Ademáis, para celebrar o Día de Árbore (21-3-2014) e o inicio da Primavera, fixemos unhas macetas, a partir de botellas de plástico que trouxemos de casa, que cubrimos con papel hixiénico e cola para facer unha base máis dura, sobre a que despois os pequenos derrocharon a súa creatividade empregando as súas mans, pintura de dedos e moitas cores. Algúns experimentaron e sairon unhas mesturas de cores preciosas!!! Esperemos que pronto podamos plantar flores de primavera e velas crecer. Esta é unha mostra de como as fixemos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario