A semana pasada Manuel foi o noso protagonista. Contounos moitas cousas da súa familia, sabemos que os seus papás son grandes músicos (ademáis o comprobamos), tamén nos falou da súa colección de dinos, dos seus contos favoritos, da súa comida preferida, cor, xoguetes... Tamén sabemos que lle encantan os súper heroes e tocar a flauta. E contounos tamén que, as veces, actúa cos seus papás nun escenario!
A súa mamá María e o seu papá Jorge viñeron ó cole para ofrecernos un concerto único.
A música é extraordinaria, grazas por acercarnos a ela desta forma tan especial.
Moitas grazas papás por ese súper e especial concerto!
Moitísimas felicidades Manuel por gañar esa medalla de protagonista! Noraboa campión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario