI DECIDIU FACERNOS UNHA REPRESENTACIÓN DE COMO SE COCIÑAN AS LENTELLAS.
TRAS COÑECER TODOS OS SEUS BENEFICIOS, A SÚA PLANTA E QUE HAI DIFERENTES TIPOS RECOLLEMOS TODO NUNHA CARTOLINA, A CAL SE ATOPA EXPOSTA XUNTO COS TRABALLOS DO RESTO DO ALUMNADO DO CENTRO NA ENTRADA DO EDIFICIO PRINCIPAL.
luns, 8 de maio de 2017
OS CHÍCHAROS
Despois de traballar os CHÍCHAROS na aula de 3 anos, segundo o proxecto VOZ NATURA deste curso escolar, e despois de aprender os moitos beneficios que éstos conteñen...
...dispuxémonos a prantalos!!
martes, 21 de abril de 2015
INVERNADOIRO
NO NOSO COLE XA TEMOS INVERNADOIRO!
Os pequechos de Tirán tamén colaboramos a súa creación plantando: leitugas, porros, menta, lavanda, romeiro, perexil, salvia e alfábega.
O pasamos xenial e puxémonos ata as orellas de terra!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















