Seguindo co noso afán por motivar ós cativos/as de 3 anos, hoxe luns recibimos un vídeo de "PINGÜI" que, dende a Antártida, nos contou que se estaba a divertir moito cos seus amigos e amigas facendo deporte!
A que non sabedes cal é o seu deporte preferido?
E tamén, entre todos, elaboramos a redación dunha nota que despois elas/es completaron individualmente, repasando o nome do noso pingüino, o nº 3 (por ser a aula de 3 anos), e o seu propio nome!
Esta nota leváronna hoxe para casa!
Deste xeito, iniciamos un paso moi importante dentro da motivación cara o noso proxecto: a colaboración e a participación das familias no proceso educativo, sendo fundamental o seu apoio e implicación para poder levar a cabo o proxecto da aula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario