A semana pasada Noa ocupou o trono de protagonista. Cada día contounos cousiñas sobre a súa familia, os seus xoguetes favoritos, cousas que facía cando era pequena....
O seu conto favorito é o de Riciños de Ouro e como moitos de nós non o coñeciamos, Noa explicounos quen era Riciños, como coñeceu os osos do bosque... e tanto nos gustou a historia que buscamos o conto no ordenador para poder velo na nosa súper pantalla.
E sabedes cal foi o noso xoguete favorito? O seu rizador de pelo da Barbie! Encántanos xogar cos xoguetes dos compis!
O seu papá Óscar e a súa mamá Loli viron o cole para facer unhas tartarugas e uns caranguexos chulísimos feitos con conchas que Noa recolleu na praia.
Noa e o seu papá tocaron a canción do barquito. O fixeron xenial!
Tamén xogamos as estatuas musicais. Cando paraba a música nós tiñamos que quedarnos quetos coma estatuas e segundo a música soase rápida ou lenta bailar. Divertímonos moitísimo!
Moitas grazas papis por esta visita!
Moitísimas felicidades campiona, xa tes a túa medalla de protagonista!
Ningún comentario:
Publicar un comentario