O venres foi un día moi especial no
cole, un día de festa rachada!!
Pasámolo en grande e estamos moi
contentos porque a chuvia nos deixou saír a lucir os nosos fabulosos
disfraces.
Antes de saír a desfilar por Tirán,
tivemos unha merenda moi especial na que degustamos delicias de
entroido feitas polas familias....só podemos dicir: ñam, ñam,
ñam... mirade as nosas caras que o din todo!
Os superheroes precisan moita enerxía para voar moooooi alto, e as orellas, filloas... son un combustible fantástico :)
Despois de coller enerxías as súper froiteiras axudáronnos a
vestir os traxes de súper fresas... as súper capas e os súper
antifaces... listos para saír a vivir mil aventuras... verdade que
estabamos requeteguapos?
3 anos |
4 anos |
5 anos |
Estábamos desexando saír a pasear aproveitando que a chuvia marchara a descansar un pouquiño.... que emociooooon!
Aquí vos deixamos algunhas fotos para os que non tivestes a sorte de vernos en directo... si queredes pasar pola galeria de fotos da web do cole... alí hai moitas mais fotos e poderedes ver a todas as súper froitas!! GALERIA FOTOS DO COLE
Ningún comentario:
Publicar un comentario