Os da clase de 4 anos experimentamos esta vez co olfacto. Puxemos os narices a punto para cheirar un montón de cousas agradables e outras que non o eran tanto.
Pensamos como Reacciona o cerebro según o cheiro que lle chegue... e que os alimentos antes de saborealos entran polo nariz e temos mais ou menos ganas de comelos según o cheiro que teñan.
Primeiro fixemos dous equipos coa Profe Nerea e a profe Ana, o equipo das cebolas e o dos limóns, metimos os seus cheiros na cabeza e tivemos que seguir un rastro invisible, utilizando o olfacto, sin perder o cheiro da cebola ou do limón... e resultou moi divertido!
Despois xogamos a adiviñar diferentes cheiros. Cada un elexía unha cor e tiña que cheirar por un tubiño algo que non podíamos ver... e o resultado foi moi divertido!
No bote co gomet verde habia ketchup e todos os que o eleximos dixemos que cheiraba a peixe.
O bote co gomet azul tiña vinagre e dixemos un montón de cousas diferentes: que cheiraba a gominola, a salado, a caramelo....e o que mais se achegou dixo que cheiraba a ensalada
O de cor amarelo tiña colonia e cheirounos a gominola, a kas, a algodón, a caramelo... e moitos si que acertamos e dixemos colonia.
E o de cor vermello tiña toalliñas de bebé e cheirabanos a limón, a cebola, a salchicha!! e un moi parecido que era xabón... algún tamén o acertou.
Encántanos xogar cos sentidos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario